[caption id="attachment_555" align="aligncenter" width="300" caption="Empanada de millo de xouba"]
[/caption]A receita aprendina da señora María do Cruceiro de Roo, alá pola Serra de Outes, hai anos. Ela facíaa de filetes de xarda, e a verdade é que eu nunca a reproducín con ese recheo, porque era vastísimo e fartaba demasiado. Ademais, as súas medidas eran "puñados" e "manadas", que eu aumentaba (porque a miña man era a metade das dela...) e, finalmente, calculei con medidas máis homoxéneas.
Moita xente mestura a fariña de millo con trigo, quedando máis ligada a masa e téndoa que amasar, pero a min gústame así, só de millo.
Ingredientes para a masa:
Para a saragallada:
- 15 gr. de levadura fresca
- 70 gr. de fariña de cebada ou centeo
- 70 gr. de fariña de trigo do país
- 500 gr. de fariña de millo do país
- 4 vasos de auga salgada
- 1 ovo
Para a saragallada:
- 1 ¾ kg. de cebolas
- Manteiga
- 1 tomate pequeno
- Aceite de oliva
- 1 kg. de xouba do xeito
- ¼ de pemento verde
- Pementón doce e colorante.
Elaboración
1.- Nun bol desfacemos nun vaso de auga fría a levadura, a fariña de cebada ou centeo e a de trigo. Ten que resultar unha masa espesiña pero líquida. Reservamos este formento unha hora (que non bote por fóra).
[caption id="attachment_84" align="aligncenter" width="300" caption="Formento da empanada de millo"]
[/caption]2.- Nun recipiente grande botamos a fariña de millo. Fervemos a auga salgada e engadímoslla case toda (por se non fai falta tanta), así quente. Amasamos de xeito que quede como rota, non moi mollada (logo co formento móllase máis).
[caption id="attachment_92" align="aligncenter" width="300" caption="Masa de millo rota"]
[/caption]Logo de que refríe un pouco, engadimos o formento e o ovo. Coas mans, amasamos e amontoámola para que levede, tapada 1½ h. (depende da calor que faga, pode levedar antes).
[caption id="attachment_93" align="alignleft" width="300" caption="Masa de millo sen levedar"]
[/caption][caption id="attachment_94" align="alignright" width="300" caption="Masa de millo levedada"]
[/caption](Aínda que son atea, fágolle a cruz á masa, como me ensinaron, porque así tamén me axuda a ver se está levedada…).
3.- Limpamos as xoubas de tripa e cabeza. Se son algo grandes, mellor abrímolas e quitámoslle a espiña. Botámoslle sal e reservamos.
A cebola cortámola finiña, e pochámola ½ horiña en pouco aceite, que logo xa non lle escorreremos.
[caption id="attachment_97" align="aligncenter" width="300" caption="Rustrido de cebola"]
[/caption]A media cocción, botámoslle o pemento picadiño.
4.- Cando a cebola estea ben dourada, engadímoslle o tomate picadiño, e deixamos dez minutiños máis. Ao apagar, unha culleriña de pementón, sal e colorante. (Se en vez de xouba empregamos outro recheo para a zaragallada -zamburiña, mexilón, berberecho,...-, botámosllo agora lavadiño e escorrido, para que se vaian mesturando os sabores, e reservamos todo xunto ata que o botemos na empanada).
[caption id="attachment_98" align="aligncenter" width="300" caption="Zaragallada de cebola"]
[/caption]5.- Prendemos o forno a 180º. Untamos a panadeira con manteiga abundante polo fondo e cantos, e espolvoreamos con fariña de millo. Imos collendo masa pouco a pouco cun garfo, colocándoa formando unha capa fina.
[caption id="attachment_100" align="alignleft" width="300" caption="Disposición da masa de millo"]
[/caption][caption id="attachment_101" align="alignright" width="300" caption="Esténdese cun garfo"]
[/caption]Logo irá a metade da saragallada
[caption id="attachment_104" align="aligncenter" width="300" caption="Unha metade da saragallada..."]
[/caption]...as xoubas cubrindo ben a superficie...
[caption id="attachment_120" align="aligncenter" width="225" caption="Disposición das xoubas"]
[/caption][caption id="attachment_121" align="aligncenter" width="300" caption="As xoubas ben colocadiñas"]
[/caption]e a outra metade da mestura. Finalizamos con máis coidado aínda coa masa.
[caption id="attachment_124" align="alignleft" width="300" caption="A outra metade da saragallada."]
[/caption][caption id="attachment_125" align="alignright" width="300" caption="Finalizamos coa masa de millo"]
[/caption]Podémola pintar cun pouco de aceite. Debuxamos co canto do garfo uns cadradiños na empanada e forneamos dunha hora a 1½.


Nenhum comentário:
Postar um comentário