22 de maio de 2010

Empanada de millo "Coello con Chícharos"

É unha receita persoal, ainda que a masa de millo hai que agradecerlla a Maraghota.....

Os ingredientes para a masa irán a parte na sección de masas.


Ingredientes (para bandexa de forno "standard"; se sodes mais de catro facédelle unha ensalada...):

  • 1/2 coello

  • Chícharos ao gusto (mellor frescos)

  • 4 tomates (rama)

  • 1+1/2 Cebola

  • pemento, 1/2 bermello e outro 1/2 verde)

  • 2 dentes de allo



Preparación da saraghallada:

Picamos por separado e  ben finiños a cebola, os pementos e os tomates, debullaremos os chícharos se son naturais (ou desconxelar, non me meter chícharos de bote, eh??)



1º Pochamos a cebola cun chisco de sal durante 5', pasado este tempo engadimos os pementos picados e outro chisco de sal.

2º Dez minutos mais tarde, engadiremos dous dentes de allo e o coello troceado (previamente salgado) e deixaremos a lume medio 20' removendo todo de vez en cando.



3º 20' despois engadimos o tomate e os chícharos (se son frescos, se fosen conxelados poden engadirse case ao final de todo) e outro chisco de sal (pódeselle botar ao tomate picado antes de engadilo), e unha pisca de sucre para matarlle un pouco a acidez.

4º (Optativo)... Abrir unha cervexiña..... e chimparse media!!!





5º Aos dez minutos sacamos só o coello para desosalo (poderíamos facela de "bultos" mais o coello ten demasiados osos pequenos), unha vez feito isto voltamos a engadilo á saraghallada con meio vaso de viño e un pouquiño da auga salgada que sobra ao facer a masa e deixar a lume lento ate que a masa esté lista.

6º Se optaches pola opción 4 podes rematar a garimba que abriches, e rillar nos restos do coello que aínda queda chicha ahí metida.

7º Cando a masa esté lista, facer unha base na bandexa do forno, botar a saraghallada e cubrir coa restante (igual sobra algo.....pois a facer arepas)

8º forno precalentado a 180º 1 hora e meia.

9º A comeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeer!!!!


Agardo que a disfrutedes-........ eu si!!!!



Está ben boa!!!!, por certo!!

Carrot Cake (biscoito de cenoura)

Esta é unha receita moi popular en Gran Bretaña. Nos cafés e salóns de té, é frecuente que teñan unha grande oferta de doces, a maioría descoñecidos para nós. Ademais (a diferencia da comida) soen ser saborosos, artesanais e de calidade. A receita ven dun libro en inglés mercado alí, que traducimos para poder repartirlla ás nosas amizades.

Comensais:
Para 24 anacos: usamos un recipiente rectangular de 20cm x 40cm. Sae un biscoito de pouca altura, fácil de partillar. A receita orixinal leva a metade de todas as cantidades, para facer un biscoito cadrado de 20x20. Os carrot cakes que comiamos en Inglaterra eran mais altos, e levaban tamén unha capa de crema na metade do biscoito.


Ingredientes da masa:

manteiga para engraxar
250 g de fariña con levadura
2 piscas de sal
2 culleriñas de canela (rasas)
250 g de azucre moreno
4 ovos
200 ml de aceite de xirasol
350 g de cenoura raiada
50 g de coco raiado
4 culleres de noces trituradas (unhas 6 ou 8 noces)
noces para decorar

Ingredientes para a crema:

8 culleradas de manteiga, abrandada (= 120 ml, non sabemos o peso, aprox deben ser 100 g)
110 g de queixo cremoso (mascarpone)
280 g de zucre glacé