[caption id="attachment_1374" align="aligncenter" width="500" caption="Richada"]
[/caption]O meu sogro é catador nato, e nalgún restaurante (se cadra por Forcarei) probou esta receita e o seu padal culinario detectou os ingredientes. Se cadra non é exacta, pero queda rica, rica. Iso si, feita polas mans da señora da casa!
Ingredientes (para 4 persoas)
- 1 kg. de carne de tenreira branda
- 1 cebola ben grande
- 2 dentes de allo
- ½ vaso de viño branco
- Pementón doce
- Pementón picante (opcional)
- Sal e aceite de oliva
- Patacas para cocer (acompañamento)
Elaboración
1.-Cortamos as patacas en anacos grandes, cravando o coitelo ata a metade e rachándoa despois, para que ao cocer se desfagan un chisco.
[caption id="attachment_1382" align="aligncenter" width="500" caption="Patacas "rachadas""]
[/caption]Cocémolas con sal (o tempo dependerá do tipo de pataca; estas, en 15' estaban listas).
2.- Cortamos a carne en cadrados e salgámola. Reservámola un intre.
[caption id="attachment_1378" align="aligncenter" width="500" caption="Carne de tenreira"]
[/caption]3.- Cortamos en xuliana a cebola e o allo.
[caption id="attachment_1377" align="aligncenter" width="500" caption="Cebola e allo"]
[/caption]Nunha pota baixa ou nunha tixola, con dous xenerosos dedos de aceite, ímolo refogando a lume forte. Procuramos remexer de maneira asidua durante todo o proceso.
[caption id="attachment_1381" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos a cebola e o allo"]
[/caption]4.- Cando leve un minuto, engadimos xa a carne, remexendo de cando en vez.
[caption id="attachment_1385" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a carne"]
[/caption]5.- Aos cinco minutos, engadímoslle o viño, seguindo co lume forte. Deixamos uns dez minutos máis, ata que se consuma o líquido.
[caption id="attachment_1386" align="aligncenter" width="500" caption="Con lume forte, deixamos que reduza"]
[/caption]6.- Logo dese tempo, botámoslle dúas culleres rasas de pementón doce e, se queremos, un chisco de picante.
[caption id="attachment_1387" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos o pementón"]
[/caption]Remexemos e retiramos do lume.
[caption id="attachment_1388" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]Servimos acompañado das patacas cocidas.
[caption id="attachment_1389" align="aligncenter" width="500" caption="Animádevos coa richada!"]
[/caption]