[caption id="attachment_1599" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe en papillote"]
[/caption]A min non me sae con tanta arte como a Pataca Brava (e menos facéndoa a cachos e atendendo un recén nacido...), pero como el non se anima co recetario, aí vai o meu intento de imitalo. A receita foina formando seguindo indicacións do "mestre Alfredo" sobre os papillotes.
Ingredientes (para dúas persoas)
- Peixe apropiado para papillote (sanmartiño, ollomol, sargo, alistado,...)
- Hortalizas ao gusto (cabaciña, berenxena, cenoria, pemento, porro, champiñón,...)
- Aceite de oliva e sal
Elaboración
1.- Nesta ocasión, empreguei dous sanmartiños pequenos. É un peixe cunha carne tersa, consistente, e moi rica.
[caption id="attachment_1602" align="aligncenter" width="500" caption="Sanmartiños"]
[/caption]Eu prefiro facer filetes sen a espiña (nas pescaderías acostuman deixarche un filete con ela), polo que os fago eu na casa, con coidado.
[caption id="attachment_1603" align="aligncenter" width="150" caption="Fileteamos"]
[/caption]Unha vez fileteado, botámoslle sal e reservamos.
[caption id="attachment_1604" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle sal aos filetes"]
[/caption]2.- Lavamos as hortalizas escollidas. Podemos usar as que nos apeteza, pero o porro, a cabaciña e os champiñóns quédanlle moi ben.
[caption id="attachment_1608" align="aligncenter" width="500" caption="Hortalizas varias"]
[/caption]Cortamos todas máis ou menos do mesmo tamaño, fileteadas. A cabaciña, máis fina, cortámola para poñer de fondo (a min quedoume moi grosa).
[caption id="attachment_1609" align="aligncenter" width="500" caption="Fileteamos as hortalizas"]
[/caption]3.- Nunha tixola, botamos un chorro de aceite e refogamos uns minutos a lume suave as hortalizas (menos a cabaciña).
[caption id="attachment_1612" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos as hortalizas"]
[/caption]O mellor é facelas a lume lento, e que queden algo al dente, pois logo se rematan no forno (eu fíxenas demasiado). Salgamos o sofrito.
4.- Prequentamos o forno a 180º. Na bandexa do forno, facemos dúas "barcas" con papel de aluminio, elevando os catro lados. No fondo botamos un pouco de aceite de oliva, na zona central e plana.
[caption id="attachment_1617" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos o papel de aluminio"]
[/caption]Sobre o aceite, colocamos os anacos de cabaciña, cortada finiña (non como a fixen eu).
[caption id="attachment_1618" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cabaciña"]
[/caption]Sobre a cabaciña, poñemos as hortalizas.
[caption id="attachment_1621" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos as hortalizas"]
[/caption]E sobre ese leito rematamos cos filetes de peixe.
[caption id="attachment_1622" align="aligncenter" width="500" caption="Por último, o peixe"]
[/caption]5.- Cortamos outros dous anacos de papel de aluminio, algo máis curtos, e pechamos con eles as "barcas", con coidado de non furalo. Procuraremos que quede abombado, para que non se toquen a tapa e o peixe.
[caption id="attachment_1623" align="aligncenter" width="500" caption="Pechamos o papillote"]
[/caption]6.- Metemos no forno de 15 a 20 minutos, dependendo do groso do peixe. Debemos ter coidado ao abrir os paquetes porque o vapor concentrado pode queimarnos.
[caption id="attachment_1624" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]