[caption id="attachment_1699" align="aligncenter" width="500" caption="Mexilóns en escabeche"]
[/caption]Este é un escabeche que facían a miña avoa e a miña tía, e que se tomaba en quente, e que agora segue facendo a miña nai. Ten un sabor que non deixa indiferente a ninguén; de feito, sempre que o dá a probar, acábanlle pedindo a receita. Cos mexilóns cocidos de antes, leva dez minutos facelo, así que animádevos a probalos!
Ingredientes:
- 1 kg. e 1/2 de mexilóns
- 1 cebola
- Pementón doce e picante (este, opcional)
- Xamón ou panceta (opcional)
- 5 culleres de vinagre
- Aceite de oliva
Elaboración
1.- Se non os temos cocidos previamente, cocemos ao vapor os mexilóns.
2.- Nun pouco aceite, sofritimos a cebola ben picadiña. Engadimos os mexilóns limpos e cocidos e refogamos dous ou tres minutos, sen que cheguen a secarse.
[caption id="attachment_1700" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola e logo os mexilóns"]
[/caption]3.- Engadimos unha culleriña de postre colmada de pementón doce (se queremos, tamén un chisco de picante).
[caption id="attachment_1702" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o pementón"]
[/caption]Deixamos dous minutos máis.
[caption id="attachment_1701" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos que se fagan"]
[/caption]4.- Cortamos unha loncha grosa de xamón e engadímoslla. Mesturamos e deixamos un minutiño.
[caption id="attachment_1703" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle o xamón"]
[/caption]5.- Finalmente, botamos o vinagre e deixamos que consuma uns dous ou tres minutos máis.
[caption id="attachment_1704" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos que o vinagre se consuma"]
[/caption]6.- Servimos quente.
[caption id="attachment_1705" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]