[caption id="attachment_1721" align="aligncenter" width="500" caption="Empanadillas caseiras"]
[/caption]Estas empanadillas quizais non teñan moito de especial, pero a min a masa é a que máis me gustou ata o momento. Aprendeunas a facer a miña nai da súa, e na casa sempre gustaron moito, sobre todo para levar de picnic.
Podemos enchelas do que nos apeteza, pero na nosa casa sempre se fixeron de bonito.
Ingredientes:
- Aceite de oliva para fritir
Para a masa:
- 300 gr. de fariña de trigo
- 75 gr. de leite
- 1 culleriña de café de sal
- 1 noz de manteiga
- 1 culleriña de postre de levadura en pó
- 1 ovo
Para o recheo:
- 3 cebolas medianas (máis ou menos 600 gr., xa limpos)
- 5 culleradas de aceite de oliva
- 1 lata de atún grande (duns 200 gr.)
- 1 ovo cocido
- 1 pizca de azafrán
- sal
Elaboración:
1.- Picamos finiña a cebola.
[caption id="attachment_1723" align="aligncenter" width="500" caption="A cebola debe cortarse fina"]
[/caption]Pochámola no aceite a lume suave ata que transparente e doure, entre media hora e 3/4, remexendo de cando en vez para que non se pegue.
[caption id="attachment_1722" align="aligncenter" width="500" caption="Pochamos a cebola"]
[/caption]2.- Engadímoslle, xa apagado o lume, o ovo cocido picadiño, un pouco de sal, azafrán e a lata de atún sen o aceite.
[caption id="attachment_1724" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a saragallada"]
[/caption]Reservamos a mestura. Podemos deixar a tixola algo inclinada para que escorra o aceite sobrante e logo retirarllo antes de encher as empanadillas.
[caption id="attachment_1725" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos lista a mestura"]
[/caption]3.- Para a masa, facemos un volcán coa metade da fariña (uns 150gr.) e a levadura en pó mesturada nun recipente aplanado ou directamente na mesa de traballo. Botámoslle o ovo e imos envolvendo a masa cun garfo.
[caption id="attachment_1726" align="aligncenter" width="500" caption="Imos elaborando a masa"]
[/caption]4.- Quentamos un chisco o leite e nel desfacemos a manteiga e o sal. Engadímosllo á masa, unha vez morno. Debe resultar, polo momento, unha masa líquida.
[caption id="attachment_1727" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o leite, mantequilla e sal"]
[/caption]5.- Imos engadindo pouco a pouco o resto da fariña (os outros 150 gr.).
[caption id="attachment_1728" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos fariña aos poucos"]
[/caption]Cando a masa vaia espesando, podemos sacala do recipente e traballala directamente na mesa.
[caption id="attachment_1729" align="alignleft" width="150" caption="Amasamos..."]
[/caption][caption id="attachment_1730" align="aligncenter" width="150" caption="...un pouco máis..."]
[/caption][caption id="attachment_1731" align="alignright" width="150" caption="... ata que non se pegue."]
[/caption]6.- Cando non se pegue ás mans, teremos a masa lista. Como non hai que deixala levedar, imos elaborar as empanadillas no momento. Para estirar a masa, empregaremos un rodiño e iremos collendo masa aos poucos
[caption id="attachment_1732" align="aligncenter" width="500" caption="Estiramos a masa"]
[/caption]7.- Cun vaso ou cunca de boca ancha, marcamos círculos.
[caption id="attachment_1733" align="aligncenter" width="500" caption="Marcamos cunha cunca"]
[/caption][caption id="attachment_1734" align="aligncenter" width="500" caption="Retiramos os círculos"]
[/caption]8.- Enfariñamos a mesa para ir colocando sobre ela as formas redondas.
[caption id="attachment_1735" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos os círculos"]
[/caption]A masa sobrante aproveitámola, engadíndolle algo máis e volvendo a amasar.
[caption id="attachment_1736" align="aligncenter" width="150" caption="Volvemos amasar"]
[/caption]9.- Enchemos co mexunxe as bases de empanadilla, tendo moito coidado de que non pinguen aceite e que non se manchen del os bordes da circunferencia, pois se non logo non pegará a masa.
[caption id="attachment_1737" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos as bases co mexunxe"]
[/caption]10.- Con coidado, collemos a empanadilla cunha man e coa outra imos pechándoa apretando os bordes, cos dedos enfariñados.
[caption id="attachment_1738" align="alignleft" width="150" caption="Collemos con coidado..."]
[/caption][caption id="attachment_1739" align="aligncenter" width="150" caption="... pechando os bordes..."]
[/caption][caption id="attachment_1740" align="alignright" width="150" caption="... tendo tino de que o aceite non desborde"]
[/caption]11.- Marcamos cun garfo os extremos (sen chegar a romper a masa) para sellar ben a empanadilla e que non se abran ao fritilas.
[caption id="attachment_1741" align="aligncenter" width="500" caption="Marcamos cun garfo"]
[/caption]12.- Fritimos as empanadillas polos dous lados en abondoso aceite.
[caption id="attachment_1742" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as empanadillas"]
[/caption]13.- Retiramos a unha fonte con papel absorbente.
[caption id="attachment_1743" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]








