30 de setembro de 2010

Guindillas en vinagre

[caption id="attachment_410" align="aligncenter" width="225" caption="Guindillas en vinagre"]Guindillas en vinagre[/caption]

Fixen por primeira vez as guindillas en conserva o ano pasado, seguindo a receita que me deu a miña sogra. Quedaron ricas (a Saraghallada chíflanlle), pero quizais algo brandas de máis, parece ser que porque ao estar en vinagre xa non precisan ir ao lume os botes para facerlle o "vacío", conservándose perfectamente. Así que nesta ocasión fíxenas dunha maneira, pero vos indico como deben quedar ben, ben, segundo as indicacións da familia emigrada en Euskadi. A ver como van...

A materia prima é de Lamas, de primeira categoría!


Ingredientes:

  • Guindillas



  • [caption id="attachment_404" align="aligncenter" width="300" caption="Guindillas frescas"]Guindillas frescas[/caption]

  • Vinagre de viño

  • Auga

  • Sal


Elaboración:

1.- Lavamos as guindillas. Collemos os botes que usaremos (podemos esterilizalos previamente, fervéndoos 15' en auga), en función do tamaño das hortalizas, e imos introducindo estas neles, de maneira que queden ordenadiñas e axustadas. Botámoslle vinagre ata arriba, co que estarán 24 horas.

[caption id="attachment_405" align="aligncenter" width="300" caption="Introducímolas en vinagre"]Introducímolas en vinagre[/caption]

2.- Ao día seguinte, sacámoslle un 20% do vinagre, botámoslle un chisco de sal a cada bote e enchémolo de auga. Tapámolos ben e axitámolos para que o sal se disolva.

[caption id="attachment_406" align="aligncenter" width="300" caption="Embotado"]Embotado[/caption]

3.- Gardámolos ata consumir, tranquilamente un ano.

Nenhum comentário:

Postar um comentário