[caption id="attachment_557" align="aligncenter" width="300" caption="Paspallás con verduras"]
[/caption]A receita está sacada, a ollo e con cambios, de como a preparaban nunha casa de comidas que xa non existe no Foxo.
Ingredientes (para 6 persoas)
- 12 paspallás
- 4 ou 5 dentes de allo
- 2 ou 3 cebolas
- 1 ou 2 pementos vermellos
- 3 cenorias
- 1 repolo
- Viño branco
- Pirixel
- Loureiro
- Pementa branca
- Aceite de oliva
- Sal
Elaboración
1.- Poñemos os paspallás en adobo o día anterior. Para iso, limpámolos ben de plumas e lavámolos. Nunha pota, botámolos xunto co allo, pirixel, loureiro e abundante viño branco. Como este non mollará todo o contido, procuraremos remexelos de cando en vez.
[caption id="attachment_164" align="aligncenter" width="300" caption="Paspallás en adobo"]
[/caption]2.- Nunha tixola con abundante aceite, douramos os paspallás polos dous lados e reservamos. Non tiramos os restos do adobo.
[caption id="attachment_165" align="aligncenter" width="300" caption="Dourámolos en abundante aceite"]
[/caption]3.- Nunha pota ben grande, imos pochando con aceite as verduras (ímolas engadindo a medida que as imos cortando, e remexemos de cando en vez). A cebola picadiña, a cenoria en rodaxas non moi grosas, pemento vermello en xuliana, repolo tamén en xuliana, ben finiño… Podemos engadir hortalizas de temporada que teñamos e nos apeteza (xudía, pemento verde, calabacín…). Mentres se van pochando, botámoslle algo do líquido sobrante do adobo, así como o allo e loureiro. Facemos todo moi ben, remexendo para que non se pegue, un horiña aprox. Engadimos o sal.
[caption id="attachment_168" align="alignleft" width="300" caption="En aceite pasamos a cebola..."]
[/caption][caption id="attachment_169" align="alignright" width="300" caption="... e o resto das verduras"]
[/caption]4.- Cando estea a verdura, botamos abundante pementa branca e un bo vaso de viño branco.
[caption id="attachment_172" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos pementa e viño"]
[/caption]Metemos entre ela os paspallás, que se farán lentamente uns vinte minutos (desfanse con facilidade se se guisan moito).


Nenhum comentário:
Postar um comentário