[caption id="attachment_318" align="aligncenter" width="300" caption="Lasaña con champiñóns e espinacas"]
[/caption]Ingredientes
- 20 placas de lasaña
- 350 gr. de champiñóns
- 250 gr. de xamón serrano
- 250 gr. de espinacas
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 200 gr. de queixo curado
- 200 gr. de queixo cheddar
- 50 gr. de queixo parmesano
- ½ l. de salsa de tomate
- ½ l. de salsa bechamel
- Sal, aceite de oliva e albahaca
Elaboración
1.- Para calcular a pasta que precisamos, collemos a fonte de forno que usaremos e poñemos unha capa de placas de proba; multiplicámolas polas alturas que lle deamos (a min collíanme 3, x6 alturas, ou sexa 18, máis algunha de reserva para cubrir buratos). Botamos as placas de lasaña unha a unha en abundante auga con sal e un chorro de aceite. Cócense 7-8 minutos sen parar de remexer con coidado, para que non rompan. Botámoslle auga fría e estendémolas sobre un pano para que escorran.
[caption id="attachment_312" align="alignleft" width="300" caption="Cocemos a pasta"]
[/caption][caption id="attachment_313" align="alignright" width="300" caption="Escorremos as placas nun pano"]
[/caption]2.- Picamos as espinacas cocidas e mesturámoslle os queixos curado e cheddar (eu engadinlle polo picado, pasado pola tixola, que me sobrara doutra comida). Reservamos esta mestura.
3.- Douramos a cebola e o allo picadiños, e logo engadímoslle o xamón picado. Ao pouco, os champiñóns, e logo de dez minutos, a salsa de tomate (eu fíxena caseira, moito máis saborosa). Cando se faga ben este, botámoslle a albahaca e reservamos.
[caption id="attachment_314" align="aligncenter" width="300" caption="Mestura con xamón e champiñóns"]
[/caption]4.- Facemos unha salsa bechamel, máis ben líquida (cousa que a min non me saiu; para a receita, podedes usar a de http://www.recetasgratis.net/Receta-de-Salsa-bechamel-receta-26933.html. A ver se Saraghallada colga a súa algún día!).
[caption id="attachment_326" align="aligncenter" width="300" caption="Salsa bechamel"]
[/caption]5.- Nunha fonte para o forno, poñemos un pouco de mantequilla no fondo e cantos, e a primeira capa de pasta. Alternaremos unha capa de espinacas e outra de champiñóns (a esta boteille un pouco de bechamel enriba). Facemos outras dúas capas.
[caption id="attachment_315" align="aligncenter" width="300" caption="Imos poñendo as capas"]
[/caption]5.- Rematamos cunha última capa de pasta, que cubrimos coa bechamel restante e espolvoreámoslle o queixo parmesano.
[caption id="attachment_321" align="aligncenter" width="300" caption="Lista para ir ao forno"]
[/caption]6.- Metemos no forno a 200º 10 minutos e gratinámolo 2 minutos máis.
[caption id="attachment_322" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]
[/caption]
A miña receita é de supervivencia, pero agora temos unha nova receita perfecta que lla debemos ao Maestro Alfredo
ResponderExcluir