10 de maio de 2011

Parásitos nos peixes

Vou facer un post que non me gustaría ter que facelo, pero estou tan enfadada que me vexo na obriga. Ás veces pasa que comprando peixe no teu sitio de confianza, véndenche algo que está infectado de vermes . Recoñezo que eu tardei en saber que eran bichiños, pois nas peixerías son os primeiros en dicir que é graxa do peixe ou cousas así. Fago esta entrada porque supoño que a moitos/as vos pasaría igual e non sabedes identificar estes vermes. Foi o Mestre Alfredo quen llelo explicou a Cachelo e Pataca Brava nun curso.

Falarei dos dous que coñezo: o anisakis e a tenia da castañeta.

ANISAKIS: Segundo a wikipedia "Denomínanse anisákidos a un grupo de vermes nematodos que parasitan, en estado adulto, os mamíferos mariños. No home son causa da enfermidade denominada anisaquiase, producida pola inxestión de larvas vivas presentes no peixe, cando o consome cru ou insuficientemente cociñado."

Desgrazadamente, este verme aparece cada vez máis en peixes tan frecuentes como a pescada. Fixádevos na tea negra (peritoneo) que ten no ventre, pois baixo ela aparecen ás veces enroscadiños uns vermes pequenos:

[caption id="attachment_1073" align="aligncenter" width="500" caption="Presenza do anisakis na pescada"]Presenza do anisakis na pescada[/caption]

Se levantades todo o negro, aparecerán máis, ben case na superficie, ou ben máis profundos, como sombras negras:

[caption id="attachment_1074" align="aligncenter" width="500" caption="Múltiples anisakis"]Presenza do anisakis[/caption]

Hai que ter moito coidado con este parásito, pois o ser humano pódeo contraer ao comer o pescado cru ou pouco cociñado. Por iso, eu optei desta vez por conxelar a pescada (unha vez que tentei quitar todos os vermes) para empregala a posteriori en vez de fresca, como pretendía.

Cousas a ter en conta do anisakis:

  • As especies parasitadas máis frecuentes son: bacallau, sardiña, boquerón, arenque, salmón, abadexo, pescada, pescadilla, xarda, bonito, xurelo, etc., e a lura, dentro dos cefalópodos.

  • Débese evitar a inxesta do peixe cru, marinado ou pouco cociñado, incluíndo as preparacións caseiras en vinagre, afumados, salazón, marinados, peixes á prancha ou ao microondas insuficientemente feitos, etc.

  • Limpar ben o peixe e sacar as vísceras o antes posible, conxelalo se se quere consumir cru e cociñalo correctamente. As larvas morren coa cocción a 60ºC polo menos durante 10 minutos, ou mediante a conxelación durante máis de 24 horas a unha temperatura de -20ºC (o peixe conxelado ou ultraconxelado en alta mar, que foi eviscerado rapidamente, ten poucas posibilidades de estar parasitado).


TENIA: na miña casa sempre se comeu a castañeta, e con frecuencia traía uns "fíos de graxa" que a miña nai acostumaba quitar.

[caption id="attachment_1062" align="aligncenter" width="256" caption="Castañeta (Brama brama)"]Castañeta (Brama brama)[/caption]

Agora sabemos que son vermes, concretamente tenias, polo que á miña nai case lla dá un soponcio e nunca máis mercou este rico peixe... Pero facía unha receita con el (rolo de castañeta; ver post do prato) que no verán nos encanta, así que eu merqueina para facela e traía os bichiños:

[caption id="attachment_1144" align="aligncenter" width="500" caption="Parásitos"]Parásitos[/caption]

Este parásito lévao o peixe adherido ao músculo:

[caption id="attachment_1143" align="aligncenter" width="500" caption="Tenias na castañeta"]Tenias na castañeta[/caption]

[caption id="attachment_1065" align="aligncenter" width="276" caption="Cestodo (Gymnorhynchus gigas)"]Cestodo (Gymnorhynchus gigas)[/caption]

Este non está probado que pase ao ser humano, pero non está demais sacarllo cando nos topemos con el, non?

[caption id="attachment_1145" align="aligncenter" width="500" caption="Sacarémosllos, ou?"]Sacarémosllos, ou?[/caption]

6 de maio de 2011

Fusilli con tomate e vinagre balsámico

[caption id="attachment_1036" align="aligncenter" width="500" caption="Fusilli con tomate e vinagre balsámico"]Fusilli con tomate e vinagre balsámico[/caption]

Outra receita mais, do libro “La biblia de la pasta”. Non é a miña intención publicar o libro enteiro, pero é que este prato o preparei tantas veces que xa o considero da casa, e como aquí publicamos as receitas que facemos na casa ...

É este un prato sinxelo, fácil de preparar, que non leva carnes nin peixes (-> para vexetarian@s!!). Ten un sabor moi moi rico e un tanto sorprendente, e por iso gostamos tanto de cociñalo e servilo na mesa. A clave estea na acertada combinación de sabores dos ingredientes, polo que non se deben cambiar por cousas similares e deben ser de calidade.

Ingredientes (2 persoas):

[caption id="attachment_1037" align="aligncenter" width="500" caption="Ingredientes dos fusilli con tomate"]Ingredientes dos fusilli con tomate[/caption]

  • 1 lata grande de tomate enteiro en conserva (uns 800 g)

  • 2 anacos de tomate seco en aceite, cortados moi finos (moi bós os de El Navarrico)

  • 2 dentes de allo, esmagados e cortados finos

  • un pouco de aceite de oliva

  • 1 culler de azucre

  • 250 g de fusilli (hélices)

  • 1 ou 2 culleres de vinágre balsámico (vinagre de Módena)

  • Sal e pementa negra

  • 50 g de queixo pecorino; como eu non o atopei, uso o queixo parmesano, cortado en virutas ou láminas finas

  • Unha taza de follas de rúcola frescas, un pouco picadas (as do Carrefour non son boas)


Elaboración:

[caption id="attachment_1038" align="aligncenter" width="500" caption="Tomates en lata picados"]Tomates en lata picados[/caption]

  1. Picamos un pouco os tomates e reservamos xunto coa propia auga que ven na lata. Rustrimos suavemente no aceite o allo e os tomates secos, sen que se queimen, e logo engadimos os tomates de lata, o azucre, sal e pementa, e a maioría da auga da lata de tomate. Cociñamos a salsa a bo lume durante uns minutos e logo deixamos que se faga a lume lento, uns 20 ou 30 minutos.

    [caption id="attachment_1039" align="aligncenter" width="280" caption="Cociñando a pasta e o tomate"]Cociñando a pasta e o tomate[/caption]

  2. Imos cociñando a pasta adecuadamente con aceite e sal en auga fervendo.

  3. Cando a salsa estea lista, engadimos o vinagre balsámico e cociñamos un par de minutos.

    [caption id="attachment_1040" align="aligncenter" width="500" caption="Rúcola e queixo parmesano"]Rúcola e queixo parmesano[/caption]

  4. A pasta escorrida se mestura coa salsa nun recipiente que estea quente (para que non enfríe tan facilmente). O queixo e a rúcola se poden botar sobre a pasta ou servilos aparte.