[caption id="attachment_588" align="aligncenter" width="300" caption="Sargo con pisto"]
[/caption]Calquera peixe adecuado para ir ao forno "á espalda", ou sexa, aberto en filetes, é válido para facer así. A receita orixinal é con ollomol, pero como é un pouco caro, eu substitúoo habitualmente polo sargo, e queda moi rico.
[caption id="attachment_589" align="aligncenter" width="300" caption="Sargos"]
[/caption]Aí vai!
Ingredientes (para 4 persoas)
- 2 ollomoles medianos ou 4 sargos pequenos
- 1 1/2 calabacín
- 1 pemento verde
- 4 culleradas tomate natural ou triturado
- 1 lata de pemento morrón
- 4 dentes de allo
- Un vasiño de viño branco
- Aceite de oliva
- 1 1/2 cebola
- Sal, pirixel
Elaboración
1. Prepara un pisto: pon na cazola o calabacín e a cebola cortados en cadradiños, e o pemento verde en anacos.
[caption id="attachment_590" align="aligncenter" width="300" caption="Picamos as hortalizas do pisto"]
[/caption]Bótalle un chorro de aceite e sal. Tápaa e, a lume suave, deixa que se vaia facendo pouco a pouco no seu xugo.
2. Cando a cebola estea suave, deixa que o pisto siga cocendo coa cazola destapada para que se evapore a auga e quede no seu punto. Agrégalle o tomate, mestura ben, coce cinco minutos máis e reserva.
[caption id="attachment_592" align="aligncenter" width="300" caption="Pisto"]
[/caption]3. Abre o ollomol en filetes, sen a espiña (ou pídello na pescadería).
[caption id="attachment_593" align="alignleft" width="300" caption="Coa axuda dun coitelo afiado..."]
[/caption][caption id="attachment_594" align="alignright" width="300" caption="... facemos dous filetes"]
[/caption]Botámoslles sal por ambos lados.
[caption id="attachment_595" align="aligncenter" width="300" caption="Botámoslle sal aos filetes"]
[/caption]Prendemos o forno a 200º.
4. Nunha fonte de forno ampla, cubrimos o fondo cun pouco aceite e co pirixel.
[caption id="attachment_596" align="aligncenter" width="300" caption="Poñemos abundante pirixel"]
[/caption]Poñemos logo o peixe coa pel cara abaixo.
[caption id="attachment_597" align="aligncenter" width="300" caption="Dispoñemos o peixe na fonte"]
[/caption]5. Nunha tixola pequena, botamos un pouco de aceite e douramos os dentes de allo partidos á metade.
[caption id="attachment_598" align="aligncenter" width="300" caption="Douramos o allo"]
[/caption]Botamos todo sobre o peixe, engadimoslle o viño co líquido da latiña de pemento morrón mesturado, e ao forno 20 minutos.
[caption id="attachment_599" align="alignleft" width="300" caption="Metemos o peixe no forno"]
[/caption][caption id="attachment_600" align="alignright" width="300" caption="O peixe está listo"]
[/caption]6. Empratamos: o/s filete/s, un pouco do xugo de aceite por enriba, ao lado o pisto e adornamos co pemento morrón cortado en tiras.
[caption id="attachment_608" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]
[/caption]








