Mostrando postagens com marcador Masas e bases. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Masas e bases. Mostrar todas as postagens

18 de abril de 2014

Empanadillas de bonito

Achégase o verán e veñen ben unhas receitas de pratos que tanto se poden comer quentes como fríos, ideais para levar á praia ou ao monte.

[caption id="attachment_1721" align="aligncenter" width="500" caption="Empanadillas caseiras"]Empanadillas caseiras[/caption]

Estas empanadillas quizais non teñan moito de especial, pero a min a masa é a que máis me gustou ata o momento. Aprendeunas a facer a miña nai da súa, e na casa sempre gustaron moito, sobre todo para levar de picnic.

Podemos enchelas do que nos apeteza, pero na nosa casa sempre se fixeron de bonito.

Ingredientes:

  • Aceite de oliva para fritir


Para a masa:

  • 300 gr. de fariña de trigo

  • 75 gr. de leite

  • 1 culleriña de café de sal

  • 1 noz de manteiga

  • 1 culleriña de postre de levadura en pó

  • 1 ovo


Para o recheo:

  • 3 cebolas medianas (máis ou menos 600 gr., xa limpos)

  • 5 culleradas de aceite de oliva

  • 1 lata de atún grande (duns 200 gr.)

  • 1 ovo cocido

  • 1 pizca de azafrán

  • sal


Elaboración:

1.- Picamos finiña a cebola.

[caption id="attachment_1723" align="aligncenter" width="500" caption="A cebola debe cortarse fina"]A cebola debe cortarse fina[/caption]

Pochámola no aceite a lume suave ata que transparente e doure, entre media hora e 3/4, remexendo de cando en vez para que non se pegue.

[caption id="attachment_1722" align="aligncenter" width="500" caption="Pochamos a cebola"]Pochamos a cebola[/caption]

2.- Engadímoslle, xa apagado o lume, o ovo cocido picadiño, un pouco de sal, azafrán e a lata de atún sen o aceite.

[caption id="attachment_1724" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a saragallada"]Preparamos a saragallada[/caption]

Reservamos a mestura. Podemos deixar a tixola algo inclinada para que escorra o aceite sobrante e logo retirarllo antes de encher as empanadillas.

[caption id="attachment_1725" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos lista a mestura"]Deixamos lista a mestura[/caption]

3.- Para a masa, facemos un volcán coa metade da fariña (uns 150gr.) e a levadura en pó mesturada nun recipente aplanado ou directamente na mesa de traballo. Botámoslle o ovo e imos envolvendo a masa cun garfo.

[caption id="attachment_1726" align="aligncenter" width="500" caption="Imos elaborando a masa"]Imos elaborando a masa[/caption]

4.- Quentamos un chisco o leite e nel desfacemos a manteiga e o sal. Engadímosllo á masa, unha vez morno. Debe resultar, polo momento, unha masa líquida.

[caption id="attachment_1727" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o leite, mantequilla e sal"]Engadimos o leite, mantequilla e sal[/caption]

5.- Imos engadindo pouco a pouco o resto da fariña (os outros 150 gr.).

[caption id="attachment_1728" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos fariña aos poucos"]Engadimos fariña aos poucos[/caption]

Cando a masa vaia espesando, podemos sacala do recipente e traballala directamente na mesa.

[caption id="attachment_1729" align="alignleft" width="150" caption="Amasamos..."]Amasamos...[/caption]

[caption id="attachment_1730" align="aligncenter" width="150" caption="...un pouco máis..."]...un pouco máis...[/caption]

[caption id="attachment_1731" align="alignright" width="150" caption="... ata que non se pegue."]... ata que non se pegue.[/caption]

 

 

 

 

 

6.- Cando non se pegue ás mans, teremos a masa lista. Como non hai que deixala levedar, imos elaborar as empanadillas no momento. Para estirar a masa, empregaremos un rodiño e iremos collendo masa aos poucos

[caption id="attachment_1732" align="aligncenter" width="500" caption="Estiramos a masa"]Estiramos a masa[/caption]

7.- Cun vaso ou cunca de boca ancha, marcamos círculos.

[caption id="attachment_1733" align="aligncenter" width="500" caption="Marcamos cunha cunca"]Marcamos cunha cunca[/caption]

[caption id="attachment_1734" align="aligncenter" width="500" caption="Retiramos os círculos"]Retiramos os círculos[/caption]

8.- Enfariñamos a mesa para ir colocando sobre ela as formas redondas.

[caption id="attachment_1735" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos os círculos"]Colocamos os círculos[/caption]

A masa sobrante aproveitámola, engadíndolle algo máis e volvendo a amasar.

[caption id="attachment_1736" align="aligncenter" width="150" caption="Volvemos amasar"]Volvemos amasar[/caption]

9.- Enchemos co mexunxe as bases de empanadilla, tendo moito coidado de que non pinguen aceite e que non se manchen del os bordes da circunferencia, pois se non logo non pegará a masa.

[caption id="attachment_1737" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos as bases co mexunxe"]Enchemos as bases co mexunxe[/caption]

10.- Con coidado, collemos a empanadilla cunha man e coa outra imos pechándoa apretando os bordes, cos dedos enfariñados.

[caption id="attachment_1738" align="alignleft" width="150" caption="Collemos con coidado..."]Collemos con coidado...[/caption]

[caption id="attachment_1739" align="aligncenter" width="150" caption="... pechando os bordes..."]... pechando os bordes...[/caption]

[caption id="attachment_1740" align="alignright" width="150" caption="... tendo tino de que o aceite non desborde"]... tendo tino de que o aceite non desborde[/caption]

 

 

 

 

 

11.- Marcamos cun garfo os extremos (sen chegar a romper a masa) para sellar ben a empanadilla e que non se abran ao fritilas.

[caption id="attachment_1741" align="aligncenter" width="500" caption="Marcamos cun garfo"]Marcamos cun garfo[/caption]

12.- Fritimos as empanadillas polos dous lados en abondoso aceite.

[caption id="attachment_1742" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as empanadillas"]Fritimos as empanadillas[/caption]

13.- Retiramos a unha fonte con papel absorbente.

 

[caption id="attachment_1743" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

5 de junho de 2013

Brazo de xitano (plantilla)

Recoñezo que o brazo de xitano non é unha sobremesa que me entusiasme, pero sempre me intrigou a elaboración do seu biscoito, por parecerme delicado de facer, e difícil que non rompa ao enrolalo.

[caption id="attachment_1648" align="aligncenter" width="500" caption="Un brazo moi salgado"]Un brazo moi salgado[/caption]

Pero nas mans da miña sogra e cuñada, cualificadas reposteiras, todo parece máis sinxelo. E ademais, elaboraron uns brazos salgados como entrante riquísimos, así que animo a facelo sen dubidar.

A receita pilloume sen cámara, así que provisionalmente van as fotos (malas) do móbil.

Ingredientes

  • 7 ovos

  • 7 culleradas colmadas de azucre

  • 4 culleradas de fariña

  • 1 sobre de levadura en pó

  • Reladura de limón

  • Mantequilla


Elaboración

Se o brazo vai ser salgado, podemos reducir un pouco o azucre na masa.

Hai diferentes xeitos de mesturar os ingredientes, dependendo de se temos aparatos que nos axuden (amasadora, batedor) ou non. Podemos poñer primeiro as claras a punto de neve, e logo engadirlle o azucre e por último as xemas; ou ben na seguinte orde, como eu prefiro (o resultado vai ser similar):

1.- Coa axuda dunha amasadora, mesturamos ben (uns dez minutos) o azucre e as xemas de ovo.

[caption id="attachment_1662" align="aligncenter" width="500" caption="Batemos ben as xemas e o azucre"]Batemos ben as xemas e o azucre[/caption]

2.- Engadimos a fariña, a levadura e a raspadura de limón.

[caption id="attachment_1665" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

3.- Prendemos o forno a 200º. Montamos as claras a punto de neve e incorporámolas con movementos envolventes.

4.- Untamos de mantequilla a bandexa do forno e poñémoslle enriba papel para forno. Iso nos axudará a aproveitar ben os cantos e a envolver o biscoito para o brazo.

[caption id="attachment_1666" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a bandexa do forno"]Preparamos a bandexa do forno[/caption]

Botamos enriba a mestura e forneamos uns 10 minutos. Sacámolo cando estea para que refríe fóra do forno.

[caption id="attachment_1667" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Para o recheo salgado podemos empregar maionesa, salmón afumado, olivas, leituga, gambas, ovo cocido... ao noso gusto!

 

3 de setembro de 2010

Croquetas

Unha receita clásica, que as nosas nais fan de toda a vida e nós devecemos por elas ata que nos animamos a aprender a facelas.

A min custoume que a miña nai me dera as cantidades, porque todo llo botaba “a ollo”. Un día obrigueina a medir todo, e aquí está o resultado. Agora, logo de facela varias veces, son eu a que boto todo sen medir…


Ingredientes

  • Restos de carne, cocido, bacallau, chourizo, xamón,...

  • 2 ou 3 culleradas de aceite de oliva

  • 1 chisco de sal

  • 5 culleradas colmadas de fariña

  • 1 cunca de leite

  • 2 ovos

  • Pan relado



Elaboración

1.- Picamos os restos de comida que vaiamos usar (neste caso, polo e verduras de pincho moruno). Quentamos o aceite na tixola e botámoslle a carne (ou os restos que teñamos) moi picadiña.

[caption id="attachment_133" align="alignleft" width="300" caption="Picamos a carne"]Picamos a carne[/caption]

[caption id="attachment_142" align="alignright" width="300" caption="Pasámola pola tixola"]Pasámola pola tixola[/caption]


2.- Dámoslle unhas voltas e engadímoslle a fariña (isto faise para que logo son saiba fariñento). Mesturamos ben, desfacendo os bolos que se formen.

[caption id="attachment_145" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

3.- Cando estea ligada a mestura, botamos o leite e sal (dependerá do sal que leve o ingrediente base das croquetas).

[caption id="attachment_147" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos o leite e sal"]Engadimos o leite e sal[/caption]

4.- Desfacemos ben ata que a masa estea lixeira, que se separe ben das paredes da tixola (dous ou tres minutos) retiramos do lume e estendémola cun garfo nun prato para que refríe.

[caption id="attachment_148" align="aligncenter" width="300" caption="Estendemos a masa"]Estendemos a masa[/caption]

5.- Coa axuda do garfo e as mans formamos as croquetas, pasámolas polo ovo batido e pan relado.

[caption id="attachment_149" align="alignleft" width="300" caption="Facemos as croquetas"]Facemos as croquetas[/caption]

[caption id="attachment_150" align="alignright" width="300" caption="Pasamos polo ovo"]Pasamos polo ovo[/caption]



[caption id="attachment_153" align="alignleft" width="300" caption="E logo polo pan relado"]E logo polo pan relado[/caption]

[caption id="attachment_154" align="alignright" width="300" caption="E xa están listas"]E xa están listas[/caption]


6.- Fritímolas en abundante aceite, ou conxelámolas (eu foi o que fixen).

2 de setembro de 2010

Empanada de millo de xouba

Considero esta receita a miña especialidade, porque na miña casa son a única que a fai. Acostumo facer a zaragallada de zamburiña conxelada (empregando uns 800 gr. dela), por comodidade; de berberechos, se son frescos, queda exquisita; pero desta volta tiña ganas de probar a de xouba, e quedou rica. A fariña de millo tamén é importante, condicionando moito o resultado en función da súa frescura e calidade.



[caption id="attachment_555" align="aligncenter" width="300" caption="Empanada de millo de xouba"] Empanada de millo de xouba[/caption]

A receita aprendina da señora María do Cruceiro de Roo, alá pola Serra de Outes, hai anos. Ela facíaa de filetes de xarda, e a verdade é que eu nunca a reproducín con ese recheo, porque era vastísimo e fartaba demasiado. Ademais, as súas medidas eran "puñados" e "manadas", que eu aumentaba (porque a miña man era a metade das dela...) e, finalmente, calculei con medidas máis homoxéneas.

Moita xente mestura a fariña de millo con trigo, quedando máis ligada a masa e téndoa que amasar, pero a min gústame así, só de millo.



Ingredientes para a masa:

  • 15 gr. de levadura fresca

  • 70 gr. de fariña de cebada ou centeo

  • 70 gr. de fariña de trigo do país

  • 500 gr. de fariña de millo do país

  • 4 vasos de auga salgada

  • 1 ovo


Para a saragallada:

  • 1 ¾ kg. de cebolas

  • Manteiga

  • 1 tomate pequeno

  • Aceite de oliva

  • 1 kg. de xouba do xeito

  • ¼ de pemento verde

  • Pementón doce e colorante.



Elaboración

1.- Nun bol desfacemos nun vaso de auga fría a levadura, a fariña de cebada ou centeo e a de trigo. Ten que resultar unha masa espesiña pero líquida. Reservamos este formento unha hora (que non bote por fóra).

[caption id="attachment_84" align="aligncenter" width="300" caption="Formento da empanada de millo"]Formento da empanada de millo[/caption]

2.- Nun recipiente grande botamos a fariña de millo. Fervemos a auga salgada e engadímoslla case toda (por se non fai falta tanta), así quente. Amasamos de xeito que quede como rota, non moi mollada (logo co formento móllase máis).

[caption id="attachment_92" align="aligncenter" width="300" caption="Masa de millo rota"]Masa de millo rota[/caption]

Logo de que refríe un pouco, engadimos o formento e o ovo. Coas mans, amasamos e amontoámola para que levede, tapada 1½ h. (depende da calor que faga, pode levedar antes).


[caption id="attachment_93" align="alignleft" width="300" caption="Masa de millo sen levedar"]Masa de millo sen levedar[/caption]

[caption id="attachment_94" align="alignright" width="300" caption="Masa de millo levedada"]Masa de millo levedada[/caption]


(Aínda que son atea, fágolle a cruz á masa, como me ensinaron, porque así tamén me axuda a ver se está levedada…).

3.- Limpamos as xoubas de tripa e cabeza. Se son algo grandes, mellor abrímolas e quitámoslle a espiña. Botámoslle sal e reservamos.
A cebola cortámola finiña, e pochámola ½ horiña en pouco aceite, que logo xa non lle escorreremos.

[caption id="attachment_97" align="aligncenter" width="300" caption="Rustrido de cebola"]Rustrido de cebola[/caption]

A media cocción, botámoslle o pemento picadiño.

4.- Cando a cebola estea ben dourada, engadímoslle o tomate picadiño, e deixamos dez minutiños máis. Ao apagar, unha culleriña de pementón, sal e colorante. (Se en vez de xouba empregamos outro recheo para a zaragallada -zamburiña, mexilón, berberecho,...-, botámosllo agora lavadiño e escorrido, para que se vaian mesturando os sabores, e reservamos todo xunto ata que o botemos na empanada).

[caption id="attachment_98" align="aligncenter" width="300" caption="Zaragallada de cebola"]Saragallada de cebola[/caption]

5.- Prendemos o forno a 180º. Untamos a panadeira con manteiga abundante polo fondo e cantos, e espolvoreamos con fariña de millo. Imos collendo masa pouco a pouco cun garfo, colocándoa formando unha capa fina.


[caption id="attachment_100" align="alignleft" width="300" caption="Disposición da masa de millo"]Disposición da masa de millo[/caption]

[caption id="attachment_101" align="alignright" width="300" caption="Esténdese cun garfo"]Esténdese cun garfo[/caption]


Logo irá a metade da saragallada

[caption id="attachment_104" align="aligncenter" width="300" caption="Unha metade da saragallada..."]Unha metade da saragallada[/caption]

...as xoubas cubrindo ben a superficie...

[caption id="attachment_120" align="aligncenter" width="225" caption="Disposición das xoubas"]Disposición das xoubas[/caption]

[caption id="attachment_121" align="aligncenter" width="300" caption="As xoubas ben colocadiñas"]As xoubas ben colocadiñas[/caption]

e a outra metade da mestura. Finalizamos con máis coidado aínda coa masa.


[caption id="attachment_124" align="alignleft" width="300" caption="A outra metade da saragallada."]A outra metade da saragallada.[/caption]

[caption id="attachment_125" align="alignright" width="300" caption="Finalizamos coa masa de millo"]Finalizamos coa masa de millo[/caption]


Podémola pintar cun pouco de aceite. Debuxamos co canto do garfo uns cadradiños na empanada e forneamos dunha hora a 1½.


[caption id="attachment_116" align="alignleft" width="300" caption="Cadradiños da empanada"]Cadradiños da empanada[/caption]

[caption id="attachment_117" align="alignright" width="300" caption="Resultado final!"]Resultado final[/caption]