21 de fevereiro de 2013

"Torrijas"

Logo do "pudrin", vai a outra receita da miña nai para aproveitar pan reseso.

[caption id="attachment_1571" align="aligncenter" width="500" caption=""Torrijas""]"Torrijas"[/caption]

Trátase dunha sobremesa sinxela e bastante rápida de facer.

Aínda que se aproveite o pan, o certo é que se gasta bastante leite e ovo. A miña nai nolas facía en calquera época do ano (non especialmente polo Entroido ou Semana Santa), para darlle saída a algunha barra de pan que sobrara ou aos ovos, na época en que estes abundan.

[caption id="attachment_1587" align="aligncenter" width="300" caption=""Torrijas" de leite"]"Torrijas" de leite[/caption]

Hai quen a esta receita lle engade un licor, pero a miña nai nunca foi amiga das sobremesas con alcohol, e eu comparto ese gusto, así que só levan leite, ideais para as criaturas.

Ingredientes:

  • 16 rebandas de pan de barra reseso

  • 1/2 l. de leite

  • 100 gr. de azucre

  • 1 limón

  • 1 póla de canela

  • 5 ovos

  • 1 culler rasa de canela en pó

  • Aceite de xirasol


Elaboración

1.- Quentamos nunha pota o leite, 50 gr. de azucre, a póla de canela e a tona do limón.

[caption id="attachment_1572" align="aligncenter" width="500" caption="Quentamos o leite"]Quentamos o leite[/caption]

Cando comece a ferver retiramos do lume e deixamos que refríe un pouco (se non, desfarase moito o pan ao mollalo). Botámolo nun recipente baixo que sexa máis cómodo para remollar o pan despois, xa sen a canela e o limón.

2.- Cortamos o pan en rebandas de máis dun dedo de ancho.

[caption id="attachment_1573" align="aligncenter" width="150" caption="Cortamos o pan"]Cortamos o pan[/caption]

3.- Poñemos ao lume unha tixola con abundante aceite (o de xirasol é máis lixeiro). Imos enchoupando no leite o pan con coidado, polos dous lados. O pan pode estar máis ou menos duro, dependendo dos días que teña. Eu usei unha barra do día anterior, así que estaba máis ben branda, e non a mollei demasiado para que non rompera.

[caption id="attachment_1576" align="aligncenter" width="500" caption="Mollamos o pan no leite"]Mollamos o pan no leite[/caption]

Inmediatamente, deixámolo escorrendo o leite sobrante.

[caption id="attachment_1577" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a escorrer"]Poñemos a escorrer[/caption]

4.- Batemos os ovos, e collendo con coidado para que non rompan, mollamos as rebandas de pan polos dous lados.

[caption id="attachment_1578" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos polo ovo"]Pasamos polo ovo[/caption]

Fritimos a lume medio polos dous lados, e imos poñendo nunha fonte con papel absorbente.

[caption id="attachment_1579" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as rebandas"]Fritimos as rebandas[/caption]

5.- Mesturamos os 50 gr. de azucre coa canela en pó, e espolvoreamos as torrijas.

[caption id="attachment_1580" align="aligncenter" width="150" caption="Azucre e canela"]Azucre e canela[/caption]

 

[caption id="attachment_1581" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

12 de fevereiro de 2013

Coliflor gratinada

Estamos en época de coliflor, e esta receita, como acompañamento dunha carne ou peixe, non defrauda nunca.

[caption id="attachment_1540" align="aligncenter" width="500" caption="Coliflor gratinada"]Coliflor gratinada[/caption]

A receita está sacada dunha revista dominical, da man de Martín Berasategui. Pero fíxena tantas veces, que xa me apropiei dela.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 2 cabezas de coliflor pequenas (ou brécol, cardo, acelga, pataca...)

  • 1 cebolleta

  • 1/2 l. de leite

  • 1 dl. de nata líquida

  • 1 cullerada rasa de fariña

  • Queixo relado (curado, Idiazábal,...)

  • Manteiga, aceite e sal.


Elaboración

1.- Límpase e lávase a coliflor, e córtase en poliñas.

[caption id="attachment_1545" align="aligncenter" width="500" caption="Lavamos a coliflor"]Lavamos a coliflor[/caption]

Cocémola en abundante auga con sal durante dez minutos, sen tapar a pota. Escorrémola e reservámola.

[caption id="attachment_1546" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a coliflor"]Cocemos a coliflor[/caption]

2.- Quentamos o leite xunto coa nata para facer a salsa bechamel.

[caption id="attachment_1547" align="aligncenter" width="150" caption="Leite e nata"]Leite e nata[/caption]

3.- Nunha tixola, quentamos unha culler de aceite e unha noz de manteiga. Picamos a cebolleta e sofritímola uns minutos.

[caption id="attachment_1548" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a cebolleta"]Facemos a cebolleta[/caption]

[caption id="attachment_1549" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritímola uns minutos"]Sofritímola uns minutos[/caption]

Engadimos a fariña e comezamos a darlle voltas, ata que se mesture ben coa cebolleta.

[caption id="attachment_1550" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

Pasados uns segundos, botamos o leite e a nata quentes, sen deixar de dar voltas.

[caption id="attachment_1551" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a bechamel"]Facemos a bechamel[/caption]

Engadimos un chisco de sal e deixamos ferver suavemente cinco minutos. O resultado é unha salsa máis ben líquida.

Prequentamos o forno a 200º.

4.- Cubrimos o fondo dunha fonte para o forno cun pouco de salsa bechamel.

[caption id="attachment_1552" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos salsa bechamel"]Botamos salsa bechamel[/caption]

Sobre ela, poñemos a coliflor.

[caption id="attachment_1553" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a coliflor"]Poñemos a coliflor[/caption]

Cubrímola coa bechamel sobrante.

[caption id="attachment_1556" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o resto da salsa"]Engadimos o resto da salsa[/caption]

E espolvoreámolo co queixo relado.

[caption id="attachment_1557" align="aligncenter" width="500" caption="Espolvoreamos co queixo"]Espolvoreamos co queixo[/caption]

Metemos no forno e gratinamos.

[caption id="attachment_1558" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Ensalada de cogollos

Se cadra esta entrada queda moi trapalleira. De feito, nunca pensei publicar esta receita, pero logo de buscar ensaladas por outros blogs para variar un pouco as que ceamos cada día, dinme conta de que esta era tan digna como outra calquera, e a alguén lle podía apetecer facela.

[caption id="attachment_1523" align="aligncenter" width="500" caption="Ensalada de cogollos"]Ensalada de cogollos[/caption]

Comímola de man da tía Rosa de Pataca Brava en Pamplona. De feito, é exquisita con produtos daquelas terriñas, cogollos de Tudela e espárragos de Navarra. 

É unha ensalada forte, polo que debemos ter coidado de tomala á noite.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 3 cogollos

  • 12 espárragos grosos

  • 12 anchoas

  • 1 ou 2 dentes de allo

  • Aceite, vinagre e sal


Elaboración

1.- Lavamos os cogollos e partímolos en catro anacos, que dispoñemos nunha fonte. (O cogollo é amargo, e ás veces eu substitúoos por corazóns de leituga, máis suaves, como nesta ocasión).

2.- Poñemos sobre cada parte de cogollo, unha anchoa e, á beira, un espárrago.

3.- Cun machacaallos, desfacemos un dente ou dous moi miudiños, e esparexémolo sobre os cogollos (eu bótolle dous dentes, pero queda moi forte, e pode haber comensais que non lle guste tanto allo).

4.- Aliñamos, no momento de servir, con abundante sal, aceite e vinagre de Módena.