8 de setembro de 2010

"Natas"

Este é unha sobremesa moi típica de Portugal, onde se atopa en todas as pastelarías. Alí pídense como "natas" ou "pasteis de Belem", aínda que quen me pasou a receita, a miña cuñada basca, chámalle "pasteis de arroz", nome sen sentido nesta receita sen arroz, por certo...



[caption id="attachment_560" align="aligncenter" width="300" caption="Natas"] Natas[/caption]

Colgo a receita porque xa ma pediu máis dunha persoa, porque é unha sobremesa diferente ás que estamos acostumados/as, e porque é moi fácil de facer, rápida e rica. Que máis se pode pedir?
Ingredientes (dá para unhas 24):

  • 2 ovos

  • 1 vaso de leite enteiro (tamaño auga)

  • 1 vaso de nata líquida (tamaño auga)

  • 7 culleradas colmadas de azucre

  • 5 culleradas rasas de maizena

  • 100 gr. de manteiga

  • Obleas de empanadillas "La cocinera" (ollo! hai dous tamaños; usar das pequenas, que quedan xustas)



Elaboración:

1.- Precalentar o forno a 180º.

2.- Derreter a manteiga. Desfacer a maizena no vaso de leite (para que non queden grumos). Bater todos os ingredientes.

[caption id="attachment_561" align="aligncenter" width="300" caption="Batemos todo xunto"]Batemos todo xunto[/caption]

3.- En moldes de magdalenas (de papel ou silicona), poñer as obleas (eu empreguei un soporte para metelos, porque así non se me esparramaron).

[caption id="attachment_562" align="aligncenter" width="300" caption="Colocamos as obleas nos moldes"]Colocamos as obleas nos moldes[/caption]

Encher os moldes coa mestura (pódense encher ata os bordes da masa, que non van botar por fóra)

[caption id="attachment_226" align="aligncenter" width="300" caption="Enchemos os moldes..."]Enchemos os moldes...[/caption]

e fornear media hora.

[caption id="attachment_228" align="aligncenter" width="300" caption="... forneamos e listas!"]... forneamos e listas![/caption]

Servímolas sen o molde das magdalenas, pois xa queda de soporte a tartaleta.

[caption id="attachment_844" align="aligncenter" width="150" caption="Tartaleta"]Tartaleta[/caption]

P.D. En Portugal, esta sobremesa parece como se tivese caramelo por enriba que lle dá cor. Pódese probar a botarlle, cando se metan no forno, un pouco de azucre enriba para que caramelice, ou ben darlle dous minutos ao final de gratinado, poñendo a fonte do forno máis arriba. Iso foi o que fixen xa en dúas ocasións (unha vémola na primeira foto, pero me pasei de chamusco... Ricas estaban igual!), e penso que quedan mellor.

[caption id="attachment_848" align="aligncenter" width="500" caption="Natas logo de gratinadas"]Natas logo de gratinadas[/caption]

Nenhum comentário:

Postar um comentário