24 de setembro de 2010

Bocartes en vinagre

[caption id="attachment_393" align="aligncenter" width="300" caption="Bocartes en vinagre"]Bocartes en vinagre[/caption]

É a primeira vez que os fago, e para iso seguín a receita de Nieves Feros en A cociña en galego, que máis ou menos reproduzo:
Ingredientes:

  • 500 gr. de bocartes


[caption id="attachment_380" align="aligncenter" width="300" caption="Bocartes"]Bocartes[/caption]

  • ½ vaso de aceite de oliva

  • ½ l. de vinagre

  • 2 dentes de allo

  • Pirixel

  • Sal

  • Auga



Elaboración

1.- Limpamos o peixe, deixándoo sen cabeza, vísceras e espiña, dividindo en dous os filetes (xa case parten sós). Lavámolos ben e poñémolos media hora en auga con vinagre.

[caption id="attachment_381" align="aligncenter" width="300" caption="Metémolos en auga con vinagre"]Metémolos en auga con vinagre[/caption]

Coámolo e volvémolo lavar.

2.- Facemos unha mestura co allo e pirixel picados, engadíndolle un chorro de aceite e outro de vinagre.

[caption id="attachment_382" align="aligncenter" width="300" caption="Mesturamos o allo picado e o pirixel"]Mesturamos o allo picado e o pirixel[/caption]

3.- Nunha fonte de cristal poñemos unha capa de bocartes, sal, a mestura, e un chorriño de aceite e vinagre. Seguimos poñendo as capas ata rematar con todo o aceite e vinagre que quede.


[caption id="attachment_384" align="alignleft" width="300" caption="Capa de bocartes..."]Capa de bocartes...[/caption]

[caption id="attachment_385" align="alignright" width="300" caption="... e resto de ingredientes"]... e resto de ingredientes[/caption]


4.- Déixanse os bocartes ata que collan cor branca, un mínimo de seis horas.

[caption id="attachment_386" align="aligncenter" width="300" caption="Deixamos repousar"]Deixamos repousar[/caption]

Nenhum comentário:

Postar um comentário