5 de junho de 2010

Pizza branca de bacallau

Na semana santa de 2010 viaxei a Italia, un pais onde se come estupendamente. Un dos riquísimos pratos que comín alí foi unha pizza branca de bacallau. O de branca é porque non leva mollo de tomate. Tentei facer algo similar na casa, e aínda que o resultado só é parecido, o escribo aquí e actualizarei o post para mellorar a receita cando me vaia saíndo.

[caption id="attachment_54" align="aligncenter" width="299" caption="Ingredientes da Pizza branca de bacallau"]Ingredientes da Pizza branca de bacallau[/caption]

Ingredientes:

  • 1 masa de pizza

  • 25o gr de bacallau desalado e desmigado

  • 1 cebola picada, non moi fina

  • 3 dentes de allo aplastados e picados

  • 100 ml de nata líquida

  • 100 gr de queixo mozarella

  • unhas tiras de pemento asado

  • unhas olivas negras

  • unhas uvas pasas

  • ourego e pementa

  • [opcional: 1 cervexa, para o cociñeiro]



Preparación:

Rustrimos un pouquiño a cebola e o allo, sen que se fagan de todo (van ter 15 minutos de forno para rematar a cocción). Logo botamos o bacallau e cociñamos 2 ou 3 minutos, ata que perda a auga que vai soltar. Engadimos a nata e deixamos cociñar a lume vivo para reducir a mestura. Na bandexa do forno estendemos unhas gotas de aceite e colocamos a masa de pizza sobre ela. Botamos o queixo raiado sobre a masa, repartímolo ben e sobre el estendemos o preparado de bacallau.





[caption id="attachment_55" align="aligncenter" width="300" caption="Preparación da pizza de bacallau"]Preparación da pizaa de bacallau[/caption]

Podemos botarlle unhas gotas de aceite e logo colocamos as tiras de pemento asado, al olivas e as pasas, e damoslle un toque de ourego e pementa.


No forno, prequentado a uns 200 graos, faise a pizza durante uns 15 ou 20 min. Colocase na metade superior do forno e se usa só a resistencia de arriba. O resultado:





[caption id="attachment_56" align="aligncenter" width="300" caption="A pizza de bacallau lista para comer"]A pizza de bacallau lista para comer[/caption]

3 comentários:

  1. a receita ten unha pinta fantastica, moi boa a idea de este blog, xa che irei copiando recetas

    saluditosss

    alberto

    ResponderExcluir
  2. Pois ten moi boa pinta…. tentarémola un dia destes.. hai que ter en conta que se a masa non é das precociñadas… sempre gaña un montón.

    O mantel….precioso!!!! ;)

    ResponderExcluir
  3. Se o único problema fosen os comentarios!! Non podemos acceder a cada receita!! Non sei como pedir axuda no foro de blogaliza!!

    ResponderExcluir