Mostrando postagens com marcador Peixes e mariscos. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Peixes e mariscos. Mostrar todas as postagens

18 de abril de 2014

Empanadillas de bonito

Achégase o verán e veñen ben unhas receitas de pratos que tanto se poden comer quentes como fríos, ideais para levar á praia ou ao monte.

[caption id="attachment_1721" align="aligncenter" width="500" caption="Empanadillas caseiras"]Empanadillas caseiras[/caption]

Estas empanadillas quizais non teñan moito de especial, pero a min a masa é a que máis me gustou ata o momento. Aprendeunas a facer a miña nai da súa, e na casa sempre gustaron moito, sobre todo para levar de picnic.

Podemos enchelas do que nos apeteza, pero na nosa casa sempre se fixeron de bonito.

Ingredientes:

  • Aceite de oliva para fritir


Para a masa:

  • 300 gr. de fariña de trigo

  • 75 gr. de leite

  • 1 culleriña de café de sal

  • 1 noz de manteiga

  • 1 culleriña de postre de levadura en pó

  • 1 ovo


Para o recheo:

  • 3 cebolas medianas (máis ou menos 600 gr., xa limpos)

  • 5 culleradas de aceite de oliva

  • 1 lata de atún grande (duns 200 gr.)

  • 1 ovo cocido

  • 1 pizca de azafrán

  • sal


Elaboración:

1.- Picamos finiña a cebola.

[caption id="attachment_1723" align="aligncenter" width="500" caption="A cebola debe cortarse fina"]A cebola debe cortarse fina[/caption]

Pochámola no aceite a lume suave ata que transparente e doure, entre media hora e 3/4, remexendo de cando en vez para que non se pegue.

[caption id="attachment_1722" align="aligncenter" width="500" caption="Pochamos a cebola"]Pochamos a cebola[/caption]

2.- Engadímoslle, xa apagado o lume, o ovo cocido picadiño, un pouco de sal, azafrán e a lata de atún sen o aceite.

[caption id="attachment_1724" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a saragallada"]Preparamos a saragallada[/caption]

Reservamos a mestura. Podemos deixar a tixola algo inclinada para que escorra o aceite sobrante e logo retirarllo antes de encher as empanadillas.

[caption id="attachment_1725" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos lista a mestura"]Deixamos lista a mestura[/caption]

3.- Para a masa, facemos un volcán coa metade da fariña (uns 150gr.) e a levadura en pó mesturada nun recipente aplanado ou directamente na mesa de traballo. Botámoslle o ovo e imos envolvendo a masa cun garfo.

[caption id="attachment_1726" align="aligncenter" width="500" caption="Imos elaborando a masa"]Imos elaborando a masa[/caption]

4.- Quentamos un chisco o leite e nel desfacemos a manteiga e o sal. Engadímosllo á masa, unha vez morno. Debe resultar, polo momento, unha masa líquida.

[caption id="attachment_1727" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o leite, mantequilla e sal"]Engadimos o leite, mantequilla e sal[/caption]

5.- Imos engadindo pouco a pouco o resto da fariña (os outros 150 gr.).

[caption id="attachment_1728" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos fariña aos poucos"]Engadimos fariña aos poucos[/caption]

Cando a masa vaia espesando, podemos sacala do recipente e traballala directamente na mesa.

[caption id="attachment_1729" align="alignleft" width="150" caption="Amasamos..."]Amasamos...[/caption]

[caption id="attachment_1730" align="aligncenter" width="150" caption="...un pouco máis..."]...un pouco máis...[/caption]

[caption id="attachment_1731" align="alignright" width="150" caption="... ata que non se pegue."]... ata que non se pegue.[/caption]

 

 

 

 

 

6.- Cando non se pegue ás mans, teremos a masa lista. Como non hai que deixala levedar, imos elaborar as empanadillas no momento. Para estirar a masa, empregaremos un rodiño e iremos collendo masa aos poucos

[caption id="attachment_1732" align="aligncenter" width="500" caption="Estiramos a masa"]Estiramos a masa[/caption]

7.- Cun vaso ou cunca de boca ancha, marcamos círculos.

[caption id="attachment_1733" align="aligncenter" width="500" caption="Marcamos cunha cunca"]Marcamos cunha cunca[/caption]

[caption id="attachment_1734" align="aligncenter" width="500" caption="Retiramos os círculos"]Retiramos os círculos[/caption]

8.- Enfariñamos a mesa para ir colocando sobre ela as formas redondas.

[caption id="attachment_1735" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos os círculos"]Colocamos os círculos[/caption]

A masa sobrante aproveitámola, engadíndolle algo máis e volvendo a amasar.

[caption id="attachment_1736" align="aligncenter" width="150" caption="Volvemos amasar"]Volvemos amasar[/caption]

9.- Enchemos co mexunxe as bases de empanadilla, tendo moito coidado de que non pinguen aceite e que non se manchen del os bordes da circunferencia, pois se non logo non pegará a masa.

[caption id="attachment_1737" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos as bases co mexunxe"]Enchemos as bases co mexunxe[/caption]

10.- Con coidado, collemos a empanadilla cunha man e coa outra imos pechándoa apretando os bordes, cos dedos enfariñados.

[caption id="attachment_1738" align="alignleft" width="150" caption="Collemos con coidado..."]Collemos con coidado...[/caption]

[caption id="attachment_1739" align="aligncenter" width="150" caption="... pechando os bordes..."]... pechando os bordes...[/caption]

[caption id="attachment_1740" align="alignright" width="150" caption="... tendo tino de que o aceite non desborde"]... tendo tino de que o aceite non desborde[/caption]

 

 

 

 

 

11.- Marcamos cun garfo os extremos (sen chegar a romper a masa) para sellar ben a empanadilla e que non se abran ao fritilas.

[caption id="attachment_1741" align="aligncenter" width="500" caption="Marcamos cun garfo"]Marcamos cun garfo[/caption]

12.- Fritimos as empanadillas polos dous lados en abondoso aceite.

[caption id="attachment_1742" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as empanadillas"]Fritimos as empanadillas[/caption]

13.- Retiramos a unha fonte con papel absorbente.

 

[caption id="attachment_1743" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

17 de abril de 2014

Zamburiñas á cazola

Un entrante co que quedar estupendamente.

[caption id="attachment_1709" align="aligncenter" width="500" caption="Zamburiñas á cazola"]Zamburiñas á cazola[/caption]

Outra receita que fai a miña nai, desta vez adaptada dunhas latas de conservas que a ela lle gustan, as zamburiñas da conserveira Albo:

[caption id="attachment_1710" align="aligncenter" width="320" caption=""Zamburiñas a la cazuela" de Albo"]"Zamburiñas a la cazuela" de Albo[/caption]

Os ingredientes que constan nesta conserva son: zamburiñas, aceite de xirasol, tomate, cebola, sal e especias. Así que a miña nai fixo "súa" a receita, poñendo aceite de oliva, pemento e pementón doce e picante. Velaiquí o resultado:

Ingredientes:

  • 600 gr. de zamburiñas ou volandeiras limpas

  • 1 cebola

  • 100 gr. de tomate fritido (mellor, caseiro)

  • Pemento morrón

  • 1 culleriña (de sobremesa) colmada de pementón doce

  • 1 pizca de pementón picante (opcional)

  • Aceite de oliva

  • Sal


Elaboración

1.- Limpamos as zamburiñas, sacándolles a víscera negra e lavándoas.

[caption id="attachment_1711" align="aligncenter" width="500" caption="Limpamos as zamburiñas"]Limpamos as zamburiñas[/caption]

2.- Nun pouco aceite, sofritimos a cebola ben picadiña.

[caption id="attachment_1712" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritimos a cebola"]Sofritimos a cebola[/caption]

3.- Cando estea pasadiña, engadimos o tomate fritido (se non o temos fritido, botámolo en cru picadiño e fritímolo neste momento). Dámoslle unhas voltas.

[caption id="attachment_1713" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos o tomate"]Refogamos o tomate[/caption]

4.- Engadimos as zamburiñas e refogamos dous minutos.

[caption id="attachment_1714" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos as zamburiñas"]Refogamos as zamburiñas[/caption]

5.- Engadimos os pementóns e deixamos que se consuma o xugo que vai soltando a zamburiña (uns dez minutos).

[caption id="attachment_1719" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os pementóns"]Engadimos os pementóns[/caption]

6.- Cando estea, poñemos o pemento morrón e o sal. Refogamos uns minutos e retiramos.

[caption id="attachment_1718" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os pementos"]Engadimos os pementos[/caption]

7.- Servimos quentes.

[caption id="attachment_1717" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

24 de dezembro de 2013

Mexilóns en escabeche

Este non é o escabeche das latas de conserva.

[caption id="attachment_1699" align="aligncenter" width="500" caption="Mexilóns en escabeche"]Mexilóns en escabeche[/caption]

Este é un escabeche que facían a miña avoa e a miña tía, e que se tomaba en quente, e que agora segue facendo a miña nai. Ten un sabor que non deixa indiferente a ninguén; de feito, sempre que o dá a probar, acábanlle pedindo a receita. Cos mexilóns cocidos de antes, leva dez minutos facelo, así que animádevos a probalos!

Ingredientes:

  • 1 kg. e 1/2 de mexilóns

  • 1 cebola

  • Pementón doce e picante (este, opcional)

  • Xamón ou panceta (opcional)

  • 5 culleres de vinagre

  • Aceite de oliva


Elaboración

1.- Se non os temos cocidos previamente, cocemos ao vapor os mexilóns.

2.- Nun pouco aceite, sofritimos a cebola ben picadiña. Engadimos os mexilóns limpos e cocidos e refogamos dous ou tres minutos, sen que cheguen a secarse.

[caption id="attachment_1700" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola e logo os mexilóns"]Pasamos a cebola e logo os mexilóns[/caption]

3.- Engadimos unha culleriña de postre colmada de pementón doce (se queremos, tamén un chisco de picante).

[caption id="attachment_1702" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o pementón"]Engadimos o pementón[/caption]

Deixamos dous minutos máis.

[caption id="attachment_1701" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos que se fagan"]Deixamos que se fagan[/caption]

4.- Cortamos unha loncha grosa de xamón e engadímoslla. Mesturamos e deixamos un minutiño.

[caption id="attachment_1703" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle o xamón"]Botámoslle o xamón[/caption]

5.- Finalmente, botamos o vinagre e deixamos que consuma uns dous ou tres minutos máis.

[caption id="attachment_1704" align="aligncenter" width="500" caption="Deixamos que o vinagre se consuma"]Deixamos que o vinagre se consuma[/caption]

6.- Servimos quente.

[caption id="attachment_1705" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

12 de março de 2013

Peixe en papillote

Unha receita bastante sinxela, bastante rápida e moi sa.

[caption id="attachment_1599" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe en papillote"]Peixe en papillote[/caption]

A min non me sae con tanta arte como a Pataca Brava (e menos facéndoa a cachos e atendendo un recén nacido...), pero como el non se anima co recetario, aí vai o meu intento de imitalo. A receita foina formando seguindo indicacións do "mestre Alfredo" sobre os papillotes.


Ingredientes (para dúas persoas)

  • Peixe apropiado para papillote (sanmartiño, ollomol, sargo, alistado,...)

  • Hortalizas ao gusto (cabaciña, berenxena, cenoria, pemento, porro, champiñón,...)

  • Aceite de oliva e sal


Elaboración

1.- Nesta ocasión, empreguei dous sanmartiños pequenos. É un peixe cunha carne tersa, consistente, e moi rica.

[caption id="attachment_1602" align="aligncenter" width="500" caption="Sanmartiños"]Sanmartiños[/caption]

Eu prefiro facer filetes sen a espiña (nas pescaderías acostuman deixarche un filete con ela), polo que os fago eu na casa, con coidado.

[caption id="attachment_1603" align="aligncenter" width="150" caption="Fileteamos"]Fileteamos[/caption]

Unha vez fileteado, botámoslle sal e reservamos.

[caption id="attachment_1604" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle sal aos filetes"]Botámoslle sal aos filetes[/caption]

2.- Lavamos as hortalizas escollidas. Podemos usar as que nos apeteza, pero o porro, a cabaciña e os champiñóns quédanlle moi ben.

[caption id="attachment_1608" align="aligncenter" width="500" caption="Hortalizas varias"]Hortalizas varias[/caption]

Cortamos todas máis ou menos do mesmo tamaño, fileteadas. A cabaciña, máis fina, cortámola para poñer de fondo (a min quedoume moi grosa).

[caption id="attachment_1609" align="aligncenter" width="500" caption="Fileteamos as hortalizas"]Fileteamos as hortalizas[/caption]

3.- Nunha tixola, botamos un chorro de aceite e refogamos uns minutos a lume suave as hortalizas (menos a cabaciña).

[caption id="attachment_1612" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos as hortalizas"]Refogamos as hortalizas[/caption]

O mellor é facelas a lume lento, e que queden algo al dente, pois logo se rematan no forno (eu fíxenas demasiado). Salgamos o sofrito.

4.- Prequentamos o forno a 180º. Na bandexa do forno, facemos dúas "barcas" con papel de aluminio, elevando os catro lados. No fondo botamos un pouco de aceite de oliva, na zona central e plana.

[caption id="attachment_1617" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos o papel de aluminio"]Preparamos o papel de aluminio[/caption]

Sobre o aceite, colocamos os anacos de cabaciña, cortada finiña (non como a fixen eu).

[caption id="attachment_1618" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cabaciña"]Poñemos a cabaciña[/caption]

Sobre a cabaciña, poñemos as hortalizas.

[caption id="attachment_1621" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos as hortalizas"]Colocamos as hortalizas[/caption]

E sobre ese leito rematamos cos filetes de peixe.

[caption id="attachment_1622" align="aligncenter" width="500" caption="Por último, o peixe"]Por último, o peixe[/caption]

5.- Cortamos outros dous anacos de papel de aluminio, algo máis curtos, e pechamos con eles as "barcas", con coidado de non furalo. Procuraremos que quede abombado, para que non se toquen a tapa e o peixe.

[caption id="attachment_1623" align="aligncenter" width="500" caption="Pechamos o papillote"]Pechamos o papillote[/caption]

6.- Metemos no forno de 15 a 20 minutos, dependendo do groso do peixe. Debemos ter coidado ao abrir os paquetes porque o vapor concentrado pode queimarnos.

[caption id="attachment_1624" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]