2 de novembro de 2011

Guiso de carne con pasta

Chega o outono e xa apetece facer guisos.

[caption id="attachment_1214" align="aligncenter" width="500" caption="Guiso de carne con pasta"]Guiso de carne con pasta[/caption]

Cando a miña nai facía este, a min non me gustaba nada, porque de nova prefería a pasta en branco, así que os meus irmáns máis eu lle botabamos unha chea de tomate fritido para que se parecera algo á pasta que queriamos.

Este prato é ideal para facer o día anterior, deixando o preparado coa carne, e engadíndolle ao día seguinte só a pasta e a auga, co que cociñariamos en 15 minutos (o mesmo acontece cos guisos de arroz ou pataca).

Hoxe apurei un pouco a receita facendo a carne na ola rápida, co que me quedou brandiña e, en consecuencia, un guisiño ben xeitoso e rico. Aí vai!

Ingredientes (para 3 persoas):

  • 450 gr. de carne de tenreira

  • 300 gr. de pasta

  • 1 cebola

  • 1 cenoria grande

  • ¼ pemento vermello

  • ¼ pemento verde

  • 2 dentes de allo

  • 1 tomate maduro e pequeno

  • ½ vaso de viño branco

  • Caldo de verdura, carne ou polo (senón, auga)

  • Azafrán e colorante

  • Sal e aceite de oliva


Elaboración:

1.- Nunha pota, facemos un refrito coas verduras picadas e tres culleradas de aceite (o allo e mailo tomate aínda non llo botamos), remexendo para que non se queime.

[caption id="attachment_1215" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos as verduras"]Pasamos as verduras[/caption]

2.- Cando estean brandiñas botámoslle a carne en anacos e o allo picado, e deixamos uns minutos, remexendo de cando en vez.

[caption id="attachment_1216" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a carne"]Engadimos a carne[/caption]

3.- Engadímoslle o tomate, sen tona, en anaquiños. Deixamos tres ou catro minutos máis.

[caption id="attachment_1217" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle o tomate"]Botámoslle o tomate[/caption]

4.- Unha vez listo o refrito, botamos o viño, deixándoo dous minutos.

[caption id="attachment_1218" align="aligncenter" width="150" caption="Engadímoslle o viño"]Engadímoslle o viño[/caption]

Logo, auga (ou caldo) que cubra a carne, e deixamos que se consuma o líquido (unha ½ hora) a lume lento. Eu fíxeno 15 minutos na ola rápida.

[caption id="attachment_1219" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos que se coza a carne"]Deixamos que se coza a carne[/caption]

5.- Engadimos a pasta, azafrán e colorante, sal e auga ou caldo que cubra a pasta.

[caption id="attachment_1220" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a pasta"]Cocemos a pasta[/caption]

6.- Facemos 15 minutos a lume suave.

[caption id="attachment_1221" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]