[/caption]En cada casa fan o arroz dunha maneira. A miña nai botáballe salchichas e chourizo, penso que para que o comeramos máis a gusto de pequenos/as. Eu sigo facendo como ela este prato, pois me sigue gustando. É ideal para deixar a medio facer pola noite, para rematalo ao día seguinte engadíndolle só o arroz e o caldo.
Esta receita leva bastante hortaliza; eu bótolle as que teña de tempada na neveira, así que, realmente, o prato nunca sae igual…
Ingredientes (para 2 persoas)
- 150 gr. de carne de tenreira
- 150 gr. de polo
- 1 chourizo caseiro
- 4 salchichas tipo frankfurt
[caption id="attachment_362" align="aligncenter" width="300" caption="Carnes"]
[/caption]- 1 vaso de arroz redondo
- ½ cebola
- 1 cenoria
- ½ pemento vermello
- 1 tomate maduro e pequeno
- Opcional: outras hortalizas (hoxe: ½ porro, 8 xudías, un anaco de pemento verde)
- ½ vaso de viño branco
- Caldo de verdura, carne ou polo (senón, auga)
- 1 guindilla
- Azafrán, colorante e pirixel
- Sal e aceite de oliva
Elaboración
1.- Se non temos caldo e queremos enriquecer o prato con el, facémolo coas verduras e hortalizas que teñamos (eu botei un porro, dúas cenorias, xudías, pirixel e restos de polo). Fervemos a lume lento media hora, e reservamos.
[caption id="attachment_363" align="aligncenter" width="300" caption="Caldo de verduras e polo"]
[/caption]2.- Facemos un refrito coas verduras picadas, a guindilla e tres culleradas de aceite (o tomate aínda non llo botamos), remexendo para que non se queime.
[caption id="attachment_364" align="aligncenter" width="300" caption="Refrito"]
[/caption]3.- Cando estean brandiñas botámoslle as carnes en anacos, e deixamos uns minutos, remexendo de cando en vez.
[caption id="attachment_365" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos a carne"]
[/caption]Engadímoslle o tomate, sen tona nin semente, en anaquiños. Deixamos tres ou catro minutos máis.
4.- Unha vez listo o refrito, retiramos a guindilla. Botamos o viño e, logo de dous minutos, auga (ou caldo) que cubra a carne, e deixamos que se consuma o líquido (unha ½ hora) a lume lento.
[caption id="attachment_366" align="aligncenter" width="300" caption="Cocemos media horiña"]
[/caption]5.- Refogamos na mestura o arroz un minuto, e engadimos os ingredientes que faltan: azafrán e colorante, pirixel, as salchichas e o chourizo en anacos, sal e 2½ vasos de caldo (colado).
[caption id="attachment_367" align="alignleft" width="300" caption="Refogamos o arroz..."]
[/caption][caption id="attachment_368" align="alignright" width="300" caption="... e o resto dos ingredientes"]
[/caption]6.- Facemos 20’, e outros 5 de repouso antes de comer.
[caption id="attachment_369" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]
[/caption]
Nenhum comentário:
Postar um comentário