11 de janeiro de 2013

Guiso de pasta e garavanzos

Na casa de Pataca Brava gostan moito deste prato, que denominan "ghisote". A receita vén de vello, pois xa a facía a súa avoa.

[caption id="attachment_1412" align="aligncenter" width="500" caption=""Ghisote""]"Ghisote"[/caption]

Agora que os porcos xa están no sal, presentamos esta receita para facer con carne salgada. Nesta ocasión fixémola con ósos de xoán (espinazo, en castelán) e unlla, pero teño ganas de facela con costela, máis que nada porque o guiso quedou cheíño de pequenos ósos que me incordiaron un pouco ao comer  (iso si, a carne é moi rica).

Ingredientes (para 2 persoas)

  • 800 gr. de carne salgada

  • 200 gr. de garavanzos

  • 100 gr. de pasta ("tiburóns")

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • Pementón doce

  • Colorante

  • Aceite de oliva


Elaboración

1.- Cunhas horas de antelación, deixamos os garavanzos a inchar en auga (por exemplo, da mañá ao mediodía). Antes de cociñalos, escorrémolos.

[caption id="attachment_1419" align="aligncenter" width="150" caption="Garavanzos"]Garavanzos[/caption]

2.- Sofritimos a cebola picadiña e o allo nunha pota.

[caption id="attachment_1415" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a cebola e o allo"]Facemos a cebola e o allo[/caption]

3.- Unha vez desalgada a carne, lavámola ben e escorrémola.

[caption id="attachment_1409" align="aligncenter" width="500" caption="Carne salgada de porco"]Carne salgada de porco[/caption]

Botámola na pota coa cebola e o allo e refogámola uns minutos.

[caption id="attachment_1416" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos un pouco a carne"]Pasamos un pouco a carne[/caption]

4.- Cubrimos de auga e deixamos cocer 20 minutos (depende do tipo de carne; a unlla, por exemplo, precisa máis tempo). Eu fíxena 10' na ola rápida.

[caption id="attachment_1420" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a carne"]Cocemos a carne[/caption]

5.- Engadimos os garavanzos e cocemos 30' máis (a metade na ola rápida).

[caption id="attachment_1421" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os garavanzos"]Engadimos os garavanzos[/caption]

6.- Botamos unha culleriña de pementón doce e o colorante. Neste intre tamén boatariamos o sal, pero seguramente non lle faga falta (a carne salga moito).

[caption id="attachment_1426" align="aligncenter" width="500" caption="Pementón e colorante"]Pementón e colorante[/caption]

7.- Remexemos e engadimos a pasta.

[caption id="attachment_1427" align="aligncenter" width="500" caption="Finalmente, engadimos a pasta"]Finalmente, engadimos a pasta[/caption]

Deixamos cocer 10 minutos máis e retiramos do lume.

[caption id="attachment_1428" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a pasta"]Cocemos a pasta[/caption]

[caption id="attachment_1429" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

8 de novembro de 2012

Richada

Comeza a tempada de carne, carne e máis carne! E como apetece, verdade? Esta receita fana na casa dos sogros. É rápida e sinxela.


[caption id="attachment_1374" align="aligncenter" width="500" caption="Richada"]Richada[/caption]

O meu sogro é catador nato, e nalgún restaurante (se cadra por Forcarei) probou esta receita e o seu padal culinario detectou os ingredientes. Se cadra non é exacta, pero queda rica, rica. Iso si, feita polas mans da señora da casa!

Ingredientes (para 4 persoas)

  •  1 kg. de carne de tenreira branda

  • 1 cebola ben grande

  • 2 dentes de allo

  • ½ vaso de viño branco

  • Pementón doce

  • Pementón picante (opcional)

  • Sal e aceite de oliva

  • Patacas para cocer (acompañamento)


Elaboración

1.-Cortamos as patacas en anacos grandes, cravando o coitelo ata a metade e rachándoa despois, para que ao cocer se desfagan un chisco.

[caption id="attachment_1382" align="aligncenter" width="500" caption="Patacas "rachadas""]Patacas "rachadas"[/caption]

Cocémolas con sal (o tempo dependerá do tipo de pataca; estas, en 15' estaban listas).

2.- Cortamos a carne en cadrados e salgámola. Reservámola un intre.

[caption id="attachment_1378" align="aligncenter" width="500" caption="Carne de tenreira"]Carne de tenreira[/caption]

3.- Cortamos en xuliana a cebola e o allo.

[caption id="attachment_1377" align="aligncenter" width="500" caption="Cebola e allo"]Cebola e allo[/caption]

Nunha pota baixa ou nunha tixola, con dous xenerosos dedos de aceite, ímolo refogando a lume forte. Procuramos remexer de maneira asidua durante todo o proceso.

[caption id="attachment_1381" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos a cebola e o allo"]Refogamos a cebola e o allo[/caption]

4.- Cando leve un minuto, engadimos xa a carne, remexendo de cando en vez.

[caption id="attachment_1385" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a carne"]Engadimos a carne[/caption]

5.- Aos cinco minutos, engadímoslle o viño, seguindo co lume forte. Deixamos uns dez minutos máis, ata que se consuma o líquido.

[caption id="attachment_1386" align="aligncenter" width="500" caption="Con lume forte, deixamos que reduza"]Con lume forte, deixamos que reduza[/caption]

6.- Logo dese tempo, botámoslle dúas culleres rasas de pementón doce e, se queremos, un chisco de picante.

[caption id="attachment_1387" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos o pementón"]Botamos o pementón[/caption]

Remexemos e retiramos do lume.

[caption id="attachment_1388" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Servimos acompañado das patacas cocidas.

[caption id="attachment_1389" align="aligncenter" width="500" caption="Animádevos coa richada!"]Animádevos coa richada![/caption]

10 de setembro de 2012

Marmelo

Nesta ocasión tocou facer o marmelo, que estamos na época.




[caption id="attachment_1334" align="aligncenter" width="500" caption="Doce de marmelo"]marmelo[/caption]

Esta receita ten moitísimas vantaxes: aproveitamos un froito que en cru non sería comestible, a cantidade adáptase aos kilos de marmelo que teñamos en cada ocasión, e pode conxelarse para que dure ata a tempada seguinte.

Na casa de Pataca Brava fanno desde hai moitos anos, pero en cantidades inxentes. Así que non vos asuste o tamaño da pota de cocción: como digo, podedes facer calquera cantidade.

Ingredientes

  • 1 kg. de marmelos

  • 750 gr. de azucre

  • Auga


A proporción de froita e azucre mantense sempre así. Se temos 20 quilos de marmelo (pesado xa limpo, non enteiro), botaremos 15 de azucre (cunha regra de tres calcúlase estupendamente).



Elaboración


1.- O marmelo é unha froita moi dura e peluda (aínda que isto depende do que lle chova antes de apañalo).

[caption id="attachment_1335" align="aligncenter" width="500" caption="Marmelos (Cydonia oblonga)"]marmelos [/caption]

Para comezar coa receita, debemos limpalos de impurezas e pelo; non é preciso planalos.

[caption id="attachment_1336" align="aligncenter" width="150" caption="Limpamos a froita"]limpar[/caption]

2.- Partimos as froitas en anacos cun bo coitelo. Non debemos usar a carne que queda máis pegada ao carozo, pois é moito mais dura e logo non se dá desfeito.

[caption id="attachment_1339" align="aligncenter" width="300" caption="Cortamos os marmelos"]cortar[/caption]

Como o marmelo é tan duro, que non vos sorprenda que vos saian bochas nas mans!

Observade como os carozos non se deben aproveitar moito:

[caption id="attachment_1355" align="aligncenter" width="150" caption="Carozos"]Carozos[/caption]

Agora é cando debemos pesar a froita para calcular o azucre que precisamos.

Botámola nunha pota de dobre fondo cun dedo de auga (o mínimo, para que non se pegue, máis que nada) e a metade do azucre que lle calculamos.

[caption id="attachment_1343" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cocer"]poñemos_cocer[/caption]

Deixámolo media hora a lume lento (moi, moi lento!), tendo coidado de remexer de cando en vez para que non se pegue.

[caption id="attachment_1342" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos ferver media hora"]media_hora[/caption]

3.- Engadimos o resto do azucre e deixamos que ferva unha hora máis, a lume moi lento.

[caption id="attachment_1344" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos unha hora máis"]hora_mais[/caption]

4.- Fóra do lume, batemos ben ata desfacer os anacos que quedaran. Observade que batedor armaron na casa de Pataca Brava a partir dun taladro:

[caption id="attachment_1347" align="aligncenter" width="300" caption="Batedor "made in casa""]batedor[/caption]

Tede moito coidadiño ao bater, pois queima (e mancha) moito.

Vós podedes usar un batedor normaliño, como este:

[caption id="attachment_1348" align="aligncenter" width="150" caption="Batemos ben"]batemos_ben[/caption]

5.- Logo de bater, voltamos a poñelo no lume (esta vez normal) un minuto aproximadamente. Isto axuda a que colla cor.

6.- Inmediatamente (antes de que refríe) fóra do lume, enchemos os moldes que teñamos preparados (se queremos, aptos para conxelar).

[caption id="attachment_1349" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos os moldes"]Enchemos os moldes[/caption]

No molde xa observaremos que de seguida vai callando. Non debemos tapalos ata que refríe de todo (para que non se forme vapor).

[caption id="attachment_1363" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Acompañado de queixo de Arzúa é unha delicia!!!

26 de agosto de 2012

Peixe azul en escabeche

Nunca se me ocurrira colgar esta receita. É o escabeche que lle fai a miña nai aos xureliños fritidos que lle sobran, e que imos comendo de entrante os días seguintes. Pero como os fai en frío, sen lume, e é tan sinxelo de preparar, supoño que non o considerei "receita" para publicar, ata que a miña irmá consultou o Saraghallada para facelos e atopouse con que non estaban, así que aí van!

[caption id="attachment_1328" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe en escabeche"]peixe_en_escabeche[/caption]

O feito de facer o escabeche en frío implica que non se conservarán durante meses, senón unha semana ou incluso máis (se o líquido cobre ben o peixe).

Nesta ocasión, comprei das primeiras xardas da tempada para facelas desta maneira, e engadinlle unhas sardiñas que me sobraron do xantar. Serven tamén, como dixen, xureliños ou xurelo, e os pataghullos que só conseguimos na praza de Marín:

[caption id="attachment_1308" align="aligncenter" width="312" caption="Patagullo ou alcrique (Somberesox saurus)"]patagullo[/caption]

Ingredientes:

  • 3 ou 4 follas de loureiro

  • 3 ou 4 dentes de allo

  • 2 culleriñas colmadas de pimentón doce

  • 150 ml. de aceite de oliva

  • 150 ml. de vinagre

  • Peixe axul fritido


[caption id="attachment_1311" align="aligncenter" width="150" caption="Sardiñas e xarda"]sardiña_xarda[/caption]

Elaboración:

1.- Nunha fonte fonda, cubrimos o fondo coa metade do allo (en láminas), o loureiro (en cachiños) e o pementón.

[caption id="attachment_1309" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos o fondo"]cama[/caption]

2.- Dispoñemos sobre esa cama o peixe fritido previamente.

[caption id="attachment_1310" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos o peixe"]peixe[/caption]

3.- Sobre o peixe, botamos o resto de allo, loureiro e pementón.

[caption id="attachment_1312" align="aligncenter" width="500" caption="Rematamos cos ingredientes"]rematamos_ingredientes[/caption]

4.- Cubrimos co vinagre e aceite, en proporcións similares (canto máis o cubra, máis tempo se conservará).

[caption id="attachment_1313" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]resultado_final[/caption]

 

13 de maio de 2012

Pizza alle Verdure con Acciuga

Fai anos mercaba unhas bases de piza da marca Buitoni que incluían no envoltorio receitas variadas para preparar unhas pizzas riquísimas. Xuntei unhas cuantas receitas distintas das que 2 ou 3 preparaba con certa frecuencia, pois eran bastante orixinais e cociñadas con ingredientes frescos e escollidos facían da pizza un prato relativamente sano e moi sabroso. (De feito, recoller receitas como esas almacenadas en anacos de papel axudaron a madurar a idea deste blogue)

A cuestión é que o outro día tiña ganas de preparar unha nova receita de pizza, e revisando as receitas atopei unha que resultou ser moi rica, e quero compartir con vos para que a probedes e a fagades cando queirades.

Ingredentes (unha pizza pequena para 2)

  • 1 base de pizza

  • 2 tomates

  • 1/2 calabacín

  • 1/2 berenxena

  • 4 anchoas en aceite

  • Aceite e sal


Preparación

[caption id="attachment_1279" align="alignnone" width="640" caption="Cortando as verduras en toros"]Cortando as verduras en toros[/caption]

  1. Cortamos as verduras en toros delgados. Estendémolas nunha fonte de forno pintada de aceite e botámoslle sal. Cociñámolas no forno a 200º durante 15 min.

    [caption id="attachment_1284" align="alignnone" width="640" caption="Verduras cortadas"]Verduras cortadas[/caption]

    [caption id="attachment_1287" align="alignnone" width="640" caption="Forneando as verduras"]Forneando as verduras[/caption]

  2. Preparamos unha sinxela salsa de anchoas pasándoas pola batidora con un pouco de aceite e pementa.

    [caption id="attachment_1288" align="alignnone" width="640" caption="As anchoas, para ser pasadas pola batidora"]As anchoas, para ser pasadas pola batidora[/caption]

  3. Una vez que as verduras están listas, se colocan sobre a masa de pizza repartíndoas uniformemente. Se aliña coa salsa de anchoas e se cociña a pizza durante 5 ou 10 min mais, dependendo do cociñada que estea a masa (a miña é de panadería e ven medio cocida).


O resultado é unha piza vexetal moi sinxela, sabrosa, suave e ¡sen queixo!

[caption id="attachment_1289" align="aligncenter" width="640" caption="Pizza alle Verdure con Aciuga"]Pizza alle Verdure con Aciuga[/caption]

30 de janeiro de 2012

Bacallau con cebola allada

Cando saco do conxelador o rico bacallau que traemos da feira de Portugal asáltame sempre a mesma pregunta: como o preparo? Temos uns lomos gordos, fermosos, e a min simplemente cocidos non me van moito, así que indaguei nos libros de cociña e fixen unha versión do "Bacallau lusitano" da Cociña de Larpeiros.

[caption id="attachment_1237" align="aligncenter" width="500" caption="Bacallau con cebola allada"]Bacallau con cebola allada[/caption]

Apetecíame ademais algo de verduriña, e topei en Pontevedra unha coliflor de aquí, con toda a súa folla, fresquiña, así que me aventurei a unha variante da allada clásica.

Ingredientes (para 3 persoas):

  • 600 grs de lomos de bacallau desalgado

  • 2 cebolas grandes

  • Fariña

  • Aceite de oliva

  • 1 cullerada grande de pementón moído doce

  • 1 bo chorro de vinagre

  • 1 coliflor

  • Patacas (opcional)

  • 3 ou 4 dentes de allo


Elaboración:

1.- Lavamos a folla da coliflor (á miña nai sempre lle gustou, e a min tamén) e partímola un pouco. Botámola en auga fervendo con sal e media cebola. Cando ferva 5 minutos, engadímoslle a flor partida en catro grandes anacos, e deixámola entre 12 e 15 minutos. (Eu non o fixen, pero pode engadirse pataca, ou fritila en vez da colilor).

[caption id="attachment_1240" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos unha cama coa coliflor"]Cama de coliflor[/caption]

Escorrémolo e facemos unha cama coa verdura e a flor ao redor nunha fonte que poida ir ao forno.

2.- Secamos os lomos de bacallau desalgado e pasámolos por fariña. .

[caption id="attachment_1241" align="aligncenter" width="500" caption="Secamos ben o bacallau"]Bacallau[/caption]

Nunha tixola con aceite ben quente, dourámolos por todos os cantos:

[caption id="attachment_1242" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos o bacallau"]fritimos[/caption]

Retirámolos sobre a cama de verdura, coa pel para abaixo, e reservamos.

[caption id="attachment_1243" align="aligncenter" width="500" caption="Reservamos o bacallau"]bacallau á fonte[/caption]

3.- No aceite de fritir o bacallau, sofritimos a cebola cortada en aros. Cando empece a abrandar, engadímoslle o allo laminado.

[caption id="attachment_1246" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritimos a cebola"]cebola[/caption]

Cando a cebola transparente, retiramos do lume. Podemos quitarlle algo de aceite. Engadimos o pementón e o vinagre, e remexemos ben.

[caption id="attachment_1247" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o pementón e o vinagre"]Pementón[/caption]

4.- Cubrimos o bacallau e a coliflor coa mestura.

[caption id="attachment_1248" align="aligncenter" width="500" caption="Cubrimos coa mestura"]Regamos [/caption]

Metemos a fonte no forno a temperatura moderada entre 10 e 15 minutos (polo grosor do meu bacallau, non lle viñan mal 20 minutiños).

[caption id="attachment_1249" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]