Nesta ocasión tocou facer o marmelo, que estamos na época.
[caption id="attachment_1334" align="aligncenter" width="500" caption="Doce de marmelo"]
[/caption]Esta receita ten moitísimas vantaxes: aproveitamos un froito que en cru non sería comestible, a cantidade adáptase aos kilos de marmelo que teñamos en cada ocasión, e pode conxelarse para que dure ata a tempada seguinte.
Na casa de Pataca Brava fanno desde hai moitos anos, pero en cantidades inxentes. Así que non vos asuste o tamaño da pota de cocción: como digo, podedes facer calquera cantidade.
Ingredientes
- 1 kg. de marmelos
- 750 gr. de azucre
- Auga
A proporción de froita e azucre mantense sempre así. Se temos 20 quilos de marmelo (pesado xa limpo, non enteiro), botaremos 15 de azucre (cunha regra de tres calcúlase estupendamente).
Elaboración
1.- O marmelo é unha froita moi dura e peluda (aínda que isto depende do que lle chova antes de apañalo).
[caption id="attachment_1335" align="aligncenter" width="500" caption="Marmelos (Cydonia oblonga)"]
[/caption]Para comezar coa receita, debemos limpalos de impurezas e pelo; non é preciso planalos.
[caption id="attachment_1336" align="aligncenter" width="150" caption="Limpamos a froita"]
[/caption]2.- Partimos as froitas en anacos cun bo coitelo. Non debemos usar a carne que queda máis pegada ao carozo, pois é moito mais dura e logo non se dá desfeito.
[caption id="attachment_1339" align="aligncenter" width="300" caption="Cortamos os marmelos"]
[/caption]Como o marmelo é tan duro, que non vos sorprenda que vos saian bochas nas mans!
Observade como os carozos non se deben aproveitar moito:
[caption id="attachment_1355" align="aligncenter" width="150" caption="Carozos"]
[/caption]Agora é cando debemos pesar a froita para calcular o azucre que precisamos.
Botámola nunha pota de dobre fondo cun dedo de auga (o mínimo, para que non se pegue, máis que nada) e a metade do azucre que lle calculamos.
[caption id="attachment_1343" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cocer"]
[/caption]Deixámolo media hora a lume lento (moi, moi lento!), tendo coidado de remexer de cando en vez para que non se pegue.
[caption id="attachment_1342" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos ferver media hora"]
[/caption]3.- Engadimos o resto do azucre e deixamos que ferva unha hora máis, a lume moi lento.
[caption id="attachment_1344" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos unha hora máis"]
[/caption]4.- Fóra do lume, batemos ben ata desfacer os anacos que quedaran. Observade que batedor armaron na casa de Pataca Brava a partir dun taladro:
[caption id="attachment_1347" align="aligncenter" width="300" caption="Batedor "made in casa""]
[/caption]Tede moito coidadiño ao bater, pois queima (e mancha) moito.
Vós podedes usar un batedor normaliño, como este:
[caption id="attachment_1348" align="aligncenter" width="150" caption="Batemos ben"]
[/caption]5.- Logo de bater, voltamos a poñelo no lume (esta vez normal) un minuto aproximadamente. Isto axuda a que colla cor.
6.- Inmediatamente (antes de que refríe) fóra do lume, enchemos os moldes que teñamos preparados (se queremos, aptos para conxelar).
[caption id="attachment_1349" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos os moldes"]
[/caption]No molde xa observaremos que de seguida vai callando. Non debemos tapalos ata que refríe de todo (para que non se forme vapor).
[caption id="attachment_1363" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]Acompañado de queixo de Arzúa é unha delicia!!!
Grazas, Cris, polas túas achegas para mellorar a redacción da receita!
ResponderExcluir