[caption id="attachment_1503" align="aligncenter" width="500" caption="Pasta con salmón e espinacas"]
[/caption]Conste que hoxe a receita non me saíu como debería, pois quedeime curta coa nata, así que resultou algo seca. Pero outra vez que a faga e me saia ben, colgarei fotos que lle fagan máis xustiza.
É un prato farturento, e rápido de facer. Eu uso salmón afumado, pero pódese cambiar por salmón fresco, engadíndolle sal (co afumado non é necesario).
Ingredientes (para 2 persoas)
- 200 gr. de pasta
- 300 gr. de salmón afumado
- 300 gr. de espinacas
- 2 ou 3 dentes de allo
- 1/2 l. de nata líquida
- 50 gr. de queixo azul
- 50 gr. de queixo relado
- Aceite de oliva e sal
Elaboración
1.- Temos que facer por separado en dúas tixolas o salmón e as espinacas. Para o peixe, non necesitamos botar nada máis (é moi graxo); simplemente, troceámolo un pouco e dámoslle voltas.
[caption id="attachment_1494" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos o salmón"]
[/caption]Cando estea ben feito, apagamos o lume e reservamos.
[caption id="attachment_1495" align="aligncenter" width="500" caption="Reservamos o salmón"]
[/caption]2.- Á parte, botamos un pouco de aceite nunha tixola e salteamos o allo fileteado.
[caption id="attachment_1496" align="aligncenter" width="500" caption="Salteamos o allo"]
[/caption]Antes de que doure de máis, engadimos as espinacas en anacos.
[caption id="attachment_1497" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos as espinacas"]
[/caption]Salteamos uns minutos, dando voltas.
3.- Imos cocendo a pasta en auga abundante con sal e un chorro de aceite, o tempo que recomende o fabricante (neste caso, fixen uns fusilli xigantes, que coceron en 12 minutos).
[caption id="attachment_1498" align="aligncenter" width="150" caption="Cocemos a pasta"]
[/caption]Escorrémola e reservámola na mesma pota, ao quente.
4.- Mesturamos o salmón e as espinacas e salteámolos xuntos dous minutos.
[caption id="attachment_1499" align="aligncenter" width="500" caption="Xuntamos salmón e espinacas"]
[/caption]5.- Botamos a nata líquida e deixamos que coza, a lume lento, uns cinco minutos.
[caption id="attachment_1506" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a nata"]
[/caption](Na foto vese menos nata da que debería levar, polo que quedou algo seco e demasiado salgado polo salmón).
[caption id="attachment_1507" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos ben"]
[/caption]Imos prendendo o forno na opción de gratinado (moita calor, só arriba).
6.- Cortamos o queixo en anacos e botámolo sobre a pasta, que se aínda está quente fundirase sen problema remexendo un pouco.
[caption id="attachment_1508" align="aligncenter" width="500" caption="Fundimos o queixo coa calor da pasta"]
[/caption](Eu non tiña queixo azul, que se desfai mellor. Boteille un asturiano semellante ao de cabrales, pero máis suave).
Dispoñemos a pasta nunha fonte para o forno.
[caption id="attachment_1509" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos nunha fonte para o forno"]
[/caption]7.- Enriba, distribuimos o mexunxe de salmón e espinacas.
[caption id="attachment_1513" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos a mestura"]
[/caption]Cubrímolo co queixo relado para gratinar.
[caption id="attachment_1512" align="aligncenter" width="500" caption="Cubrimos co queixo"]
[/caption]8.- Metemos no forno ata que toste un pouco o queixo
[caption id="attachment_1514" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]


































