17 de abril de 2014

Zamburiñas á cazola

Un entrante co que quedar estupendamente.

[caption id="attachment_1709" align="aligncenter" width="500" caption="Zamburiñas á cazola"]Zamburiñas á cazola[/caption]

Outra receita que fai a miña nai, desta vez adaptada dunhas latas de conservas que a ela lle gustan, as zamburiñas da conserveira Albo:

[caption id="attachment_1710" align="aligncenter" width="320" caption=""Zamburiñas a la cazuela" de Albo"]"Zamburiñas a la cazuela" de Albo[/caption]

Os ingredientes que constan nesta conserva son: zamburiñas, aceite de xirasol, tomate, cebola, sal e especias. Así que a miña nai fixo "súa" a receita, poñendo aceite de oliva, pemento e pementón doce e picante. Velaiquí o resultado:

Ingredientes:

  • 600 gr. de zamburiñas ou volandeiras limpas

  • 1 cebola

  • 100 gr. de tomate fritido (mellor, caseiro)

  • Pemento morrón

  • 1 culleriña (de sobremesa) colmada de pementón doce

  • 1 pizca de pementón picante (opcional)

  • Aceite de oliva

  • Sal


Elaboración

1.- Limpamos as zamburiñas, sacándolles a víscera negra e lavándoas.

[caption id="attachment_1711" align="aligncenter" width="500" caption="Limpamos as zamburiñas"]Limpamos as zamburiñas[/caption]

2.- Nun pouco aceite, sofritimos a cebola ben picadiña.

[caption id="attachment_1712" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritimos a cebola"]Sofritimos a cebola[/caption]

3.- Cando estea pasadiña, engadimos o tomate fritido (se non o temos fritido, botámolo en cru picadiño e fritímolo neste momento). Dámoslle unhas voltas.

[caption id="attachment_1713" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos o tomate"]Refogamos o tomate[/caption]

4.- Engadimos as zamburiñas e refogamos dous minutos.

[caption id="attachment_1714" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos as zamburiñas"]Refogamos as zamburiñas[/caption]

5.- Engadimos os pementóns e deixamos que se consuma o xugo que vai soltando a zamburiña (uns dez minutos).

[caption id="attachment_1719" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os pementóns"]Engadimos os pementóns[/caption]

6.- Cando estea, poñemos o pemento morrón e o sal. Refogamos uns minutos e retiramos.

[caption id="attachment_1718" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os pementos"]Engadimos os pementos[/caption]

7.- Servimos quentes.

[caption id="attachment_1717" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Nenhum comentário:

Postar um comentário