Mostrando postagens com marcador Verduras. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Verduras. Mostrar todas as postagens

12 de março de 2013

Peixe en papillote

Unha receita bastante sinxela, bastante rápida e moi sa.

[caption id="attachment_1599" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe en papillote"]Peixe en papillote[/caption]

A min non me sae con tanta arte como a Pataca Brava (e menos facéndoa a cachos e atendendo un recén nacido...), pero como el non se anima co recetario, aí vai o meu intento de imitalo. A receita foina formando seguindo indicacións do "mestre Alfredo" sobre os papillotes.


Ingredientes (para dúas persoas)

  • Peixe apropiado para papillote (sanmartiño, ollomol, sargo, alistado,...)

  • Hortalizas ao gusto (cabaciña, berenxena, cenoria, pemento, porro, champiñón,...)

  • Aceite de oliva e sal


Elaboración

1.- Nesta ocasión, empreguei dous sanmartiños pequenos. É un peixe cunha carne tersa, consistente, e moi rica.

[caption id="attachment_1602" align="aligncenter" width="500" caption="Sanmartiños"]Sanmartiños[/caption]

Eu prefiro facer filetes sen a espiña (nas pescaderías acostuman deixarche un filete con ela), polo que os fago eu na casa, con coidado.

[caption id="attachment_1603" align="aligncenter" width="150" caption="Fileteamos"]Fileteamos[/caption]

Unha vez fileteado, botámoslle sal e reservamos.

[caption id="attachment_1604" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle sal aos filetes"]Botámoslle sal aos filetes[/caption]

2.- Lavamos as hortalizas escollidas. Podemos usar as que nos apeteza, pero o porro, a cabaciña e os champiñóns quédanlle moi ben.

[caption id="attachment_1608" align="aligncenter" width="500" caption="Hortalizas varias"]Hortalizas varias[/caption]

Cortamos todas máis ou menos do mesmo tamaño, fileteadas. A cabaciña, máis fina, cortámola para poñer de fondo (a min quedoume moi grosa).

[caption id="attachment_1609" align="aligncenter" width="500" caption="Fileteamos as hortalizas"]Fileteamos as hortalizas[/caption]

3.- Nunha tixola, botamos un chorro de aceite e refogamos uns minutos a lume suave as hortalizas (menos a cabaciña).

[caption id="attachment_1612" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos as hortalizas"]Refogamos as hortalizas[/caption]

O mellor é facelas a lume lento, e que queden algo al dente, pois logo se rematan no forno (eu fíxenas demasiado). Salgamos o sofrito.

4.- Prequentamos o forno a 180º. Na bandexa do forno, facemos dúas "barcas" con papel de aluminio, elevando os catro lados. No fondo botamos un pouco de aceite de oliva, na zona central e plana.

[caption id="attachment_1617" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos o papel de aluminio"]Preparamos o papel de aluminio[/caption]

Sobre o aceite, colocamos os anacos de cabaciña, cortada finiña (non como a fixen eu).

[caption id="attachment_1618" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cabaciña"]Poñemos a cabaciña[/caption]

Sobre a cabaciña, poñemos as hortalizas.

[caption id="attachment_1621" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos as hortalizas"]Colocamos as hortalizas[/caption]

E sobre ese leito rematamos cos filetes de peixe.

[caption id="attachment_1622" align="aligncenter" width="500" caption="Por último, o peixe"]Por último, o peixe[/caption]

5.- Cortamos outros dous anacos de papel de aluminio, algo máis curtos, e pechamos con eles as "barcas", con coidado de non furalo. Procuraremos que quede abombado, para que non se toquen a tapa e o peixe.

[caption id="attachment_1623" align="aligncenter" width="500" caption="Pechamos o papillote"]Pechamos o papillote[/caption]

6.- Metemos no forno de 15 a 20 minutos, dependendo do groso do peixe. Debemos ter coidado ao abrir os paquetes porque o vapor concentrado pode queimarnos.

[caption id="attachment_1624" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

 

12 de fevereiro de 2013

Coliflor gratinada

Estamos en época de coliflor, e esta receita, como acompañamento dunha carne ou peixe, non defrauda nunca.

[caption id="attachment_1540" align="aligncenter" width="500" caption="Coliflor gratinada"]Coliflor gratinada[/caption]

A receita está sacada dunha revista dominical, da man de Martín Berasategui. Pero fíxena tantas veces, que xa me apropiei dela.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 2 cabezas de coliflor pequenas (ou brécol, cardo, acelga, pataca...)

  • 1 cebolleta

  • 1/2 l. de leite

  • 1 dl. de nata líquida

  • 1 cullerada rasa de fariña

  • Queixo relado (curado, Idiazábal,...)

  • Manteiga, aceite e sal.


Elaboración

1.- Límpase e lávase a coliflor, e córtase en poliñas.

[caption id="attachment_1545" align="aligncenter" width="500" caption="Lavamos a coliflor"]Lavamos a coliflor[/caption]

Cocémola en abundante auga con sal durante dez minutos, sen tapar a pota. Escorrémola e reservámola.

[caption id="attachment_1546" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a coliflor"]Cocemos a coliflor[/caption]

2.- Quentamos o leite xunto coa nata para facer a salsa bechamel.

[caption id="attachment_1547" align="aligncenter" width="150" caption="Leite e nata"]Leite e nata[/caption]

3.- Nunha tixola, quentamos unha culler de aceite e unha noz de manteiga. Picamos a cebolleta e sofritímola uns minutos.

[caption id="attachment_1548" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a cebolleta"]Facemos a cebolleta[/caption]

[caption id="attachment_1549" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritímola uns minutos"]Sofritímola uns minutos[/caption]

Engadimos a fariña e comezamos a darlle voltas, ata que se mesture ben coa cebolleta.

[caption id="attachment_1550" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

Pasados uns segundos, botamos o leite e a nata quentes, sen deixar de dar voltas.

[caption id="attachment_1551" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a bechamel"]Facemos a bechamel[/caption]

Engadimos un chisco de sal e deixamos ferver suavemente cinco minutos. O resultado é unha salsa máis ben líquida.

Prequentamos o forno a 200º.

4.- Cubrimos o fondo dunha fonte para o forno cun pouco de salsa bechamel.

[caption id="attachment_1552" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos salsa bechamel"]Botamos salsa bechamel[/caption]

Sobre ela, poñemos a coliflor.

[caption id="attachment_1553" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a coliflor"]Poñemos a coliflor[/caption]

Cubrímola coa bechamel sobrante.

[caption id="attachment_1556" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o resto da salsa"]Engadimos o resto da salsa[/caption]

E espolvoreámolo co queixo relado.

[caption id="attachment_1557" align="aligncenter" width="500" caption="Espolvoreamos co queixo"]Espolvoreamos co queixo[/caption]

Metemos no forno e gratinamos.

[caption id="attachment_1558" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

25 de janeiro de 2013

Pasta con salmón e espinacas

Esta receita sacouna Pataca Brava dunha amiga. A combinación de espinacas e salmón é moi frecuente, tanto con pasta como en pizza.

[caption id="attachment_1503" align="aligncenter" width="500" caption="Pasta con salmón e espinacas"]Pasta con salmón e espinacas[/caption]

Conste que hoxe a receita non me saíu como debería, pois quedeime curta coa nata, así que resultou algo seca. Pero outra vez que a faga e me saia ben, colgarei fotos que lle fagan máis xustiza.

É un prato farturento, e rápido de facer. Eu uso salmón afumado, pero pódese cambiar por salmón fresco, engadíndolle sal (co afumado non é necesario).

Ingredientes (para 2 persoas)

  • 200 gr. de pasta

  • 300 gr. de salmón afumado

  • 300 gr. de espinacas

  • 2 ou 3 dentes de allo

  • 1/2 l. de nata líquida

  • 50 gr. de queixo azul

  • 50 gr. de queixo relado

  • Aceite de oliva e sal


Elaboración

1.- Temos que facer por separado en dúas tixolas o salmón e as espinacas. Para o peixe, non necesitamos botar nada máis (é moi graxo); simplemente, troceámolo un pouco e dámoslle voltas.

[caption id="attachment_1494" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos o salmón"]Pasamos o salmón[/caption]

Cando estea ben feito, apagamos o lume e reservamos.

[caption id="attachment_1495" align="aligncenter" width="500" caption="Reservamos o salmón"]Reservamos o salmón[/caption]

2.- Á parte, botamos un pouco de aceite nunha tixola e salteamos o allo fileteado.

[caption id="attachment_1496" align="aligncenter" width="500" caption="Salteamos o allo"]Salteamos o allo[/caption]

Antes de que doure de máis, engadimos as espinacas en anacos.

[caption id="attachment_1497" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos as espinacas"]Botamos as espinacas[/caption]

Salteamos uns minutos, dando voltas.

3.- Imos cocendo a pasta en auga abundante con sal e un chorro de aceite, o tempo que recomende o fabricante (neste caso, fixen uns fusilli xigantes, que coceron en 12 minutos).

[caption id="attachment_1498" align="aligncenter" width="150" caption="Cocemos a pasta"]Cocemos a pasta[/caption]

Escorrémola e reservámola na mesma pota, ao quente.

4.- Mesturamos o salmón e as espinacas e salteámolos xuntos dous minutos.

[caption id="attachment_1499" align="aligncenter" width="500" caption="Xuntamos salmón e espinacas"]Xuntamos salmón e espinacas[/caption]

5.- Botamos a nata líquida e deixamos que coza, a lume lento, uns cinco minutos.

[caption id="attachment_1506" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a nata"]Engadimos a nata[/caption]

(Na foto vese menos nata da que debería levar, polo que quedou algo seco e demasiado salgado polo salmón).

[caption id="attachment_1507" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos ben"]Cocemos ben[/caption]

Imos prendendo o forno na opción de gratinado (moita calor, só arriba).

6.- Cortamos o queixo en anacos e botámolo sobre a pasta, que se aínda está quente fundirase sen problema remexendo un pouco.

[caption id="attachment_1508" align="aligncenter" width="500" caption="Fundimos o queixo coa calor da pasta"]Fundimos o queixo coa calor da pasta[/caption]

(Eu non tiña queixo azul, que se desfai mellor. Boteille un asturiano semellante ao de cabrales, pero máis suave).

Dispoñemos a pasta nunha fonte para o forno.

[caption id="attachment_1509" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos nunha fonte para o forno"]Preparamos nunha fonte para o forno[/caption]

7.- Enriba, distribuimos o mexunxe de salmón e espinacas.

[caption id="attachment_1513" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos a mestura"]Botamos a mestura[/caption]

Cubrímolo co queixo relado para gratinar.

[caption id="attachment_1512" align="aligncenter" width="500" caption="Cubrimos co queixo"]Cubrimos co queixo[/caption]

8.- Metemos no forno ata que toste un pouco o queixo

[caption id="attachment_1514" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

11 de janeiro de 2013

Empanada vexetal de hoxaldre

Esta receita pasoulla unha amiga a Pataca Brava, e vén ben cando está farto/a un de carne e non toca peixe.

[caption id="attachment_1440" align="aligncenter" width="500" caption="Empanada vexetal de hoxaldre"]Empanada vexetal de hoxaldre[/caption]

Non pensaba colgala, pero como non atopei na rede ningunha semellante, penso que a alguén lle pode apetecer facela. Conste que a fixen a correr e coa nena tocando a zoca, así que non me quedou estupenda, como debería ser.

Pódese tomar quente, pero recomendo que estea morna ou incluso fría, pois gaña moito. Incluso ao día seguinte, está boa.

Ingredientes (para 4 persoas)

 

  • 1 kg. de masa de hoxaldre (eu usei dúas masas do Lidl)

  • 350 gr. de champiñóns

  • 1 calabacín mediano

  • 1 berenxena pequena

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • 2 ovos

  • Nata líquida

  • Sal e aceite


Elaboración


1.- Cortamos en láminas os allos e os champiñóns. Póchanse nunha tixola cun chisco de aceite a lume lento.

[caption id="attachment_1441" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos os champiñóns"]Facemos os champiñóns [/caption]

2.- Laminamos tamén a cebola e mailo calabacín, e pochámolos noutra tixola.

[caption id="attachment_1442" align="aligncenter" width="500" caption="Á parte, pochamos a cebola e o calabacín"]Á parte, pochamos a cebola e o calabacín[/caption]

Cando estea medio feito, engádeselle a berenxena, pelada e laminada.

[caption id="attachment_1443" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a berenxena"]Engadimos a berenxena[/caption]

3.- Cando estean, mestúrase todo nunha soa tixola e déixase a lume lento outros 2 ou 3 minutos máis, e sálgase.

[caption id="attachment_1444" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos todo e salgamos"]Mesturamos todo e salgamos[/caption]

4.- Retírase do lume, escórreselle o aceite e déixase enfriar un pouco (eu non lle din tempo...).

5.- Dividimos en dous anacos a masa (ou usamos unha delas), estirámola e nunha empanadeira do forno poñemos sobre papel especial a primeira capa. Prequentamos o forno a 180º.
6.- Pónselle a saragallada de verduras, deixando limpo un centímetro ao redor.


[caption id="attachment_1445" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a saragallada"]Engadimos a saragallada[/caption]

Bátese un ovo e bótaselle por enriba, así coma un bo chorro de nata líquida.

[caption id="attachment_1446" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos ovo e nata"]Botamos ovo e nata[/caption]

7.- Estírase a outra capa de masa, cúbrese a empanada e péchase polas beiras. Cunha pouca masa que me sobraba nos extremos, fixen uns pauciños de adorno.

[caption id="attachment_1449" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a outra masa"]Poñemos a outra masa[/caption]

Píntase co outro ovo, pínchase cun garfo para que non inche (eu esquecinme) e metémola no forno.

[caption id="attachment_1450" align="aligncenter" width="500" caption="Pintamos co ovo"]Pintamos co ovo[/caption]

Farémola no forno unha media hora, ata que doure ben.

[caption id="attachment_1453" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

Normal
0

false
false
false

GL
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

1 kg. de masa de hoxaldre (eu usei dúas masas do Lidl)


350 gr. de champiñóns


1 calabacín mediano


1 berenxena pequena


1 cebola


2 dentes de allo


2 ovos


Nata líquida


Sal e aceite


 

 

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin-top:0cm;
mso-para-margin-right:0cm;
mso-para-margin-bottom:10.0pt;
mso-para-margin-left:0cm;
line-height:115%;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:"Calibri","sans-serif";
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;
mso-ansi-language:ES-TRAD;
mso-fareast-language:EN-US;}