[caption id="attachment_1412" align="aligncenter" width="500" caption=""Ghisote""]
[/caption]Agora que os porcos xa están no sal, presentamos esta receita para facer con carne salgada. Nesta ocasión fixémola con ósos de xoán (espinazo, en castelán) e unlla, pero teño ganas de facela con costela, máis que nada porque o guiso quedou cheíño de pequenos ósos que me incordiaron un pouco ao comer (iso si, a carne é moi rica).
Ingredientes (para 2 persoas)
- 800 gr. de carne salgada
- 200 gr. de garavanzos
- 100 gr. de pasta ("tiburóns")
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- Pementón doce
- Colorante
- Aceite de oliva
Elaboración
1.- Cunhas horas de antelación, deixamos os garavanzos a inchar en auga (por exemplo, da mañá ao mediodía). Antes de cociñalos, escorrémolos.
[caption id="attachment_1419" align="aligncenter" width="150" caption="Garavanzos"]
[/caption]2.- Sofritimos a cebola picadiña e o allo nunha pota.
[caption id="attachment_1415" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a cebola e o allo"]
[/caption]3.- Unha vez desalgada a carne, lavámola ben e escorrémola.
[caption id="attachment_1409" align="aligncenter" width="500" caption="Carne salgada de porco"]
[/caption]Botámola na pota coa cebola e o allo e refogámola uns minutos.
[caption id="attachment_1416" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos un pouco a carne"]
[/caption]4.- Cubrimos de auga e deixamos cocer 20 minutos (depende do tipo de carne; a unlla, por exemplo, precisa máis tempo). Eu fíxena 10' na ola rápida.
[caption id="attachment_1420" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a carne"]
[/caption]5.- Engadimos os garavanzos e cocemos 30' máis (a metade na ola rápida).
[caption id="attachment_1421" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os garavanzos"]
[/caption]6.- Botamos unha culleriña de pementón doce e o colorante. Neste intre tamén boatariamos o sal, pero seguramente non lle faga falta (a carne salga moito).
[caption id="attachment_1426" align="aligncenter" width="500" caption="Pementón e colorante"]
[/caption]7.- Remexemos e engadimos a pasta.
[caption id="attachment_1427" align="aligncenter" width="500" caption="Finalmente, engadimos a pasta"]
[/caption]Deixamos cocer 10 minutos máis e retiramos do lume.
[caption id="attachment_1428" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a pasta"]
[/caption][caption id="attachment_1429" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]