11 de janeiro de 2013

Guiso de pasta e garavanzos

Na casa de Pataca Brava gostan moito deste prato, que denominan "ghisote". A receita vén de vello, pois xa a facía a súa avoa.

[caption id="attachment_1412" align="aligncenter" width="500" caption=""Ghisote""]"Ghisote"[/caption]

Agora que os porcos xa están no sal, presentamos esta receita para facer con carne salgada. Nesta ocasión fixémola con ósos de xoán (espinazo, en castelán) e unlla, pero teño ganas de facela con costela, máis que nada porque o guiso quedou cheíño de pequenos ósos que me incordiaron un pouco ao comer  (iso si, a carne é moi rica).

Ingredientes (para 2 persoas)

  • 800 gr. de carne salgada

  • 200 gr. de garavanzos

  • 100 gr. de pasta ("tiburóns")

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • Pementón doce

  • Colorante

  • Aceite de oliva


Elaboración

1.- Cunhas horas de antelación, deixamos os garavanzos a inchar en auga (por exemplo, da mañá ao mediodía). Antes de cociñalos, escorrémolos.

[caption id="attachment_1419" align="aligncenter" width="150" caption="Garavanzos"]Garavanzos[/caption]

2.- Sofritimos a cebola picadiña e o allo nunha pota.

[caption id="attachment_1415" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a cebola e o allo"]Facemos a cebola e o allo[/caption]

3.- Unha vez desalgada a carne, lavámola ben e escorrémola.

[caption id="attachment_1409" align="aligncenter" width="500" caption="Carne salgada de porco"]Carne salgada de porco[/caption]

Botámola na pota coa cebola e o allo e refogámola uns minutos.

[caption id="attachment_1416" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos un pouco a carne"]Pasamos un pouco a carne[/caption]

4.- Cubrimos de auga e deixamos cocer 20 minutos (depende do tipo de carne; a unlla, por exemplo, precisa máis tempo). Eu fíxena 10' na ola rápida.

[caption id="attachment_1420" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a carne"]Cocemos a carne[/caption]

5.- Engadimos os garavanzos e cocemos 30' máis (a metade na ola rápida).

[caption id="attachment_1421" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os garavanzos"]Engadimos os garavanzos[/caption]

6.- Botamos unha culleriña de pementón doce e o colorante. Neste intre tamén boatariamos o sal, pero seguramente non lle faga falta (a carne salga moito).

[caption id="attachment_1426" align="aligncenter" width="500" caption="Pementón e colorante"]Pementón e colorante[/caption]

7.- Remexemos e engadimos a pasta.

[caption id="attachment_1427" align="aligncenter" width="500" caption="Finalmente, engadimos a pasta"]Finalmente, engadimos a pasta[/caption]

Deixamos cocer 10 minutos máis e retiramos do lume.

[caption id="attachment_1428" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a pasta"]Cocemos a pasta[/caption]

[caption id="attachment_1429" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

Nenhum comentário:

Postar um comentário