8 de novembro de 2012

Richada

Comeza a tempada de carne, carne e máis carne! E como apetece, verdade? Esta receita fana na casa dos sogros. É rápida e sinxela.


[caption id="attachment_1374" align="aligncenter" width="500" caption="Richada"]Richada[/caption]

O meu sogro é catador nato, e nalgún restaurante (se cadra por Forcarei) probou esta receita e o seu padal culinario detectou os ingredientes. Se cadra non é exacta, pero queda rica, rica. Iso si, feita polas mans da señora da casa!

Ingredientes (para 4 persoas)

  •  1 kg. de carne de tenreira branda

  • 1 cebola ben grande

  • 2 dentes de allo

  • ½ vaso de viño branco

  • Pementón doce

  • Pementón picante (opcional)

  • Sal e aceite de oliva

  • Patacas para cocer (acompañamento)


Elaboración

1.-Cortamos as patacas en anacos grandes, cravando o coitelo ata a metade e rachándoa despois, para que ao cocer se desfagan un chisco.

[caption id="attachment_1382" align="aligncenter" width="500" caption="Patacas "rachadas""]Patacas "rachadas"[/caption]

Cocémolas con sal (o tempo dependerá do tipo de pataca; estas, en 15' estaban listas).

2.- Cortamos a carne en cadrados e salgámola. Reservámola un intre.

[caption id="attachment_1378" align="aligncenter" width="500" caption="Carne de tenreira"]Carne de tenreira[/caption]

3.- Cortamos en xuliana a cebola e o allo.

[caption id="attachment_1377" align="aligncenter" width="500" caption="Cebola e allo"]Cebola e allo[/caption]

Nunha pota baixa ou nunha tixola, con dous xenerosos dedos de aceite, ímolo refogando a lume forte. Procuramos remexer de maneira asidua durante todo o proceso.

[caption id="attachment_1381" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos a cebola e o allo"]Refogamos a cebola e o allo[/caption]

4.- Cando leve un minuto, engadimos xa a carne, remexendo de cando en vez.

[caption id="attachment_1385" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a carne"]Engadimos a carne[/caption]

5.- Aos cinco minutos, engadímoslle o viño, seguindo co lume forte. Deixamos uns dez minutos máis, ata que se consuma o líquido.

[caption id="attachment_1386" align="aligncenter" width="500" caption="Con lume forte, deixamos que reduza"]Con lume forte, deixamos que reduza[/caption]

6.- Logo dese tempo, botámoslle dúas culleres rasas de pementón doce e, se queremos, un chisco de picante.

[caption id="attachment_1387" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos o pementón"]Botamos o pementón[/caption]

Remexemos e retiramos do lume.

[caption id="attachment_1388" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Servimos acompañado das patacas cocidas.

[caption id="attachment_1389" align="aligncenter" width="500" caption="Animádevos coa richada!"]Animádevos coa richada![/caption]

Nenhum comentário:

Postar um comentário