Mostrando postagens com marcador Doces e postres. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Doces e postres. Mostrar todas as postagens

21 de fevereiro de 2013

"Torrijas"

Logo do "pudrin", vai a outra receita da miña nai para aproveitar pan reseso.

[caption id="attachment_1571" align="aligncenter" width="500" caption=""Torrijas""]"Torrijas"[/caption]

Trátase dunha sobremesa sinxela e bastante rápida de facer.

Aínda que se aproveite o pan, o certo é que se gasta bastante leite e ovo. A miña nai nolas facía en calquera época do ano (non especialmente polo Entroido ou Semana Santa), para darlle saída a algunha barra de pan que sobrara ou aos ovos, na época en que estes abundan.

[caption id="attachment_1587" align="aligncenter" width="300" caption=""Torrijas" de leite"]"Torrijas" de leite[/caption]

Hai quen a esta receita lle engade un licor, pero a miña nai nunca foi amiga das sobremesas con alcohol, e eu comparto ese gusto, así que só levan leite, ideais para as criaturas.

Ingredientes:

  • 16 rebandas de pan de barra reseso

  • 1/2 l. de leite

  • 100 gr. de azucre

  • 1 limón

  • 1 póla de canela

  • 5 ovos

  • 1 culler rasa de canela en pó

  • Aceite de xirasol


Elaboración

1.- Quentamos nunha pota o leite, 50 gr. de azucre, a póla de canela e a tona do limón.

[caption id="attachment_1572" align="aligncenter" width="500" caption="Quentamos o leite"]Quentamos o leite[/caption]

Cando comece a ferver retiramos do lume e deixamos que refríe un pouco (se non, desfarase moito o pan ao mollalo). Botámolo nun recipente baixo que sexa máis cómodo para remollar o pan despois, xa sen a canela e o limón.

2.- Cortamos o pan en rebandas de máis dun dedo de ancho.

[caption id="attachment_1573" align="aligncenter" width="150" caption="Cortamos o pan"]Cortamos o pan[/caption]

3.- Poñemos ao lume unha tixola con abundante aceite (o de xirasol é máis lixeiro). Imos enchoupando no leite o pan con coidado, polos dous lados. O pan pode estar máis ou menos duro, dependendo dos días que teña. Eu usei unha barra do día anterior, así que estaba máis ben branda, e non a mollei demasiado para que non rompera.

[caption id="attachment_1576" align="aligncenter" width="500" caption="Mollamos o pan no leite"]Mollamos o pan no leite[/caption]

Inmediatamente, deixámolo escorrendo o leite sobrante.

[caption id="attachment_1577" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a escorrer"]Poñemos a escorrer[/caption]

4.- Batemos os ovos, e collendo con coidado para que non rompan, mollamos as rebandas de pan polos dous lados.

[caption id="attachment_1578" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos polo ovo"]Pasamos polo ovo[/caption]

Fritimos a lume medio polos dous lados, e imos poñendo nunha fonte con papel absorbente.

[caption id="attachment_1579" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as rebandas"]Fritimos as rebandas[/caption]

5.- Mesturamos os 50 gr. de azucre coa canela en pó, e espolvoreamos as torrijas.

[caption id="attachment_1580" align="aligncenter" width="150" caption="Azucre e canela"]Azucre e canela[/caption]

 

[caption id="attachment_1581" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

14 de janeiro de 2013

Pudin

A miña nai, cando acumula pan reseso, fai torrijas (se o pan é de barra) ou pudin (se o pan é de bola).

[caption id="attachment_1465" align="aligncenter" width="500" caption="Pudin"]Pudin[/caption]

Cando chegabamos con el ao Burgo, de estudantes en Compostela, era un postre moi ben acollido, que recibiu o nome de "pudrin". A miña nai nunca o fai dúas veces igual, botando os ingredientes a ollo, e unhas veces con froitos secos, outras sen eles, outras con pasas... Pero a base vén sendo esta.

Ingredientes

  • 350 gr. pan reseso

  • 1/2 l. leite

  • 30 gr. manteiga

  • 150 gr. azucre

  • 5 ovos

  • 1  culleriña postre de levadura en pó

  • Reladura de limón

  • Froitos secos, piñóns, pasas... (opcional)


Elaboración

1.- Collemos o pan reseso e desfacémolo en anacos. Reservamos.

[caption id="attachment_1470" align="aligncenter" width="500" caption="Pan reseso"]Pan reseso[/caption]

2.-Nunha pota, quentamos (sen que ferva) o leite coa mantequilla, ata que esta se desfaga.

[caption id="attachment_1471" align="aligncenter" width="500" caption="Quentamos o leite coa mantequilla"]Quentamos o leite coa mantequilla[/caption]

Apagado o lume, esgadimos o azucre e mesturamos ben.

3.- Neste líquido imos incorporando o pan desfeito.

[caption id="attachment_1472" align="aligncenter" width="500" caption="Incorporamos o pan"]Incorporamos o pan[/caption]

Mesturamos ben. Imos prequentando o forno a 220º.

[caption id="attachment_1473" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos"]Mesturamos[/caption]

4.- Batemos os ovos, e incorporámosllos. Relamos un pouco de tona dun limón e engadímola.

[caption id="attachment_1476" align="aligncenter" width="500" caption="Reladura de limón"]Reladura de limón[/caption]

5.- Mesturamos ben e engadimos, se queremos, as pasas (como nesta ocasión), os froitos secos, ...

[caption id="attachment_1477" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos todo"]Mesturamos todo[/caption]

6.- Nun molde rectangular para o forno, untamos un pouco de manteiga polo fondo e cantos.

[caption id="attachment_1478" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos o molde"]Preparamos o molde[/caption]

Botamos a mestura nel, repartíndoa ben.

[caption id="attachment_1479" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos a mestura"]Botamos a mestura[/caption]

7.- Metemos no forno unha media hora.

[caption id="attachment_1481" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

[caption id="attachment_1480" align="aligncenter" width="500" caption=""Pudrin""]"Pudrin"[/caption]

 

10 de setembro de 2012

Marmelo

Nesta ocasión tocou facer o marmelo, que estamos na época.




[caption id="attachment_1334" align="aligncenter" width="500" caption="Doce de marmelo"]marmelo[/caption]

Esta receita ten moitísimas vantaxes: aproveitamos un froito que en cru non sería comestible, a cantidade adáptase aos kilos de marmelo que teñamos en cada ocasión, e pode conxelarse para que dure ata a tempada seguinte.

Na casa de Pataca Brava fanno desde hai moitos anos, pero en cantidades inxentes. Así que non vos asuste o tamaño da pota de cocción: como digo, podedes facer calquera cantidade.

Ingredientes

  • 1 kg. de marmelos

  • 750 gr. de azucre

  • Auga


A proporción de froita e azucre mantense sempre así. Se temos 20 quilos de marmelo (pesado xa limpo, non enteiro), botaremos 15 de azucre (cunha regra de tres calcúlase estupendamente).



Elaboración


1.- O marmelo é unha froita moi dura e peluda (aínda que isto depende do que lle chova antes de apañalo).

[caption id="attachment_1335" align="aligncenter" width="500" caption="Marmelos (Cydonia oblonga)"]marmelos [/caption]

Para comezar coa receita, debemos limpalos de impurezas e pelo; non é preciso planalos.

[caption id="attachment_1336" align="aligncenter" width="150" caption="Limpamos a froita"]limpar[/caption]

2.- Partimos as froitas en anacos cun bo coitelo. Non debemos usar a carne que queda máis pegada ao carozo, pois é moito mais dura e logo non se dá desfeito.

[caption id="attachment_1339" align="aligncenter" width="300" caption="Cortamos os marmelos"]cortar[/caption]

Como o marmelo é tan duro, que non vos sorprenda que vos saian bochas nas mans!

Observade como os carozos non se deben aproveitar moito:

[caption id="attachment_1355" align="aligncenter" width="150" caption="Carozos"]Carozos[/caption]

Agora é cando debemos pesar a froita para calcular o azucre que precisamos.

Botámola nunha pota de dobre fondo cun dedo de auga (o mínimo, para que non se pegue, máis que nada) e a metade do azucre que lle calculamos.

[caption id="attachment_1343" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cocer"]poñemos_cocer[/caption]

Deixámolo media hora a lume lento (moi, moi lento!), tendo coidado de remexer de cando en vez para que non se pegue.

[caption id="attachment_1342" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos ferver media hora"]media_hora[/caption]

3.- Engadimos o resto do azucre e deixamos que ferva unha hora máis, a lume moi lento.

[caption id="attachment_1344" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos unha hora máis"]hora_mais[/caption]

4.- Fóra do lume, batemos ben ata desfacer os anacos que quedaran. Observade que batedor armaron na casa de Pataca Brava a partir dun taladro:

[caption id="attachment_1347" align="aligncenter" width="300" caption="Batedor "made in casa""]batedor[/caption]

Tede moito coidadiño ao bater, pois queima (e mancha) moito.

Vós podedes usar un batedor normaliño, como este:

[caption id="attachment_1348" align="aligncenter" width="150" caption="Batemos ben"]batemos_ben[/caption]

5.- Logo de bater, voltamos a poñelo no lume (esta vez normal) un minuto aproximadamente. Isto axuda a que colla cor.

6.- Inmediatamente (antes de que refríe) fóra do lume, enchemos os moldes que teñamos preparados (se queremos, aptos para conxelar).

[caption id="attachment_1349" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos os moldes"]Enchemos os moldes[/caption]

No molde xa observaremos que de seguida vai callando. Non debemos tapalos ata que refríe de todo (para que non se forme vapor).

[caption id="attachment_1363" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Acompañado de queixo de Arzúa é unha delicia!!!

12 de fevereiro de 2011

Bica

Unha amiga pasoulle esta receita a Cachelo, e el a min. Gústanme as bicas todas, aínda que teño que recoñecer que como as de Trives e Castro Caldelas non hai (cando chas venden fresquiñas, claro).



[caption id="attachment_901" align="aligncenter" width="500" caption="Bica"] Bica[/caption]

Penso que as tradicionais están máis cargadas de manteiga, e esta é máis lixeira. Fágoa hoxe para compracer a unha cuñada moi "ghulicheira".



Ingredientes

  • 150 gr. de manteiga de vaca ou mantequilla

  • 200 ml. de nata líquida

  • 3 ovos

  • 300 gr. de azucre

  • 300 gr. de fariña

  • 1 sobre de levadura Royal




Elaboración:

1.- Derrétese a manteiga, e bátese coa nata, o azucre e os ovos.

[caption id="attachment_945" align="alignleft" width="150" caption="Derrétese a manteiga..."]Derrétese a manteiga...[/caption]

[caption id="attachment_946" align="alignright" width="150" caption="... e imos mesturando"]... e imos mesturando[/caption]

[caption id="attachment_947" align="aligncenter" width="500" caption="Batemos ben"]Batemos ben[/caption]

2.- Tamízase a fariña, e incorpórase á mestura coa levadura.

[caption id="attachment_948" align="alignleft" width="150" caption="Fariña tamizada"]Fariña tamizada[/caption]

[caption id="attachment_949" align="alignright" width="150" caption="Incorporamos a fariña"]Incorporamos a fariña[/caption]

[caption id="attachment_950" align="aligncenter" width="500" caption="Resulta unha masa ben espesa"]Resulta unha masa ben espesa[/caption]

3.- Enmantécase un molde rectangular para o forno e enfaríñase.

[caption id="attachment_953" align="aligncenter" width="150" caption="Molde rectangular"]Molde rectangular[/caption]

4.- Botamos a masa no molde, alisámola e engadíndolle unha capa fina de azucre para que forme unha costra.

[caption id="attachment_954" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos a masa no molde..."]Botamos a masa no molde...[/caption]

[caption id="attachment_955" align="aligncenter" width="500" caption="...alisámola e botamos azucre"]...alisámola e botamos azucre[/caption]

5.- Préndese o forno 8 minutos a 250º.

6.- Metemos o molde no forno media hora máis ou menos a 200º.

[caption id="attachment_956" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

7.- Desmóldase.

[caption id="attachment_957" align="aligncenter" width="500" caption="Queredes a proba?"]Queredes a proba?[/caption]

3 de dezembro de 2010

Profiteroles

Esta receita fágoa desde hai anos. Está sacada dun libro de cociña para nenos/as, do que fotocopiara as receitas que mellor pinta me tiñan.

[caption id="attachment_614" align="aligncenter" width="300" caption="Profiteroles"]Profiteroles[/caption]

Esta é moi sinxela de facer, e a verdade é que che deixa quedar moi, pero que moi ben. Acostumo facer uns recheos de nata e outros de crema, para que haxa do gusto de todos/as.

Ingredientes:

  • 150 gr. de fariña

  • 250 ml. de auga

  • ¾ culleriña de sal

  • 100 gr. de manteiga

  • 5 ovos


Elaboración:

1.- Tamizamos a fariña e reservámola. Prequentamos o forno a 200º e botamos manteiga na súa bandexa.

2.- Quentamos a lume lento a auga, o sal e a manteiga.

[caption id="attachment_616" align="aligncenter" width="300" caption="Desfacemos a manteiga"]Desfacemos a manteiga[/caption]

Cando faga burbullas, retiramos a pota do lume e botamos dun golpe a fariña tamizada. Batemos fortemente ata que se separe das paredes da pota. Deixamos enfriar un par de minutos.

[caption id="attachment_617" align="aligncenter" width="300" caption="Facemos a masa"]Facemos a masa[/caption]

3.- Engadímoslle 4 dos ovos batidos pouco a pouco, ata que a masa fique suave e brillante.

[caption id="attachment_618" align="alignleft" width="300" caption="Botámoslle os ovos..."]Botámoslle os ovos...[/caption]

[caption id="attachment_619" align="alignright" width="300" caption="... e remexemos ben "]... e remexemos ben [/caption]

4.- Metemos a masa nunha manga pasteleira e formamos as figuras desexadas na bandexa do forno (bocadiños, paliños,...).

[caption id="attachment_621" align="alignleft" width="300" caption="Na bandexa do forno..."]Na bandexa do forno...[/caption]

[caption id="attachment_622" align="alignright" width="300" caption="... facemos as formas desexadas"]... facemos as formas desexadas[/caption]

Pintámolas co ovo batido que queda.

[caption id="attachment_624" align="aligncenter" width="300" caption="Pintámolas con ovo"]Pintámolas con ovo[/caption]

5.- Forneamos de 20 a 25 minutos, ata que douren.

[caption id="attachment_625" align="aligncenter" width="300" caption="Forneamos"]Forneamos[/caption]

6.- Sacámolos a unha fonte, e facémoslle un corte para poder abrilos e así enchelos.

[caption id="attachment_636" align="aligncenter" width="300" caption="Facémoslle un corte"]Facémoslle un corte[/caption]

7.- Para os recheos: facemos nata montada con azucre e crema pasteleira. Para facer esta, sigo a receita de Pasascontodo:

Crema pasteleira: a cantidade é xusta para encher a metade dos profiteroles, polo que se os facemos todos de crema, teriamos que duplicar as cantidades. Eu fíxena en primeiro lugar para que estivera fría cando enchera os profiteroles.


Ingredientes:

  • 1/2 l. de leite

  • 100 gr. de azucre

  • 40 gr. de maizena

  • 2 ovos

  • 1 póla de canela (opcional)

  • A tona dun limón (opcional)


Elaboración:

a) Quentamos o leite, reservando un vaso frío (no leite podemos botar a canela e a tona de limón, para que lle dean sabor).

b) Nun bol, mesturamos a maizena e o azucre. Imos incorporando o leite frío sen deixar de remexer cunha barilla.

c) Incorporamos os ovos e seguimos remexendo.

[caption id="attachment_632" align="aligncenter" width="300" caption="Remexemos ben"]Remexemos ben[/caption]

d) Engadímoslle o leite quente e poñemos ao lume normal, dándolle voltas continuamente coa barilla (se queremos, cunha culler de pao apoiada na tona de limón). Retiramos do lume cando espese.

[caption id="attachment_633" align="aligncenter" width="300" caption="A crema vai espesando"]A crema vai espesando[/caption]

8.- Enchemos os profiteroles cos recheos.

[caption id="attachment_637" align="aligncenter" width="300" caption="Enchemos de nata e crema"]Enchemos de nata e crema[/caption]

9.- Para a capa de chocolate:

Aquí varío algo as cantidades, pois na receita orixinal engadía 100 gr. de azucre glacé, quedando o chocolate demasiado doce. Redúzolle, pois, ese ingrediente, e duplico a cantidade de auga, para que non quede tan espeso. A ver que tal...

Ingredientes:

  • 100 gr. de chocolate

  • 30 gr. de azucre glacé

  • 25 gr. de manteiga

  • 6 culleradas de auga


Elaboración:

a) Partimos o chocolate e derretémolo a lume lento coa manteiga.

[caption id="attachment_627" align="aligncenter" width="300" caption="Mesturamos"]Mesturamos[/caption]

b) Botamos a auga, afastámolo do lume, tamizámoslle o azucre e remexemos ben.

[caption id="attachment_626" align="aligncenter" width="300" caption="Preparamos o chocolate"]Preparamos o chocolate[/caption]

10.- Coa axuda dunha manga pasteleira, cubrimos os profiteroles xa recheos.

[caption id="attachment_628" align="aligncenter" width="300" caption="Adornamos co chocolate"]Adornamos co chocolate[/caption]

E gardámolos no frío ata comelos.

[caption id="attachment_629" align="alignleft" width="300" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

[caption id="attachment_638" align="alignright" width="300" caption="Mmmmmmmmmmmmmm!!!!"]Mmmmmmmmmmmmmm!!!![/caption]