[caption id="attachment_279" align="aligncenter" width="300" caption="Arroz con bacallau"]
[/caption]É unha receita sinxela que serve para aproveitar os toros de bacallau "mal feitos".
Ingredientes (para 2 persoas):
- 1 cebola pequena
- 1/2 pemento verde
- 1 tomate pequeno e maduro
- 400 gr. de bacallau desalgado (ou sexa, un bo toro)
- 1 cunca de arroz
- 1 culleriña de pementón doce
- 2 cuncas de fumet de peixe
- Aceite de oliva
Elaboración:
1.- Desmigamos o bacallau, tendo coidado de non deixar ningunha espiña.
[caption id="attachment_264" align="aligncenter" width="300" caption="Desfacemos o bacallau"]
[/caption]2.- Á parte, se non temos caldo de peixe facemos un fumet coas hortalizas que nos apeteza (porro, cebola, pemento, cenoria,...), restos de peixe e abundante auga fría a lume forte.
[caption id="attachment_267" align="alignright" width="300" caption="Eliminamos a escuma que se forma na superficie"]
[/caption][caption id="attachment_272" align="alignleft" width="300" caption="Fumet de peixe"]
[/caption]Imos eliminando a escuma que se vai formando na superficie. Cando ferva, engadímoslle un vaso de viño branco seco e deixamos só 5' máis (baixando o lume), apagamos e reservamos. Para usalo, coámolo cunha tea e o que nos sobre, conxelámolo en porcións para outras ocasións.
3.- Facemos un refrito coa cebola e o pemento, ben picadiños. Cando vaia estando, podemos engadir o tomate, tamén picadiño e sen tona nin sementes.
[caption id="attachment_265" align="aligncenter" width="300" caption="Refrito"]
[/caption]4.- Engadimos o bacallau e dámoslle unhas voltas.
[caption id="attachment_275" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos o bacallau"]
[/caption]5.- Botamos o arroz, que tamén refogaremos un pouco. Logo, o pementón e o caldo, deixando que ferva todo a lume lento.
[caption id="attachment_277" align="aligncenter" width="300" caption="Deixamos de 15 a 20'"]
[/caption]6.- Antes de que a auga se consuma, probámoslle o sal. Polo sal do bacallau, xeralmente non é necesario engadirlle nada. Deixamos que repouse uns minutos, e servimos.

Unha das recomendacións interesantes para o fumet (aprendida do Maestro Alfredo) é a de dourar as verduras e restos de peixe un par de minutos, con aceite de allo, antes de poñelas a cocer na auga.
ResponderExcluir