[caption id="attachment_750" align="aligncenter" width="500" caption="Calabacín recheo de verduras"]
[/caption]Acostumo facela cando me sobra un pouco de arroz con carne doutra comida, e sei que busquei por libros de receitas e na internet, e supoño que fixen unha mestura adaptada ao meu gusto. A ver se vos agrada!
Ingredientes (para 2 persoas)
- 2 calabacíns
- 1 cebola
- 3 tomates maduros
- 1 cunquiña de arroz
- 1 dente de allo
- 100 gr. de carne picada
- Verduras ao gusto: cogumelos, pencas de acelgas, pemento, espinacas, berenxena,...
[caption id="attachment_751" align="aligncenter" width="150" caption="Verduras ao gusto"]
[/caption]- Queixo para gratinar ou de barra
- Sal e aceite de oliva
Elaboración
1.- Metemos (para abrandar) o calabacín enteiro ao forno co lume alto (200º) nun recipiente con auga pola metade, unha media hora, dándolle a volta unha vez; ou ben, cocémolo 15 minutos (a pota debe ser grande para que o cubra ben a auga).
[caption id="attachment_743" align="aligncenter" width="500" caption="Abrandamos os calabacíns"]
[/caption]2.- Cando estean algo fríos, abrímolos á metade ao longo;
[caption id="attachment_745" align="aligncenter" width="500" caption="Partimos á metade os calabacíns"]
[/caption]tirámoslle a semente e cunha culler retirámoslle a carne, que reservamos picada.
[caption id="attachment_744" align="aligncenter" width="500" caption="Baleirámolos"]
[/caption]3.- Se temos restos de arroz (paella, con carne,...) mellor; senón, cocémolo agora.
[caption id="attachment_746" align="aligncenter" width="500" caption="Sobras de arroz"]
[/caption]Logo, se hai cogumelos, facémolo á parte cun chisco de cebola e allo.
[caption id="attachment_747" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos un pouco os cogumelos"]
[/caption]A ese refrito funlle aumentando as outras verduras que decidín engadir (berenxena, pemento,...).
[caption id="attachment_764" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos as verduras"]
[/caption]4.- Sofritimos a cebola, e cando estea botamos dous dos tomates, picados e sen sementes nin tona (eu xa tiña salsa de tomate embotada).
[caption id="attachment_752" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa de tomate"]
[/caption]Cocémolo moito, unha media hora, e logo co calabacín picado outra. Salgámolo.
5.- Noutro chisco de aceite, pasamos un pouco a carne picada con allo e sal. Como o arroz que empreguei era de sobras e xa tiña carne, o único que fixen foi separala e picala máis, e engadirlle un pouco de xamón da casa (que sofretín coas verduras).
[caption id="attachment_753" align="aligncenter" width="500" caption="Engadinlle un pouco de xamón caseiro"]
[/caption]6.- Prequentamos o forno a 200º. Mesturámolo todo.
[caption id="attachment_756" align="aligncenter" width="500" caption="Recheo finalizado"]
[/caption]Metemos a mestura en cada metade do calabacín. Ímolos colocando nunha fonte para o forno untada de aceite.
[caption id="attachment_757" align="aligncenter" width="500" caption="Imos enchendo os calabacíns"]
[/caption]Tapámolos co queixo e logo co tomate que faltaba cortado en rodas.
[caption id="attachment_758" align="aligncenter" width="500" caption="Rematamos co tomate"]
[/caption]Espolvoreámoslle sal e metemos no forno uns 20 minutos.
[caption id="attachment_759" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]
















