11 de fevereiro de 2011

Lasaña de vieiras e langostinos

[caption id="attachment_916" align="aligncenter" width="500" caption="Lasaña de vieiras e langostinos"]Lasaña de vieiras e langostinos[/caption]

Aprendín a facer este exquisito prato do libro "La biblia de la pasta", que reseñamos nunha anotación anterior. Ando na busca de receitas que integren a pasta cos productos do mar, e esta era unha das que mellor pinta tiñan. Aínda que os langostinos non son galegos, probablemente se poida adaptar para facela con outros produtos do país. Os ingredientes son caros, pero o resultado é moi rico e diferente, ideal para ocasións especiais.

[caption id="attachment_914" align="aligncenter" width="500" caption="Ingredientes da lasaña"]Ingredientes da lasaña[/caption]


Ingredientes (4-5 persoas):

  • 8 vieiras

  • 500 gr de langostinos, crus e pelados

  • 2 dentes de allo, aplastados

  • 50+25 gr de manteiga

  • 50 gr de fariña

  • 600 ml de leite (moi quente)

  • 100 ml de nata líquida

  • 100 ml de viño branco seco (non ácido!)

  • 1/2 sobre de azafrán moido

  • 2 cayenas  (das pequenas) moi picadas

  • 130 gr de queixo gouda en lonchas finas (a receita orixinal usa queixo fontina; o gouda non é o mesmo pero pode substituílo)

  • 75 gr de queixo parmesano recén raiado

  • 10 ou 12 follas de lasaña (para dúas capas)

  • sal e pementa negra moida



Preparación

  1. Temos que prequentar o forno a 190º C

  2. Cortamos as vieiras, os corais e os langostinos en anacos pequenos. Picamos o allo moi fino e mesturamos co marisco picado. Engadimos sal e pementa ao gosto á esta mestura.

  3. Poñemos unha pota grande con auga ao lume máximo. Cando rompe a ferver, bótase sal e un pouco de aceite, e imos botando as follas de lasaña a cocer. Hai que vixiar moito no comezo da cocción para que as follas non se queden pegadas entre si, procurando separalas con unha culler de madeira ata que abrandan un pouco e vemos que esvaran ben entre elas. Despois deste punto é moi difícil que se queden pegadas. Cando a pasta está cocida, se escorren con coidado nun escurridor e se refrescan un pouco con auga fría para parar a cocción e se estenden nun pano limpo.

  4. Nunha tixola derretese suavemente 25 gr de manteiga e se saltea o marisco nela a lume medio, durante un par de minutos ou ata que os langostinos collan un pouco de cor.

    [caption id="attachment_919" align="aligncenter" width="500" caption="Vieiras e langostinos salteados con manteiga"]Vieiras e langostinos salteados con manteiga[/caption]

    Se reserva o marisco nun prato aparte, procurando escurrir ben o caldo e a manteiga na tixola.

  5. Usaremos o caldo e a manteiga que quedou na tixola, ademais do resto da manteiga, a fariña e o leite, para preparar unha salsa bechamel moi sabrosa. Para isto engádese toda a manteiga na tixola e derrétese suavemente. Incorpórase entón a fariña, pouco a poco, procurando que quede ben mesturada coa manteiga (axuda un pouco se se vai botando a fariña a través dun colador ou tamizador). Cocíñase durante un ou dous minutos (o lume non pode ser forte).

  6. Neste momento debemos comezar a engadir o leite quente, pouco a pouco, removendo ben a mestura con un batedor de varillas, ata que forme unha pasta homoxénea, sen grumos.Engadimos un pouco mais de leite e removemos outra vez, con enerxía, ata que se forma outra vez unha masa homoxénea. O proceso se repite ata que todo o leite queda incorporado e a bechamel queda ligada. Consellos (1) Para que o leite se mesture ben ten que estar moi quente. (2) É moito mais fácil usando o batedor (3) Non podemos botar demasiada cantidade de leite de cada vez, pois será difícil desfacer os grumos que sempre se forman.

    [caption id="attachment_923" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa bechamel"]Salsa bechamel[/caption]

  7. Engádese á bechamel a nata líquida, o viño, o azafrán, a cayena, e sal e pementa ao gosto. Se cociña un par de minutos e se retira do lume.

  8. Prepárase a lasaña nunha fonte de forno: bótase un terzo da salsa no fondo. Sobre ela se coloca a metade do queixo gouda, ben repartido. Por encima botamos un terzo do queixo parmesano, logo a metade do marisco e por último cubrimos con unha capa de follas de lasaña.

    [caption id="attachment_928" align="aligncenter" width="500" caption="Montaxe da lasaña"]Montaxe da lasaña[/caption]

    Se repiten unha segunda vez as mesmas capas: 1/3 da salsa, a outra metade do queixo gouda, 1/3 do queixo parmesano, o resto do marisco e a segunda capa de follas de lasaña. Sobre estas se bota o resto da salsa, e por último se reparte o que queda de queixo parmesano.

  9. Métese a lasaña no forno e cociñase aproximadamente durante 30 minutos. Deixase repousar 5 ou 10 minutos antes de servila.

3 comentários:

  1. moi boa pinta, probareina.
    será un sacrilexio usar placas de lasaña que non precisan cocedura previa?
    buittoni (xa me darán algo por facer publicidade) ten unhas que saen moi ben

    ResponderExcluir
  2. Sacrilexio non é. Se che apetece cociñar a receita, faino como poidas ou como queiras, que é o importante.
    Agora ben, outro día que poidas proba a cocer a pasta ti mesma. As placas de lasaña son as mais incómodas para cocer, pero eu sempre o fixen así, e aos meus comensais lles encanta a pasta que cociño.

    ResponderExcluir