[caption id="attachment_1214" align="aligncenter" width="500" caption="Guiso de carne con pasta"]
[/caption]Cando a miña nai facía este, a min non me gustaba nada, porque de nova prefería a pasta en branco, así que os meus irmáns máis eu lle botabamos unha chea de tomate fritido para que se parecera algo á pasta que queriamos.
Este prato é ideal para facer o día anterior, deixando o preparado coa carne, e engadíndolle ao día seguinte só a pasta e a auga, co que cociñariamos en 15 minutos (o mesmo acontece cos guisos de arroz ou pataca).
Hoxe apurei un pouco a receita facendo a carne na ola rápida, co que me quedou brandiña e, en consecuencia, un guisiño ben xeitoso e rico. Aí vai!
Ingredientes (para 3 persoas):
- 450 gr. de carne de tenreira
- 300 gr. de pasta
- 1 cebola
- 1 cenoria grande
- ¼ pemento vermello
- ¼ pemento verde
- 2 dentes de allo
- 1 tomate maduro e pequeno
- ½ vaso de viño branco
- Caldo de verdura, carne ou polo (senón, auga)
- Azafrán e colorante
- Sal e aceite de oliva
Elaboración:
1.- Nunha pota, facemos un refrito coas verduras picadas e tres culleradas de aceite (o allo e mailo tomate aínda non llo botamos), remexendo para que non se queime.
[caption id="attachment_1215" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos as verduras"]
[/caption]2.- Cando estean brandiñas botámoslle a carne en anacos e o allo picado, e deixamos uns minutos, remexendo de cando en vez.
[caption id="attachment_1216" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a carne"]
[/caption]3.- Engadímoslle o tomate, sen tona, en anaquiños. Deixamos tres ou catro minutos máis.
[caption id="attachment_1217" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle o tomate"]
[/caption]4.- Unha vez listo o refrito, botamos o viño, deixándoo dous minutos.
[caption id="attachment_1218" align="aligncenter" width="150" caption="Engadímoslle o viño"]
[/caption]Logo, auga (ou caldo) que cubra a carne, e deixamos que se consuma o líquido (unha ½ hora) a lume lento. Eu fíxeno 15 minutos na ola rápida.
[caption id="attachment_1219" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos que se coza a carne"]
[/caption]5.- Engadimos a pasta, azafrán e colorante, sal e auga ou caldo que cubra a pasta.
[caption id="attachment_1220" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a pasta"]
[/caption]6.- Facemos 15 minutos a lume suave.
[caption id="attachment_1221" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]
Nenhum comentário:
Postar um comentário