[caption id="attachment_431" align="aligncenter" width="300" caption="Pasta con atún ou cogomelos"]
[/caption]Nesta ocasión, aproveitei un atún fresco que me deu a miña nai xa preparado, e tamén lle botei unhas espinacas frescas apañadas en Couso.
[caption id="attachment_433" align="alignleft" width="300" caption="Atún fresco para aproveitar..."]
[/caption][caption id="attachment_434" align="alignright" width="300" caption="... e unhas espinacas da horta"]
[/caption]Hai que aproveitar todo!
Ingredientes (para 4 persoas):
- 400 gr. de pasta de cores
- 1 lata grande ovalada de atún en aceite de oliva, ou 1 bandexa de cogomelos
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 200 gr. de espinacas picadas (opcional)
- Uns anacos de queixo (azul, curado, roquefort, afumado... os que teñamos ou queiramos)
- 400 ml. de nata líquida
- 2 dentes de allo
- Albahaca, pementa negra...
- Sal e aceite de oliva
Elaboración
1.- Cócese a pasta en abundante auga con sal e un chorro de aceite de oliva, ata que estea “al dente”. Reservámola.
2.- Facemos un sofritido coa cebola picada e a cenoria.
[caption id="attachment_436" align="aligncenter" width="300" caption="Refrito de cebola e cenoria"]
[/caption]Cando estea feitiño, engadimos os cogomelos e o allo, ou ben o atún desfeitiño (e nesta ocasión, as espinacas).
3.- Cando se faga, botamos a nata e deixamos que coza uns minutos, coidando de que non se pegue.
[caption id="attachment_437" align="aligncenter" width="300" caption="Cocemos coa nata"]
[/caption]4.- Cortamos o queixo en anaquiños e engadímosllos para que se desfagan ben co calor. Apagamos o lume, probamos o sal (os queixos aportan moito), botámoslle se fai falta, e máis as especias.
5.- Nunha fonte, poñemos a pasta e o preparado e mesturamos ben.
[caption id="attachment_438" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]
[/caption]
Nenhum comentário:
Postar um comentário