[caption id="attachment_1571" align="aligncenter" width="500" caption=""Torrijas""]
[/caption]Trátase dunha sobremesa sinxela e bastante rápida de facer.
Aínda que se aproveite o pan, o certo é que se gasta bastante leite e ovo. A miña nai nolas facía en calquera época do ano (non especialmente polo Entroido ou Semana Santa), para darlle saída a algunha barra de pan que sobrara ou aos ovos, na época en que estes abundan.
[caption id="attachment_1587" align="aligncenter" width="300" caption=""Torrijas" de leite"]
[/caption]Hai quen a esta receita lle engade un licor, pero a miña nai nunca foi amiga das sobremesas con alcohol, e eu comparto ese gusto, así que só levan leite, ideais para as criaturas.
Ingredientes:
- 16 rebandas de pan de barra reseso
- 1/2 l. de leite
- 100 gr. de azucre
- 1 limón
- 1 póla de canela
- 5 ovos
- 1 culler rasa de canela en pó
- Aceite de xirasol
Elaboración
1.- Quentamos nunha pota o leite, 50 gr. de azucre, a póla de canela e a tona do limón.
[caption id="attachment_1572" align="aligncenter" width="500" caption="Quentamos o leite"]
[/caption]Cando comece a ferver retiramos do lume e deixamos que refríe un pouco (se non, desfarase moito o pan ao mollalo). Botámolo nun recipente baixo que sexa máis cómodo para remollar o pan despois, xa sen a canela e o limón.
2.- Cortamos o pan en rebandas de máis dun dedo de ancho.
[caption id="attachment_1573" align="aligncenter" width="150" caption="Cortamos o pan"]
[/caption]3.- Poñemos ao lume unha tixola con abundante aceite (o de xirasol é máis lixeiro). Imos enchoupando no leite o pan con coidado, polos dous lados. O pan pode estar máis ou menos duro, dependendo dos días que teña. Eu usei unha barra do día anterior, así que estaba máis ben branda, e non a mollei demasiado para que non rompera.
[caption id="attachment_1576" align="aligncenter" width="500" caption="Mollamos o pan no leite"]
[/caption]Inmediatamente, deixámolo escorrendo o leite sobrante.
[caption id="attachment_1577" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a escorrer"]
[/caption]4.- Batemos os ovos, e collendo con coidado para que non rompan, mollamos as rebandas de pan polos dous lados.
[caption id="attachment_1578" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos polo ovo"]
[/caption]Fritimos a lume medio polos dous lados, e imos poñendo nunha fonte con papel absorbente.
[caption id="attachment_1579" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as rebandas"]
[/caption]5.- Mesturamos os 50 gr. de azucre coa canela en pó, e espolvoreamos as torrijas.
[caption id="attachment_1580" align="aligncenter" width="150" caption="Azucre e canela"]
[/caption][caption id="attachment_1581" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]
















































