12 de fevereiro de 2013

Ensalada de cogollos

Se cadra esta entrada queda moi trapalleira. De feito, nunca pensei publicar esta receita, pero logo de buscar ensaladas por outros blogs para variar un pouco as que ceamos cada día, dinme conta de que esta era tan digna como outra calquera, e a alguén lle podía apetecer facela.

[caption id="attachment_1523" align="aligncenter" width="500" caption="Ensalada de cogollos"]Ensalada de cogollos[/caption]

Comímola de man da tía Rosa de Pataca Brava en Pamplona. De feito, é exquisita con produtos daquelas terriñas, cogollos de Tudela e espárragos de Navarra. 

É unha ensalada forte, polo que debemos ter coidado de tomala á noite.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 3 cogollos

  • 12 espárragos grosos

  • 12 anchoas

  • 1 ou 2 dentes de allo

  • Aceite, vinagre e sal


Elaboración

1.- Lavamos os cogollos e partímolos en catro anacos, que dispoñemos nunha fonte. (O cogollo é amargo, e ás veces eu substitúoos por corazóns de leituga, máis suaves, como nesta ocasión).

2.- Poñemos sobre cada parte de cogollo, unha anchoa e, á beira, un espárrago.

3.- Cun machacaallos, desfacemos un dente ou dous moi miudiños, e esparexémolo sobre os cogollos (eu bótolle dous dentes, pero queda moi forte, e pode haber comensais que non lle guste tanto allo).

4.- Aliñamos, no momento de servir, con abundante sal, aceite e vinagre de Módena.

Nenhum comentário:

Postar um comentário