[caption id="attachment_1180" align="aligncenter" width="500" caption="Pasta con mexilóns"]
[/caption]A receita inicial é de Martín Berasategui, que eu variei á miña maneira. Como soe pasar, os ingredientes do cociñeiro non se corresponden exactamente co que amosan as fotos, polo que a unha nunca lle sairá como a el... Faráo adrede, supoño. ;-)
De todos xeitos, quedou rico, así que aí vai.
Ingredientes (para 4 persoas)
- 400 gr. de pasta branca
- 2 kg. de mexilóns
- 1 cebola grande
- 1 dente de allo
- Un chorro de viño branco
- 1 culleriña de pimentón doce
- 100 ml. de nata líquida
- 2 culleróns de salsa de tomate
- Pirixel
- Unha noz de manteiga
- Sal e aceite de oliva
Elaboración
1.- Se non temos en reserva, primeiro abriremos os mexilóns ao vapor e faremos a salsa de tomate.
[caption id="attachment_1188" align="aligncenter" width="500" caption="Abrimos os mexilóns ao vapor"]
[/caption](Para abrir os mexilóns, poñemos unha pota grande ao lume cunha póla de loureiro e os mexilóns limpos enriba, sen auga. Os moluscos irán soltando a súa auga, así que non se pegará. Tapamos a pota, e vixiamos que non bote por fóra, sacando o testo de vez en cando e remexendo para que todos os mexilóns abran. Cando estean, nuns minutos, retirámolos do lume e deixamos refriar.)
[caption id="attachment_1189" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa de tomate caseira"]
[/caption]Podemos reservar a auga que soltaron os mexilóns, coada, para cocer logo a pasta.
[caption id="attachment_1191" align="aligncenter" width="150" caption="Auga dos mexilóns"]
[/caption]2.- Facemos un sofritido coa cebola picadiña e o allo. Cando estea transparente (a min pasóuseme), engadimos o pimentón. Dámoslle unhas voltas rápidas e botamos o viño e medio vaso de auga.
[caption id="attachment_1190" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos un sofrito"]
[/caption]Deixamos reducir uns cinco minutos a lume suave.
3.- Cócese a pasta en abundante auga (eu empreguei tamén a de abrir os mexilóns) con sal e un chorro de aceite de oliva, ata que estea “al dente”. Escorrémola e reservámola.
4.- Seguindo coa salsa, botamos a nata líquida e a salsa de tomate (podemos engadir moita máis, ao gusto) e deixamos que coza uns minutos, comprobando o sal.
[caption id="attachment_1192" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a nata e o tomate"]
[/caption]5.- Engadimos os mexilóns e a pasta recén cocida, dándolle unhas voltas e apagando o lume. Botámoslle o pirixel picadiño e a manteiga en anaquiños, mesturando ben.
[caption id="attachment_1195" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos todo"]
[/caption]












































