Falarei dos dous que coñezo: o anisakis e a tenia da castañeta.
ANISAKIS: Segundo a wikipedia "Denomínanse anisákidos a un grupo de vermes nematodos que parasitan, en estado adulto, os mamíferos mariños. No home son causa da enfermidade denominada anisaquiase, producida pola inxestión de larvas vivas presentes no peixe, cando o consome cru ou insuficientemente cociñado."
Desgrazadamente, este verme aparece cada vez máis en peixes tan frecuentes como a pescada. Fixádevos na tea negra (peritoneo) que ten no ventre, pois baixo ela aparecen ás veces enroscadiños uns vermes pequenos:
[caption id="attachment_1073" align="aligncenter" width="500" caption="Presenza do anisakis na pescada"]
[/caption]Se levantades todo o negro, aparecerán máis, ben case na superficie, ou ben máis profundos, como sombras negras:
[caption id="attachment_1074" align="aligncenter" width="500" caption="Múltiples anisakis"]
[/caption]Hai que ter moito coidado con este parásito, pois o ser humano pódeo contraer ao comer o pescado cru ou pouco cociñado. Por iso, eu optei desta vez por conxelar a pescada (unha vez que tentei quitar todos os vermes) para empregala a posteriori en vez de fresca, como pretendía.
Cousas a ter en conta do anisakis:
- As especies parasitadas máis frecuentes son: bacallau, sardiña, boquerón, arenque, salmón, abadexo, pescada, pescadilla, xarda, bonito, xurelo, etc., e a lura, dentro dos cefalópodos.
- Débese evitar a inxesta do peixe cru, marinado ou pouco cociñado, incluíndo as preparacións caseiras en vinagre, afumados, salazón, marinados, peixes á prancha ou ao microondas insuficientemente feitos, etc.
- Limpar ben o peixe e sacar as vísceras o antes posible, conxelalo se se quere consumir cru e cociñalo correctamente. As larvas morren coa cocción a 60ºC polo menos durante 10 minutos, ou mediante a conxelación durante máis de 24 horas a unha temperatura de -20ºC (o peixe conxelado ou ultraconxelado en alta mar, que foi eviscerado rapidamente, ten poucas posibilidades de estar parasitado).
TENIA: na miña casa sempre se comeu a castañeta, e con frecuencia traía uns "fíos de graxa" que a miña nai acostumaba quitar.
[caption id="attachment_1062" align="aligncenter" width="256" caption="Castañeta (Brama brama)"]
[/caption]Agora sabemos que son vermes, concretamente tenias, polo que á miña nai case lla dá un soponcio e nunca máis mercou este rico peixe... Pero facía unha receita con el (rolo de castañeta; ver post do prato) que no verán nos encanta, así que eu merqueina para facela e traía os bichiños:
[caption id="attachment_1144" align="aligncenter" width="500" caption="Parásitos"]
[/caption]Este parásito lévao o peixe adherido ao músculo:
[caption id="attachment_1143" align="aligncenter" width="500" caption="Tenias na castañeta"]
[/caption][caption id="attachment_1065" align="aligncenter" width="276" caption="Cestodo (Gymnorhynchus gigas)"]
[/caption]Este non está probado que pase ao ser humano, pero non está demais sacarllo cando nos topemos con el, non?
[caption id="attachment_1145" align="aligncenter" width="500" caption="Sacarémosllos, ou?"]
[/caption]



