Mostrando postagens com marcador Consellos. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Consellos. Mostrar todas as postagens

10 de maio de 2011

Parásitos nos peixes

Vou facer un post que non me gustaría ter que facelo, pero estou tan enfadada que me vexo na obriga. Ás veces pasa que comprando peixe no teu sitio de confianza, véndenche algo que está infectado de vermes . Recoñezo que eu tardei en saber que eran bichiños, pois nas peixerías son os primeiros en dicir que é graxa do peixe ou cousas así. Fago esta entrada porque supoño que a moitos/as vos pasaría igual e non sabedes identificar estes vermes. Foi o Mestre Alfredo quen llelo explicou a Cachelo e Pataca Brava nun curso.

Falarei dos dous que coñezo: o anisakis e a tenia da castañeta.

ANISAKIS: Segundo a wikipedia "Denomínanse anisákidos a un grupo de vermes nematodos que parasitan, en estado adulto, os mamíferos mariños. No home son causa da enfermidade denominada anisaquiase, producida pola inxestión de larvas vivas presentes no peixe, cando o consome cru ou insuficientemente cociñado."

Desgrazadamente, este verme aparece cada vez máis en peixes tan frecuentes como a pescada. Fixádevos na tea negra (peritoneo) que ten no ventre, pois baixo ela aparecen ás veces enroscadiños uns vermes pequenos:

[caption id="attachment_1073" align="aligncenter" width="500" caption="Presenza do anisakis na pescada"]Presenza do anisakis na pescada[/caption]

Se levantades todo o negro, aparecerán máis, ben case na superficie, ou ben máis profundos, como sombras negras:

[caption id="attachment_1074" align="aligncenter" width="500" caption="Múltiples anisakis"]Presenza do anisakis[/caption]

Hai que ter moito coidado con este parásito, pois o ser humano pódeo contraer ao comer o pescado cru ou pouco cociñado. Por iso, eu optei desta vez por conxelar a pescada (unha vez que tentei quitar todos os vermes) para empregala a posteriori en vez de fresca, como pretendía.

Cousas a ter en conta do anisakis:

  • As especies parasitadas máis frecuentes son: bacallau, sardiña, boquerón, arenque, salmón, abadexo, pescada, pescadilla, xarda, bonito, xurelo, etc., e a lura, dentro dos cefalópodos.

  • Débese evitar a inxesta do peixe cru, marinado ou pouco cociñado, incluíndo as preparacións caseiras en vinagre, afumados, salazón, marinados, peixes á prancha ou ao microondas insuficientemente feitos, etc.

  • Limpar ben o peixe e sacar as vísceras o antes posible, conxelalo se se quere consumir cru e cociñalo correctamente. As larvas morren coa cocción a 60ºC polo menos durante 10 minutos, ou mediante a conxelación durante máis de 24 horas a unha temperatura de -20ºC (o peixe conxelado ou ultraconxelado en alta mar, que foi eviscerado rapidamente, ten poucas posibilidades de estar parasitado).


TENIA: na miña casa sempre se comeu a castañeta, e con frecuencia traía uns "fíos de graxa" que a miña nai acostumaba quitar.

[caption id="attachment_1062" align="aligncenter" width="256" caption="Castañeta (Brama brama)"]Castañeta (Brama brama)[/caption]

Agora sabemos que son vermes, concretamente tenias, polo que á miña nai case lla dá un soponcio e nunca máis mercou este rico peixe... Pero facía unha receita con el (rolo de castañeta; ver post do prato) que no verán nos encanta, así que eu merqueina para facela e traía os bichiños:

[caption id="attachment_1144" align="aligncenter" width="500" caption="Parásitos"]Parásitos[/caption]

Este parásito lévao o peixe adherido ao músculo:

[caption id="attachment_1143" align="aligncenter" width="500" caption="Tenias na castañeta"]Tenias na castañeta[/caption]

[caption id="attachment_1065" align="aligncenter" width="276" caption="Cestodo (Gymnorhynchus gigas)"]Cestodo (Gymnorhynchus gigas)[/caption]

Este non está probado que pase ao ser humano, pero non está demais sacarllo cando nos topemos con el, non?

[caption id="attachment_1145" align="aligncenter" width="500" caption="Sacarémosllos, ou?"]Sacarémosllos, ou?[/caption]