26 de junho de 2011

Polo con froitas

Co permiso de Pasascontodo, publico este post que debería chamarse "Polo de Nieves", que foi quen lle ensinou a receita.


[caption id="attachment_1156" align="aligncenter" width="500" caption="Polo con froitas"]Polo con froitas[/caption]

Este prato mestura sabores doces e salgados, e é unha delicia. Anímovos a probalo!

Ingredientes (para 6 persoas):

  • 1 polo da casa

  • 1 cebola grande

  • 4 dentes de allo.

  • 4 patacas (opcional)

  • Pirixel.

  • Salsa de soia

  • Froitas e froitos secos ao gusto (mazá, piña, castañas, orellóns, ameixas, pasas, figos, piñóns…)

  • 1 vaso de viño branco

  • Aceite e sal


Elaboración:

[caption id="attachment_1157" align="aligncenter" width="300" caption="Igredientes para o adobo"]Igredientes para o adobo[/caption]

1.- Ponse o polo, en trozos grandes, en adobo unha hora con aceite, allo, pirixel e salsa de soia.

[caption id="attachment_1158" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos o polo en adobo"]Poñemos o polo en adobo[/caption]

2.- Cortamos a cebola en aros e pochámola nunha tixola, e cando estea, dispoñémola de base nunha fonte do forno grande.

[caption id="attachment_1159" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola..."]Pasamos a cebola[/caption]

No mesmo aceite, douramos o polo e ímolo poñendo sobre a cebola.

[caption id="attachment_1160" align="aligncenter" width="500" caption="... e no mesmo aceite o polo"]... e no mesmo aceite o polo[/caption]

3.- Se facemos patacas fritidas, cortámolas en tacos e pasámolas antes pola tixola un pouco. Se non, podemos substituílas por castañas (semicocidas e peladas) e/ou mazá (pelada e en tacos).

4.- Prequentamos o forno a 150º.

5.- Ao redor do polo poñemos todas as froitas e froitos secos.

[caption id="attachment_1163" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos as froitas"]Poñemos as froitas[/caption]

Báñase todo con viño e salsa de soia, e botamos un pouco de sal (non moito, porque a salsa de soia tamén salga) e métese no forno unha hora, virando o polo de cando en vez e vixiando que non reseque (podemos mollalo con auga se o precisara).

[caption id="attachment_1164" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Um comentário:

  1. Grazas Irene por colgala, a miña desculpa é que non teño unha cámara tan boa como a túa...

    ResponderExcluir