5 de junho de 2013

Ovos recheos

Coa chegada do bo tempo e a abundancia de ovos da casa, comeza a haber ganiñas de facer ensaladillas e ovos recheos.

[caption id="attachment_1654" align="aligncenter" width="500" caption="Ovos recheos"]Ovos recheos[/caption]

Así é como os fai a miña nai: sinxelos pero saborosos.

Ingredientes (para 3 persoas)

  • 3 ovos (1 por persoa)

  • 1 lata ovalada pequena de bonito en aceite

  • 6 olivas verdes sen óso

  • 1 latiña pequena de pemento morrón

  • Sal, vinagre e aceite.


Elaboración

1.- Cocemos os ovos entre 10 e 15 minutos en auga con sal. Quitámoslle a tona.

[caption id="attachment_1683" align="aligncenter" width="150" caption="Cocemos os ovos"]Cocemos os ovos[/caption]

2.- Cando refríen un pouco, partímolos á metade cun coitelo afiado, e poñemos as claras no prato que usaremos para servir.

[caption id="attachment_1685" align="aligncenter" width="150" caption="Claras"]Claras[/caption]

As xemas irán nun prato sopeiro para facer o recheo.

[caption id="attachment_1684" align="aligncenter" width="150" caption="Xemas"]Xemas[/caption]

3.- Esmagamos as xemas cun garfo.

[caption id="attachment_1686" align="aligncenter" width="500" caption="Esmagamos as xemas"]Esmagamos as xemas[/caption]

4.- Engadímoslle o bonito desfeito, un chisco de sal, un chorriño de aceite e un pouco máis de vinagre. Remexemos ben.

[caption id="attachment_1687" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos todo"]Mesturamos todo[/caption]

5.- Enchemos xenerosamente as metades de ovo.

[caption id="attachment_1688" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos os ovos"]Enchemos os ovos[/caption]

6.- Adornamos cada unha cunha oliva e unha tira de pemento. Servimos frío.

[caption id="attachment_1690" align="aligncenter" width="500" caption="Adornamos"]Adornamos[/caption]

[caption id="attachment_1689" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

Brazo de xitano (plantilla)

Recoñezo que o brazo de xitano non é unha sobremesa que me entusiasme, pero sempre me intrigou a elaboración do seu biscoito, por parecerme delicado de facer, e difícil que non rompa ao enrolalo.

[caption id="attachment_1648" align="aligncenter" width="500" caption="Un brazo moi salgado"]Un brazo moi salgado[/caption]

Pero nas mans da miña sogra e cuñada, cualificadas reposteiras, todo parece máis sinxelo. E ademais, elaboraron uns brazos salgados como entrante riquísimos, así que animo a facelo sen dubidar.

A receita pilloume sen cámara, así que provisionalmente van as fotos (malas) do móbil.

Ingredientes

  • 7 ovos

  • 7 culleradas colmadas de azucre

  • 4 culleradas de fariña

  • 1 sobre de levadura en pó

  • Reladura de limón

  • Mantequilla


Elaboración

Se o brazo vai ser salgado, podemos reducir un pouco o azucre na masa.

Hai diferentes xeitos de mesturar os ingredientes, dependendo de se temos aparatos que nos axuden (amasadora, batedor) ou non. Podemos poñer primeiro as claras a punto de neve, e logo engadirlle o azucre e por último as xemas; ou ben na seguinte orde, como eu prefiro (o resultado vai ser similar):

1.- Coa axuda dunha amasadora, mesturamos ben (uns dez minutos) o azucre e as xemas de ovo.

[caption id="attachment_1662" align="aligncenter" width="500" caption="Batemos ben as xemas e o azucre"]Batemos ben as xemas e o azucre[/caption]

2.- Engadimos a fariña, a levadura e a raspadura de limón.

[caption id="attachment_1665" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

3.- Prendemos o forno a 200º. Montamos as claras a punto de neve e incorporámolas con movementos envolventes.

4.- Untamos de mantequilla a bandexa do forno e poñémoslle enriba papel para forno. Iso nos axudará a aproveitar ben os cantos e a envolver o biscoito para o brazo.

[caption id="attachment_1666" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a bandexa do forno"]Preparamos a bandexa do forno[/caption]

Botamos enriba a mestura e forneamos uns 10 minutos. Sacámolo cando estea para que refríe fóra do forno.

[caption id="attachment_1667" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Para o recheo salgado podemos empregar maionesa, salmón afumado, olivas, leituga, gambas, ovo cocido... ao noso gusto!

 

12 de março de 2013

Peixe en papillote

Unha receita bastante sinxela, bastante rápida e moi sa.

[caption id="attachment_1599" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe en papillote"]Peixe en papillote[/caption]

A min non me sae con tanta arte como a Pataca Brava (e menos facéndoa a cachos e atendendo un recén nacido...), pero como el non se anima co recetario, aí vai o meu intento de imitalo. A receita foina formando seguindo indicacións do "mestre Alfredo" sobre os papillotes.


Ingredientes (para dúas persoas)

  • Peixe apropiado para papillote (sanmartiño, ollomol, sargo, alistado,...)

  • Hortalizas ao gusto (cabaciña, berenxena, cenoria, pemento, porro, champiñón,...)

  • Aceite de oliva e sal


Elaboración

1.- Nesta ocasión, empreguei dous sanmartiños pequenos. É un peixe cunha carne tersa, consistente, e moi rica.

[caption id="attachment_1602" align="aligncenter" width="500" caption="Sanmartiños"]Sanmartiños[/caption]

Eu prefiro facer filetes sen a espiña (nas pescaderías acostuman deixarche un filete con ela), polo que os fago eu na casa, con coidado.

[caption id="attachment_1603" align="aligncenter" width="150" caption="Fileteamos"]Fileteamos[/caption]

Unha vez fileteado, botámoslle sal e reservamos.

[caption id="attachment_1604" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle sal aos filetes"]Botámoslle sal aos filetes[/caption]

2.- Lavamos as hortalizas escollidas. Podemos usar as que nos apeteza, pero o porro, a cabaciña e os champiñóns quédanlle moi ben.

[caption id="attachment_1608" align="aligncenter" width="500" caption="Hortalizas varias"]Hortalizas varias[/caption]

Cortamos todas máis ou menos do mesmo tamaño, fileteadas. A cabaciña, máis fina, cortámola para poñer de fondo (a min quedoume moi grosa).

[caption id="attachment_1609" align="aligncenter" width="500" caption="Fileteamos as hortalizas"]Fileteamos as hortalizas[/caption]

3.- Nunha tixola, botamos un chorro de aceite e refogamos uns minutos a lume suave as hortalizas (menos a cabaciña).

[caption id="attachment_1612" align="aligncenter" width="500" caption="Refogamos as hortalizas"]Refogamos as hortalizas[/caption]

O mellor é facelas a lume lento, e que queden algo al dente, pois logo se rematan no forno (eu fíxenas demasiado). Salgamos o sofrito.

4.- Prequentamos o forno a 180º. Na bandexa do forno, facemos dúas "barcas" con papel de aluminio, elevando os catro lados. No fondo botamos un pouco de aceite de oliva, na zona central e plana.

[caption id="attachment_1617" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos o papel de aluminio"]Preparamos o papel de aluminio[/caption]

Sobre o aceite, colocamos os anacos de cabaciña, cortada finiña (non como a fixen eu).

[caption id="attachment_1618" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cabaciña"]Poñemos a cabaciña[/caption]

Sobre a cabaciña, poñemos as hortalizas.

[caption id="attachment_1621" align="aligncenter" width="500" caption="Colocamos as hortalizas"]Colocamos as hortalizas[/caption]

E sobre ese leito rematamos cos filetes de peixe.

[caption id="attachment_1622" align="aligncenter" width="500" caption="Por último, o peixe"]Por último, o peixe[/caption]

5.- Cortamos outros dous anacos de papel de aluminio, algo máis curtos, e pechamos con eles as "barcas", con coidado de non furalo. Procuraremos que quede abombado, para que non se toquen a tapa e o peixe.

[caption id="attachment_1623" align="aligncenter" width="500" caption="Pechamos o papillote"]Pechamos o papillote[/caption]

6.- Metemos no forno de 15 a 20 minutos, dependendo do groso do peixe. Debemos ter coidado ao abrir os paquetes porque o vapor concentrado pode queimarnos.

[caption id="attachment_1624" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

 

21 de fevereiro de 2013

"Torrijas"

Logo do "pudrin", vai a outra receita da miña nai para aproveitar pan reseso.

[caption id="attachment_1571" align="aligncenter" width="500" caption=""Torrijas""]"Torrijas"[/caption]

Trátase dunha sobremesa sinxela e bastante rápida de facer.

Aínda que se aproveite o pan, o certo é que se gasta bastante leite e ovo. A miña nai nolas facía en calquera época do ano (non especialmente polo Entroido ou Semana Santa), para darlle saída a algunha barra de pan que sobrara ou aos ovos, na época en que estes abundan.

[caption id="attachment_1587" align="aligncenter" width="300" caption=""Torrijas" de leite"]"Torrijas" de leite[/caption]

Hai quen a esta receita lle engade un licor, pero a miña nai nunca foi amiga das sobremesas con alcohol, e eu comparto ese gusto, así que só levan leite, ideais para as criaturas.

Ingredientes:

  • 16 rebandas de pan de barra reseso

  • 1/2 l. de leite

  • 100 gr. de azucre

  • 1 limón

  • 1 póla de canela

  • 5 ovos

  • 1 culler rasa de canela en pó

  • Aceite de xirasol


Elaboración

1.- Quentamos nunha pota o leite, 50 gr. de azucre, a póla de canela e a tona do limón.

[caption id="attachment_1572" align="aligncenter" width="500" caption="Quentamos o leite"]Quentamos o leite[/caption]

Cando comece a ferver retiramos do lume e deixamos que refríe un pouco (se non, desfarase moito o pan ao mollalo). Botámolo nun recipente baixo que sexa máis cómodo para remollar o pan despois, xa sen a canela e o limón.

2.- Cortamos o pan en rebandas de máis dun dedo de ancho.

[caption id="attachment_1573" align="aligncenter" width="150" caption="Cortamos o pan"]Cortamos o pan[/caption]

3.- Poñemos ao lume unha tixola con abundante aceite (o de xirasol é máis lixeiro). Imos enchoupando no leite o pan con coidado, polos dous lados. O pan pode estar máis ou menos duro, dependendo dos días que teña. Eu usei unha barra do día anterior, así que estaba máis ben branda, e non a mollei demasiado para que non rompera.

[caption id="attachment_1576" align="aligncenter" width="500" caption="Mollamos o pan no leite"]Mollamos o pan no leite[/caption]

Inmediatamente, deixámolo escorrendo o leite sobrante.

[caption id="attachment_1577" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a escorrer"]Poñemos a escorrer[/caption]

4.- Batemos os ovos, e collendo con coidado para que non rompan, mollamos as rebandas de pan polos dous lados.

[caption id="attachment_1578" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos polo ovo"]Pasamos polo ovo[/caption]

Fritimos a lume medio polos dous lados, e imos poñendo nunha fonte con papel absorbente.

[caption id="attachment_1579" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos as rebandas"]Fritimos as rebandas[/caption]

5.- Mesturamos os 50 gr. de azucre coa canela en pó, e espolvoreamos as torrijas.

[caption id="attachment_1580" align="aligncenter" width="150" caption="Azucre e canela"]Azucre e canela[/caption]

 

[caption id="attachment_1581" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

12 de fevereiro de 2013

Coliflor gratinada

Estamos en época de coliflor, e esta receita, como acompañamento dunha carne ou peixe, non defrauda nunca.

[caption id="attachment_1540" align="aligncenter" width="500" caption="Coliflor gratinada"]Coliflor gratinada[/caption]

A receita está sacada dunha revista dominical, da man de Martín Berasategui. Pero fíxena tantas veces, que xa me apropiei dela.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 2 cabezas de coliflor pequenas (ou brécol, cardo, acelga, pataca...)

  • 1 cebolleta

  • 1/2 l. de leite

  • 1 dl. de nata líquida

  • 1 cullerada rasa de fariña

  • Queixo relado (curado, Idiazábal,...)

  • Manteiga, aceite e sal.


Elaboración

1.- Límpase e lávase a coliflor, e córtase en poliñas.

[caption id="attachment_1545" align="aligncenter" width="500" caption="Lavamos a coliflor"]Lavamos a coliflor[/caption]

Cocémola en abundante auga con sal durante dez minutos, sen tapar a pota. Escorrémola e reservámola.

[caption id="attachment_1546" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a coliflor"]Cocemos a coliflor[/caption]

2.- Quentamos o leite xunto coa nata para facer a salsa bechamel.

[caption id="attachment_1547" align="aligncenter" width="150" caption="Leite e nata"]Leite e nata[/caption]

3.- Nunha tixola, quentamos unha culler de aceite e unha noz de manteiga. Picamos a cebolleta e sofritímola uns minutos.

[caption id="attachment_1548" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a cebolleta"]Facemos a cebolleta[/caption]

[caption id="attachment_1549" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritímola uns minutos"]Sofritímola uns minutos[/caption]

Engadimos a fariña e comezamos a darlle voltas, ata que se mesture ben coa cebolleta.

[caption id="attachment_1550" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

Pasados uns segundos, botamos o leite e a nata quentes, sen deixar de dar voltas.

[caption id="attachment_1551" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos a bechamel"]Facemos a bechamel[/caption]

Engadimos un chisco de sal e deixamos ferver suavemente cinco minutos. O resultado é unha salsa máis ben líquida.

Prequentamos o forno a 200º.

4.- Cubrimos o fondo dunha fonte para o forno cun pouco de salsa bechamel.

[caption id="attachment_1552" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos salsa bechamel"]Botamos salsa bechamel[/caption]

Sobre ela, poñemos a coliflor.

[caption id="attachment_1553" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a coliflor"]Poñemos a coliflor[/caption]

Cubrímola coa bechamel sobrante.

[caption id="attachment_1556" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o resto da salsa"]Engadimos o resto da salsa[/caption]

E espolvoreámolo co queixo relado.

[caption id="attachment_1557" align="aligncenter" width="500" caption="Espolvoreamos co queixo"]Espolvoreamos co queixo[/caption]

Metemos no forno e gratinamos.

[caption id="attachment_1558" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]