5 de junho de 2013

Brazo de xitano (plantilla)

Recoñezo que o brazo de xitano non é unha sobremesa que me entusiasme, pero sempre me intrigou a elaboración do seu biscoito, por parecerme delicado de facer, e difícil que non rompa ao enrolalo.

[caption id="attachment_1648" align="aligncenter" width="500" caption="Un brazo moi salgado"]Un brazo moi salgado[/caption]

Pero nas mans da miña sogra e cuñada, cualificadas reposteiras, todo parece máis sinxelo. E ademais, elaboraron uns brazos salgados como entrante riquísimos, así que animo a facelo sen dubidar.

A receita pilloume sen cámara, así que provisionalmente van as fotos (malas) do móbil.

Ingredientes

  • 7 ovos

  • 7 culleradas colmadas de azucre

  • 4 culleradas de fariña

  • 1 sobre de levadura en pó

  • Reladura de limón

  • Mantequilla


Elaboración

Se o brazo vai ser salgado, podemos reducir un pouco o azucre na masa.

Hai diferentes xeitos de mesturar os ingredientes, dependendo de se temos aparatos que nos axuden (amasadora, batedor) ou non. Podemos poñer primeiro as claras a punto de neve, e logo engadirlle o azucre e por último as xemas; ou ben na seguinte orde, como eu prefiro (o resultado vai ser similar):

1.- Coa axuda dunha amasadora, mesturamos ben (uns dez minutos) o azucre e as xemas de ovo.

[caption id="attachment_1662" align="aligncenter" width="500" caption="Batemos ben as xemas e o azucre"]Batemos ben as xemas e o azucre[/caption]

2.- Engadimos a fariña, a levadura e a raspadura de limón.

[caption id="attachment_1665" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a fariña"]Engadimos a fariña[/caption]

3.- Prendemos o forno a 200º. Montamos as claras a punto de neve e incorporámolas con movementos envolventes.

4.- Untamos de mantequilla a bandexa do forno e poñémoslle enriba papel para forno. Iso nos axudará a aproveitar ben os cantos e a envolver o biscoito para o brazo.

[caption id="attachment_1666" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a bandexa do forno"]Preparamos a bandexa do forno[/caption]

Botamos enriba a mestura e forneamos uns 10 minutos. Sacámolo cando estea para que refríe fóra do forno.

[caption id="attachment_1667" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Para o recheo salgado podemos empregar maionesa, salmón afumado, olivas, leituga, gambas, ovo cocido... ao noso gusto!

 

Nenhum comentário:

Postar um comentário