30 de janeiro de 2012

Bacallau con cebola allada

Cando saco do conxelador o rico bacallau que traemos da feira de Portugal asáltame sempre a mesma pregunta: como o preparo? Temos uns lomos gordos, fermosos, e a min simplemente cocidos non me van moito, así que indaguei nos libros de cociña e fixen unha versión do "Bacallau lusitano" da Cociña de Larpeiros.

[caption id="attachment_1237" align="aligncenter" width="500" caption="Bacallau con cebola allada"]Bacallau con cebola allada[/caption]

Apetecíame ademais algo de verduriña, e topei en Pontevedra unha coliflor de aquí, con toda a súa folla, fresquiña, así que me aventurei a unha variante da allada clásica.

Ingredientes (para 3 persoas):

  • 600 grs de lomos de bacallau desalgado

  • 2 cebolas grandes

  • Fariña

  • Aceite de oliva

  • 1 cullerada grande de pementón moído doce

  • 1 bo chorro de vinagre

  • 1 coliflor

  • Patacas (opcional)

  • 3 ou 4 dentes de allo


Elaboración:

1.- Lavamos a folla da coliflor (á miña nai sempre lle gustou, e a min tamén) e partímola un pouco. Botámola en auga fervendo con sal e media cebola. Cando ferva 5 minutos, engadímoslle a flor partida en catro grandes anacos, e deixámola entre 12 e 15 minutos. (Eu non o fixen, pero pode engadirse pataca, ou fritila en vez da colilor).

[caption id="attachment_1240" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos unha cama coa coliflor"]Cama de coliflor[/caption]

Escorrémolo e facemos unha cama coa verdura e a flor ao redor nunha fonte que poida ir ao forno.

2.- Secamos os lomos de bacallau desalgado e pasámolos por fariña. .

[caption id="attachment_1241" align="aligncenter" width="500" caption="Secamos ben o bacallau"]Bacallau[/caption]

Nunha tixola con aceite ben quente, dourámolos por todos os cantos:

[caption id="attachment_1242" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos o bacallau"]fritimos[/caption]

Retirámolos sobre a cama de verdura, coa pel para abaixo, e reservamos.

[caption id="attachment_1243" align="aligncenter" width="500" caption="Reservamos o bacallau"]bacallau á fonte[/caption]

3.- No aceite de fritir o bacallau, sofritimos a cebola cortada en aros. Cando empece a abrandar, engadímoslle o allo laminado.

[caption id="attachment_1246" align="aligncenter" width="500" caption="Sofritimos a cebola"]cebola[/caption]

Cando a cebola transparente, retiramos do lume. Podemos quitarlle algo de aceite. Engadimos o pementón e o vinagre, e remexemos ben.

[caption id="attachment_1247" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o pementón e o vinagre"]Pementón[/caption]

4.- Cubrimos o bacallau e a coliflor coa mestura.

[caption id="attachment_1248" align="aligncenter" width="500" caption="Cubrimos coa mestura"]Regamos [/caption]

Metemos a fonte no forno a temperatura moderada entre 10 e 15 minutos (polo grosor do meu bacallau, non lle viñan mal 20 minutiños).

[caption id="attachment_1249" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

 

2 de novembro de 2011

Guiso de carne con pasta

Chega o outono e xa apetece facer guisos.

[caption id="attachment_1214" align="aligncenter" width="500" caption="Guiso de carne con pasta"]Guiso de carne con pasta[/caption]

Cando a miña nai facía este, a min non me gustaba nada, porque de nova prefería a pasta en branco, así que os meus irmáns máis eu lle botabamos unha chea de tomate fritido para que se parecera algo á pasta que queriamos.

Este prato é ideal para facer o día anterior, deixando o preparado coa carne, e engadíndolle ao día seguinte só a pasta e a auga, co que cociñariamos en 15 minutos (o mesmo acontece cos guisos de arroz ou pataca).

Hoxe apurei un pouco a receita facendo a carne na ola rápida, co que me quedou brandiña e, en consecuencia, un guisiño ben xeitoso e rico. Aí vai!

Ingredientes (para 3 persoas):

  • 450 gr. de carne de tenreira

  • 300 gr. de pasta

  • 1 cebola

  • 1 cenoria grande

  • ¼ pemento vermello

  • ¼ pemento verde

  • 2 dentes de allo

  • 1 tomate maduro e pequeno

  • ½ vaso de viño branco

  • Caldo de verdura, carne ou polo (senón, auga)

  • Azafrán e colorante

  • Sal e aceite de oliva


Elaboración:

1.- Nunha pota, facemos un refrito coas verduras picadas e tres culleradas de aceite (o allo e mailo tomate aínda non llo botamos), remexendo para que non se queime.

[caption id="attachment_1215" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos as verduras"]Pasamos as verduras[/caption]

2.- Cando estean brandiñas botámoslle a carne en anacos e o allo picado, e deixamos uns minutos, remexendo de cando en vez.

[caption id="attachment_1216" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a carne"]Engadimos a carne[/caption]

3.- Engadímoslle o tomate, sen tona, en anaquiños. Deixamos tres ou catro minutos máis.

[caption id="attachment_1217" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle o tomate"]Botámoslle o tomate[/caption]

4.- Unha vez listo o refrito, botamos o viño, deixándoo dous minutos.

[caption id="attachment_1218" align="aligncenter" width="150" caption="Engadímoslle o viño"]Engadímoslle o viño[/caption]

Logo, auga (ou caldo) que cubra a carne, e deixamos que se consuma o líquido (unha ½ hora) a lume lento. Eu fíxeno 15 minutos na ola rápida.

[caption id="attachment_1219" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos que se coza a carne"]Deixamos que se coza a carne[/caption]

5.- Engadimos a pasta, azafrán e colorante, sal e auga ou caldo que cubra a pasta.

[caption id="attachment_1220" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos a pasta"]Cocemos a pasta[/caption]

6.- Facemos 15 minutos a lume suave.

[caption id="attachment_1221" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

7 de setembro de 2011

Pasta con mexilóns

Tiña gardada esta receita desde hai moito tempo, recortada dunha revista dominical, e nunca me animara a facela. Hoxe tocou, que tiña gañas de algo distinto e fácil de facer.

[caption id="attachment_1180" align="aligncenter" width="500" caption="Pasta con mexilóns"]Pasta con mexilóns[/caption]

A receita inicial é de Martín Berasategui, que eu variei á miña maneira. Como soe pasar, os ingredientes do cociñeiro non se corresponden exactamente co que amosan as fotos, polo que a unha nunca lle sairá como a el... Faráo adrede, supoño. ;-)

De todos xeitos, quedou rico, así que aí vai.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 400 gr. de pasta branca

  • 2 kg. de mexilóns

  • 1 cebola grande

  • 1 dente de allo

  • Un chorro de viño branco

  • 1 culleriña de pimentón doce

  • 100 ml. de nata líquida

  • 2 culleróns de salsa de tomate

  • Pirixel

  • Unha noz de manteiga

  • Sal e aceite de oliva


Elaboración

1.- Se non temos en reserva, primeiro abriremos os mexilóns ao vapor e faremos a salsa de tomate.

[caption id="attachment_1188" align="aligncenter" width="500" caption="Abrimos os mexilóns ao vapor"]Abrimos os mexilóns ao vapor[/caption]

(Para abrir os mexilóns, poñemos unha pota grande ao lume cunha póla de loureiro e os mexilóns limpos enriba, sen auga. Os moluscos irán soltando a súa auga, así que non se pegará. Tapamos a pota, e vixiamos que non bote por fóra, sacando o testo de vez en cando e remexendo para que todos os mexilóns abran. Cando estean, nuns minutos, retirámolos do lume e deixamos refriar.)

[caption id="attachment_1189" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa de tomate caseira"]Salsa de tomate caseira[/caption]

Podemos reservar a auga que soltaron os mexilóns, coada, para cocer logo a pasta.

[caption id="attachment_1191" align="aligncenter" width="150" caption="Auga dos mexilóns"]Auga dos mexilóns[/caption]

2.- Facemos un sofritido coa cebola picadiña e o allo. Cando estea transparente (a min pasóuseme), engadimos o pimentón. Dámoslle unhas voltas rápidas e botamos o viño e medio vaso de auga.

[caption id="attachment_1190" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos un sofrito"]Facemos un sofrito[/caption]

Deixamos reducir uns cinco minutos a lume suave.

3.- Cócese a pasta en abundante auga (eu empreguei tamén a de abrir os mexilóns) con sal e un chorro de aceite de oliva, ata que estea “al dente”. Escorrémola e reservámola.

4.- Seguindo coa salsa, botamos a nata líquida e a salsa de tomate (podemos engadir moita máis, ao gusto) e deixamos que coza uns minutos, comprobando o sal.

[caption id="attachment_1192" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a nata e o tomate"]Engadimos a nata e o tomate[/caption]

5.- Engadimos os mexilóns e a pasta recén cocida, dándolle unhas voltas e apagando o lume. Botámoslle o pirixel picadiño e a manteiga en anaquiños, mesturando ben.

[caption id="attachment_1195" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos todo"]Mesturamos todo[/caption]


26 de junho de 2011

Polo con froitas

Co permiso de Pasascontodo, publico este post que debería chamarse "Polo de Nieves", que foi quen lle ensinou a receita.


[caption id="attachment_1156" align="aligncenter" width="500" caption="Polo con froitas"]Polo con froitas[/caption]

Este prato mestura sabores doces e salgados, e é unha delicia. Anímovos a probalo!

Ingredientes (para 6 persoas):

  • 1 polo da casa

  • 1 cebola grande

  • 4 dentes de allo.

  • 4 patacas (opcional)

  • Pirixel.

  • Salsa de soia

  • Froitas e froitos secos ao gusto (mazá, piña, castañas, orellóns, ameixas, pasas, figos, piñóns…)

  • 1 vaso de viño branco

  • Aceite e sal


Elaboración:

[caption id="attachment_1157" align="aligncenter" width="300" caption="Igredientes para o adobo"]Igredientes para o adobo[/caption]

1.- Ponse o polo, en trozos grandes, en adobo unha hora con aceite, allo, pirixel e salsa de soia.

[caption id="attachment_1158" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos o polo en adobo"]Poñemos o polo en adobo[/caption]

2.- Cortamos a cebola en aros e pochámola nunha tixola, e cando estea, dispoñémola de base nunha fonte do forno grande.

[caption id="attachment_1159" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola..."]Pasamos a cebola[/caption]

No mesmo aceite, douramos o polo e ímolo poñendo sobre a cebola.

[caption id="attachment_1160" align="aligncenter" width="500" caption="... e no mesmo aceite o polo"]... e no mesmo aceite o polo[/caption]

3.- Se facemos patacas fritidas, cortámolas en tacos e pasámolas antes pola tixola un pouco. Se non, podemos substituílas por castañas (semicocidas e peladas) e/ou mazá (pelada e en tacos).

4.- Prequentamos o forno a 150º.

5.- Ao redor do polo poñemos todas as froitas e froitos secos.

[caption id="attachment_1163" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos as froitas"]Poñemos as froitas[/caption]

Báñase todo con viño e salsa de soia, e botamos un pouco de sal (non moito, porque a salsa de soia tamén salga) e métese no forno unha hora, virando o polo de cando en vez e vixiando que non reseque (podemos mollalo con auga se o precisara).

[caption id="attachment_1164" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

21 de junho de 2011

Rolo de castañeta

Esta é unha receita moi apropiada para o verán, ideal como primeiro prato.

 

 

[caption id="attachment_1148" align="aligncenter" width="500" caption="Rolo de castañeta"]Rolo de castañeta[/caption]

 

 

Facíaa a miña nai ata que descubriu que os "fíos de graxa" das castañetas non eran tal, senón tenias (ver entrada "Parásitos nos peixes"). Eu, como son menos aprensiva e me gusta, pois fágoa igual. Ela sacara a receita dunha casa particular madrileña, á que lle deu o seu toque persoal, e a verdade é que non vimos nada semellante por aí.

 

 

[caption id="attachment_1116" align="aligncenter" width="500" caption="Rolo de castañeta"]Rolo de castañeta[/caption]

 

 

Farta moito, así que esta cantidade é máis que suficiente.

Ingredientes (para 8 persoas)

  • 1 kg. de castañeta

  • 800 gr. de gambas

  • 1 pemento vermello

  • 1 cebola

  • 1 porro

  • 2 ou 3 cenorias

  • 1 ovo

  • Olivas (opcional)

  • Sal


Elaboración

1.- Desconxelamos as gambas e sacámoslles tona e cabezas, que botaremos nunha pota para facer un caldo. Ademais, limpamos a castañeta e botamos tamén na pota as espiñas desta, a cebola, o pemento, as cenorias, o porro...

[caption id="attachment_1125" align="aligncenter" width="500" caption="Ingredientes para o caldo"]Igredientes para o caldo[/caption]

Deixamos que ferva todo de ½ h. a ¾.

[caption id="attachment_1119" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos o caldo"]Fervemos o caldo[/caption]

2.- A castañeta e mailas gambas pícanse en cru xunto co pemento e as cenorias xa cocidos do caldo (sen pel). Se nos gustan, podemos engadir unhas olivas.

[caption id="attachment_1120" align="aligncenter" width="500" caption="Picamos todo"]Picamos todo[/caption]

Á mestura, engadímoslle un ovo batido e sal.

[caption id="attachment_1121" align="aligncenter" width="500" caption="Mesturamos co ovo e sal"]Mesturamos co ovo e sal[/caption]

3.- Collemos un ou dous panos de fío e colocamos nel esa mestura:

[caption id="attachment_1126" align="aligncenter" width="500" caption="Dámoslle forma á mestura"]Dámoslle forma á mestura[/caption]

formando un rolo (ou dous máis pequenos), apretando ben a tea. Se non queda ben axustadiña, corremos o risco de que o rolo non quede compacto e se desfaga en anaquiños.

[caption id="attachment_1122" align="aligncenter" width="500" caption="Envolvemos o rolo"]Envolvemos o rolo[/caption]

Pechamos o pano e atámoslle un fío como unha rede para que non se desfaga.

[caption id="attachment_1127" align="aligncenter" width="500" caption="Rematamos co fío"]Rematamos co fío[/caption]

4.- Colamos o caldo de restos de gambas, espiñas, etc...

[caption id="attachment_1128" align="aligncenter" width="500" caption="Colamos o caldo"]Colamos o caldo[/caption]

e nel cocemos o rolo ½ h. aproximadamente.

[caption id="attachment_1129" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos o rolo"]Cocemos o rolo[/caption]

5.- Retirámolo e deixámolo refriar.

[caption id="attachment_1132" align="aligncenter" width="500" caption="Retirámolo do caldo"]Retirámolo do caldo[/caption]

Quitámoslle o fío e a tea con coidado. Servimos frío con salsa maionesa, rosa e/ou vinagreta.

[caption id="attachment_1133" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

16 de junho de 2011

Salteado de fideos con carne e verduras

Acórdame facer esta receita ou unha similar cando teño que aproveitar moitos restos de verduras variadas, polo que nunca a fago igual.


[caption id="attachment_1014" align="aligncenter" width="500" caption="Salteado de fideos con carne e verduras"]Salteado de fideos con carne e verduras[/caption]


Outras veces fágoa para aproveitar carne, como un ou dous filetes, que para unha comida non dan pero para un salteado si. Para este, sigo unha receita do libro Wok y salteados, que trae moitas variantes:


Libro de cociña




Ao salteado engádolle uns fideos chineses para facer máis consistente o prato.


Como varío moito os ingredientes en función do que teño na neveira, reproduzo a receita base, e comento que acheguei eu nesta ocasión.


Ingredientes (para 4 persoas):



  • 300 gr. de fideos chinos (opcional)

  • 350 gr. de filete de carne (tenreira, porco, polo,...)

  • 1 cebola vermella

  • 1 calabacín

  • 1 cenoria

  • 1 pemento vermello

  • 1 col chinesa pequena

  • 150 gr. de brotes de soia

  • 1 bote de bambú en conserva

  • 150 gr. de anacardos tostados

  • Aceite de xirasol

  • Sal


Para a salsa:



  • 3 culleradas de xerez semiseco

  • 3 culleradas de salsa de soia

  • 1 culleriña de xenxibre moído

  • 1 dente de allo

  • 1 culleriña de fariña de millo

  • 1 cullerada de pasta de tomate


Elaboración


1.- Cortamos todas as verduras en xuliana ou rodas, con coitelo ou raiador, finas.


[caption id="attachment_1020" align="aligncenter" width="500" caption="Cortamos todas as verduras"]Cortamos todas as verduras[/caption]


(Cambiei a col chinesa por lombarda, que tiña que gastala, e engadín un pouco de pemento verde e champiñóns).


2.- Facemos o mesmo coa carne.


[caption id="attachment_1021" align="aligncenter" width="500" caption="Carnes"]Carnes[/caption]


(Nesta ocasión, eu aproveitei uns filetes de peituga de polo e xamón).


3.-Imos preparando a salsa, mesturando os seus ingredientes.


[caption id="attachment_1100" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos lista a salsa"]Deixamos lista a salsa[/caption]


4.- Quentamos ben un wok e engadimos dúas culleradas de aceite. Imos ir engadindo por pasos os ingredientes:


a) A cebola e a carne, durante 4-5 minutos, ata que a cebola abrande e a carne doure.


[caption id="attachment_1022" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola e a carne"]Pasamos a cebola e a carne[/caption]


b) Cenoria, pemento e calabacín, outros 5 minutos (eu tamén engadín os champiñóns).


[caption id="attachment_1023" align="aligncenter" width="500" caption="Seguimos engadindo verduras"]Seguimos engadindo verduras[/caption]


c) A col chinesa (eu, lombarda), os brotes de soia e o bambú, 2-3 minutos (ata que a col reduza).


[caption id="attachment_1024" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos as últimas verduras"]Engadimos as últimas verduras[/caption]


d) Mesturámoslle os anarcardos (eu engadinlle neste momento o xamón).


[caption id="attachment_1095" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos os anacardos"]Botamos os anacardos[/caption]


e) Engadimos a salsa, mesturamos e deixamos que ferva dous os tres minutos ata que espese.


[caption id="attachment_1101" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos a salsa"]Botamos a salsa[/caption]


5.- Mentres (opcional), cócense os fideos en abundante auga e un pouco de sal. Para iso, botámolos na auga, apagamos o lume e deixámolos tres minutos dentro.


[caption id="attachment_1102" align="aligncenter" width="500" caption="Cócense os fideos"]Cócense os fideos[/caption]


Ao pasar o tempo, reméxense cun garfo,


[caption id="attachment_1103" align="aligncenter" width="150" caption="Remexemos cun garfo"]Remexemos cun garfo[/caption]


escórrense, enfríanse con auga fría e resérvanse.


[caption id="attachment_1104" align="aligncenter" width="150" caption="Escorrémolos"]Escorrémolos[/caption]


6.- Salteamos finalmente un pouco todo cos fideos (eu esquecinme) e servimos no momento.


[caption id="attachment_1107" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

10 de junho de 2011

Presumindo de blog

Aínda non incluín nada no blog, pero presumo que non vexas cos amigos/as...