Esta receita fágoa desde hai anos. Está sacada dun libro de cociña para nenos/as, do que fotocopiara as receitas que mellor pinta me tiñan. [caption id="attachment_614" align="aligncenter" width="300" caption="Profiteroles"]

[/caption]
Esta é moi sinxela de facer, e a verdade é que che deixa quedar moi, pero que moi ben. Acostumo facer uns recheos de nata e outros de crema, para que haxa do gusto de todos/as.Ingredientes:
- 150 gr. de fariña
- 250 ml. de auga
- ¾ culleriña de sal
- 100 gr. de manteiga
- 5 ovos
Elaboración:
1.- Tamizamos a fariña e reservámola. Prequentamos o forno a 200º e botamos manteiga na súa bandexa.
2.- Quentamos a lume lento a auga, o sal e a manteiga.
[caption id="attachment_616" align="aligncenter" width="300" caption="Desfacemos a manteiga"]

[/caption]
Cando faga burbullas, retiramos a pota do lume e botamos dun golpe a fariña tamizada. Batemos fortemente ata que se separe das paredes da pota. Deixamos enfriar un par de minutos.
[caption id="attachment_617" align="aligncenter" width="300" caption="Facemos a masa"]

[/caption]
3.- Engadímoslle 4 dos ovos batidos pouco a pouco, ata que a masa fique suave e brillante.
[caption id="attachment_618" align="alignleft" width="300" caption="Botámoslle os ovos..."]

[/caption]
[caption id="attachment_619" align="alignright" width="300" caption="... e remexemos ben "]

[/caption]
4.- Metemos a masa nunha manga pasteleira e formamos as figuras desexadas na bandexa do forno (bocadiños, paliños,...).
[caption id="attachment_621" align="alignleft" width="300" caption="Na bandexa do forno..."]

[/caption]
[caption id="attachment_622" align="alignright" width="300" caption="... facemos as formas desexadas"]

[/caption]
Pintámolas co ovo batido que queda.
[caption id="attachment_624" align="aligncenter" width="300" caption="Pintámolas con ovo"]

[/caption]
5.- Forneamos de 20 a 25 minutos, ata que douren.
[caption id="attachment_625" align="aligncenter" width="300" caption="Forneamos"]

[/caption]
6.- Sacámolos a unha fonte, e facémoslle un corte para poder abrilos e así enchelos.
[caption id="attachment_636" align="aligncenter" width="300" caption="Facémoslle un corte"]

[/caption]
7.- Para os recheos: facemos nata montada con azucre e crema pasteleira. Para facer esta, sigo a receita de Pasascontodo:
Crema pasteleira: a cantidade é xusta para encher a metade dos profiteroles, polo que se os facemos todos de crema, teriamos que duplicar as cantidades. Eu fíxena en primeiro lugar para que estivera fría cando enchera os profiteroles.
Ingredientes:
- 1/2 l. de leite
- 100 gr. de azucre
- 40 gr. de maizena
- 2 ovos
- 1 póla de canela (opcional)
- A tona dun limón (opcional)
Elaboración:
a) Quentamos o leite, reservando un vaso frío (no leite podemos botar a canela e a tona de limón, para que lle dean sabor).
b) Nun bol, mesturamos a
maizena e o azucre. Imos incorporando o leite frío sen deixar de remexer cunha barilla.
c) Incorporamos os ovos e seguimos remexendo.
[caption id="attachment_632" align="aligncenter" width="300" caption="Remexemos ben"]

[/caption]
d) Engadímoslle o leite quente e poñemos ao lume normal, dándolle voltas continuamente coa barilla (se queremos, cunha culler de pao apoiada na tona de limón). Retiramos do lume cando espese.
[caption id="attachment_633" align="aligncenter" width="300" caption="A crema vai espesando"]

[/caption]
8.- Enchemos os profiteroles cos recheos.
[caption id="attachment_637" align="aligncenter" width="300" caption="Enchemos de nata e crema"]

[/caption]
9.-
Para a capa de chocolate:
Aquí varío algo as cantidades, pois na receita orixinal engadía 100 gr. de azucre glacé, quedando o chocolate demasiado doce. Redúzolle, pois, ese ingrediente, e duplico a cantidade de auga, para que non quede tan espeso. A ver que tal...Ingredientes:
- 100 gr. de chocolate
- 30 gr. de azucre glacé
- 25 gr. de manteiga
- 6 culleradas de auga
Elaboración:
a) Partimos o chocolate e derretémolo a lume lento coa manteiga.
[caption id="attachment_627" align="aligncenter" width="300" caption="Mesturamos"]

[/caption]
b) Botamos a auga, afastámolo do lume, tamizámoslle o azucre e remexemos ben.
[caption id="attachment_626" align="aligncenter" width="300" caption="Preparamos o chocolate"]

[/caption]
10.- Coa axuda dunha manga pasteleira, cubrimos os profiteroles xa recheos.
[caption id="attachment_628" align="aligncenter" width="300" caption="Adornamos co chocolate"]

[/caption]
E gardámolos no frío ata comelos.
[caption id="attachment_629" align="alignleft" width="300" caption="Resultado final"]

[/caption]
[caption id="attachment_638" align="alignright" width="300" caption="Mmmmmmmmmmmmmm!!!!"]

[/caption]