4 de dezembro de 2010

Centola rechea

Esta receita é do "Escalo", outro blogueiro de Saraghallada que está á espera de legalizarse ;-).



[caption id="attachment_656" align="aligncenter" width="300" caption="Centola rechea"] Centola rechea[/caption]

Escalo di: "É un prato mariñeiro da costa vasca. Orixinario dos barcos que pasaban tempadas en alta mar e tiñan que crear receitas para poder comer variado cociñando os mesmos ingredientes. Eu aprendina dun bo amigo da familia -Juan Queiruga-, maquinista naval e aficionado á cociña que as elaboraba no tempo libre que tiña a bordo, e nós só as forneabamos, case sempre con boi (txangurro).  Hai múltiples variantes (con ovo, con outras verduras, viños, etc) pero a esencia é a mesma".

Ingredientes (para 2 persoas):

[caption id="attachment_658" align="aligncenter" width="300" caption="Ingredientes necesarios"]Ingredientes necesarios[/caption]

  • 2 centolas de ración (neste caso importadas)

  • 1 cebola

  • 1 anaco de porro

  • 2 dentes de allo

  • pirixel picado

  • 1 copa de brandy

  • 1 copa de viño de Xerez seco (Tío Pepe ou similar)

  • Aceite de oliva

  • Pan raiado

  • Sal


Elaboración:

1.- Cocemos o marisco (seguimos as indicacións da receita de "Marisco" neste blog).

[caption id="attachment_659" align="alignleft" width="300" caption="Centolas crúas..."]Centolas crúas...[/caption]

[caption id="attachment_660" align="alignright" width="300" caption="... e xa cocidas"]... e xa cocidas[/caption]

Desmigámoslle a carne. Require paciencia, moito coidado para que non vaian anacos de cuncha, e tempo.

[caption id="attachment_661" align="aligncenter" width="300" caption="Desmigamos as centolas"]Desmigamos as centolas[/caption]

Reservamos.

2.- Picamos finas as verduras e poñemos a pochar.

[caption id="attachment_664" align="aligncenter" width="300" caption="Imos pochando as verduras"]Imos pochando as verduras[/caption]

3.- Cando estean as verduras pochadas, engadimos a carne das centolas, a copa de viño e o brandy.

[caption id="attachment_665" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos os demais ingredientes"]Engadimos os demais ingredientes[/caption]

Cociñamos a lume alto para que evapore o alcohol. Rectificamos o sal e apartamos do lume. Se fose preciso desgraxamos. Neste caso non fixo falta.

[caption id="attachment_666" align="aligncenter" width="300" caption="Cociñamos"]Cociñamos[/caption]

4.- Con este recheo, enchemos os caparazóns das centolas.

[caption id="attachment_667" align="aligncenter" width="300" caption="Enchemos as cunchas das centolas"]Enchemos as cunchas das centolas[/caption]

5.- Espolvoreamos con abundante pan raiado e pirixel e gratinamos (6-8 min) ata que estean douradas.

[caption id="attachment_668" align="alignleft" width="300" caption="As centolas listas..."]As centolas listas...[/caption]

[caption id="attachment_669" align="alignright" width="300" caption="... para fornear"]... para fornear[/caption]

Esta receita pódese preparar de víspera e gratinar xusto antes de servir (neste caso fanlle falta uns 15 min). Tamén se poden elaborar racións individuais aproveitando cunchas de vieira -queda moi vistosa-.

Outra variante: con boi de mar (riquísimo, e máis fácil de desmigar a carne).

Cun blanco afroitado marida moi ben.

Um comentário:

  1. Um!, que buena pinta!, pero.. como no lo he probado nunca.. no puedo opinar más!

    ResponderExcluir