12 de fevereiro de 2011

Bica

Unha amiga pasoulle esta receita a Cachelo, e el a min. Gústanme as bicas todas, aínda que teño que recoñecer que como as de Trives e Castro Caldelas non hai (cando chas venden fresquiñas, claro).



[caption id="attachment_901" align="aligncenter" width="500" caption="Bica"] Bica[/caption]

Penso que as tradicionais están máis cargadas de manteiga, e esta é máis lixeira. Fágoa hoxe para compracer a unha cuñada moi "ghulicheira".



Ingredientes

  • 150 gr. de manteiga de vaca ou mantequilla

  • 200 ml. de nata líquida

  • 3 ovos

  • 300 gr. de azucre

  • 300 gr. de fariña

  • 1 sobre de levadura Royal




Elaboración:

1.- Derrétese a manteiga, e bátese coa nata, o azucre e os ovos.

[caption id="attachment_945" align="alignleft" width="150" caption="Derrétese a manteiga..."]Derrétese a manteiga...[/caption]

[caption id="attachment_946" align="alignright" width="150" caption="... e imos mesturando"]... e imos mesturando[/caption]

[caption id="attachment_947" align="aligncenter" width="500" caption="Batemos ben"]Batemos ben[/caption]

2.- Tamízase a fariña, e incorpórase á mestura coa levadura.

[caption id="attachment_948" align="alignleft" width="150" caption="Fariña tamizada"]Fariña tamizada[/caption]

[caption id="attachment_949" align="alignright" width="150" caption="Incorporamos a fariña"]Incorporamos a fariña[/caption]

[caption id="attachment_950" align="aligncenter" width="500" caption="Resulta unha masa ben espesa"]Resulta unha masa ben espesa[/caption]

3.- Enmantécase un molde rectangular para o forno e enfaríñase.

[caption id="attachment_953" align="aligncenter" width="150" caption="Molde rectangular"]Molde rectangular[/caption]

4.- Botamos a masa no molde, alisámola e engadíndolle unha capa fina de azucre para que forme unha costra.

[caption id="attachment_954" align="aligncenter" width="500" caption="Botamos a masa no molde..."]Botamos a masa no molde...[/caption]

[caption id="attachment_955" align="aligncenter" width="500" caption="...alisámola e botamos azucre"]...alisámola e botamos azucre[/caption]

5.- Préndese o forno 8 minutos a 250º.

6.- Metemos o molde no forno media hora máis ou menos a 200º.

[caption id="attachment_956" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

7.- Desmóldase.

[caption id="attachment_957" align="aligncenter" width="500" caption="Queredes a proba?"]Queredes a proba?[/caption]

11 de fevereiro de 2011

Luras recheas

A miña nai fai varias versións desta receita, que máis ou menos levan os mesmos ingredientes base: lura ou calamar, xamón, tomate, viño, ovo e pan.



[caption id="attachment_909" align="aligncenter" width="500" caption="Luras recheas "] Luras recheas [/caption]

É un prato moi apropiado para facer o día anterior, e requentalo á hora de xantar.


Ingredientes

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • Luras enteiras (2 por persoa) ou calamares

  • Xamón serrano

  • Pemento vermello ou morrón

  • 1 ovo

  • Miolo de pan

  • 1 vaso de viño branco

  • 2 ou 3 culleradas de tomate triturado

  • Pementa branca

  • Aceite, fariña e sal

  • Palillos




Elaboración:

1.- Lavamos as luras e separamos o corpo (que quedará enteiro) de tentáculos e aletas, que picamos en anaquiños.

[caption id="attachment_910" align="alignleft" width="150" caption="Calamares limpos"]Calamares limpos[/caption]

[caption id="attachment_912" align="alignright" width="150" caption="Cortámoslle as aletas"]Cortámoslle as aletas[/caption]


2.- Sofritimos media cebola cun dente de allo;

[caption id="attachment_913" align="aligncenter" width="150" caption="Facemos un rustrido"]Facemos un rustrido[/caption]

engadimos os tentáculos e aletas, o xamón e algo de pemento cortados en anaquiños, pementa branca e sal ao gusto (coidado! porque o xamón xa achega sal abondo).

[caption id="attachment_915" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos os anacos de lura..."]Engadimos os anacos de lura[/caption]

[caption id="attachment_917" align="aligncenter" width="500" caption="... e o pemento e o xamón"]... e o pemento e o xamón[/caption]

3.- Cando estea ben feitiño botámoslle o ovo batido e unhas frangullas de pan. Ao que calle un pouco o ovo, retiramos (eu, que tiña ovo cocido, tamén llo engadín, para aproveitalo).

[caption id="attachment_918" align="aligncenter" width="500" caption="E máis ovo e pan"]E máis ovo e pan[/caption]

4.- Con esa mestura, enchemos o corpo das luras (unhas ¾ partes para que non estoupen ao fritilas); danos máis xeito se as suxeitamos polo borde, coma se fosen saquiños; pechámolas cun palillo.

[caption id="attachment_920" align="aligncenter" width="300" caption="Enchemos os calamares"]Enchemos os calamares[/caption]

Se sobra recheo, reservámolo para a salsa.

5.- Pasamos as luras cheas e pechadas por fariña. Nunha tixola, botamos aceite e fritímolas un chisco, volta e volta. Prequentamos o forno a 200º, ou collemos unha pota.

[caption id="attachment_924" align="aligncenter" width="500" caption="Fritímolas volta e volta..."]Fritímolas volta e volta[/caption]

[caption id="attachment_932" align="aligncenter" width="150" caption="... e reservamos"]... e reservamos[/caption]

6.- Facemos unha salsa: con parte do aceite de fritir as luras, refógase a outra ½ cebola, outro dente de allo e pemento morrón, e cando estea pochado engadímoslle o tomate.

[caption id="attachment_927" align="aligncenter" width="500" caption="Preparamos a salsa"]Preparamos a salsa[/caption]

Salgámolo (outra vez con coidado) e pasámolo todo polo batedor. Botámosllo ás luras, dispostas nunha fonte para o forno ou nunha pota, e engadimos o viño (e eu boteille outro ovo cocido que me sobraba).

[caption id="attachment_933" align="aligncenter" width="500" caption="Batemos a salsa..."]Batemos a salsa[/caption]

... e engadímoslla aos calamares

7.- Fanse no forno uns 35 ou 40 minutos, ou deixamos que ferva nunha pota menos tempo.

[caption id="attachment_935" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

[caption id="attachment_936" align="aligncenter" width="500" caption="Listos para saborear!"]Listos para saborear![/caption]

Lasaña de vieiras e langostinos

[caption id="attachment_916" align="aligncenter" width="500" caption="Lasaña de vieiras e langostinos"]Lasaña de vieiras e langostinos[/caption]

Aprendín a facer este exquisito prato do libro "La biblia de la pasta", que reseñamos nunha anotación anterior. Ando na busca de receitas que integren a pasta cos productos do mar, e esta era unha das que mellor pinta tiñan. Aínda que os langostinos non son galegos, probablemente se poida adaptar para facela con outros produtos do país. Os ingredientes son caros, pero o resultado é moi rico e diferente, ideal para ocasións especiais.

[caption id="attachment_914" align="aligncenter" width="500" caption="Ingredientes da lasaña"]Ingredientes da lasaña[/caption]


Ingredientes (4-5 persoas):

  • 8 vieiras

  • 500 gr de langostinos, crus e pelados

  • 2 dentes de allo, aplastados

  • 50+25 gr de manteiga

  • 50 gr de fariña

  • 600 ml de leite (moi quente)

  • 100 ml de nata líquida

  • 100 ml de viño branco seco (non ácido!)

  • 1/2 sobre de azafrán moido

  • 2 cayenas  (das pequenas) moi picadas

  • 130 gr de queixo gouda en lonchas finas (a receita orixinal usa queixo fontina; o gouda non é o mesmo pero pode substituílo)

  • 75 gr de queixo parmesano recén raiado

  • 10 ou 12 follas de lasaña (para dúas capas)

  • sal e pementa negra moida



Preparación

  1. Temos que prequentar o forno a 190º C

  2. Cortamos as vieiras, os corais e os langostinos en anacos pequenos. Picamos o allo moi fino e mesturamos co marisco picado. Engadimos sal e pementa ao gosto á esta mestura.

  3. Poñemos unha pota grande con auga ao lume máximo. Cando rompe a ferver, bótase sal e un pouco de aceite, e imos botando as follas de lasaña a cocer. Hai que vixiar moito no comezo da cocción para que as follas non se queden pegadas entre si, procurando separalas con unha culler de madeira ata que abrandan un pouco e vemos que esvaran ben entre elas. Despois deste punto é moi difícil que se queden pegadas. Cando a pasta está cocida, se escorren con coidado nun escurridor e se refrescan un pouco con auga fría para parar a cocción e se estenden nun pano limpo.

  4. Nunha tixola derretese suavemente 25 gr de manteiga e se saltea o marisco nela a lume medio, durante un par de minutos ou ata que os langostinos collan un pouco de cor.

    [caption id="attachment_919" align="aligncenter" width="500" caption="Vieiras e langostinos salteados con manteiga"]Vieiras e langostinos salteados con manteiga[/caption]

    Se reserva o marisco nun prato aparte, procurando escurrir ben o caldo e a manteiga na tixola.

  5. Usaremos o caldo e a manteiga que quedou na tixola, ademais do resto da manteiga, a fariña e o leite, para preparar unha salsa bechamel moi sabrosa. Para isto engádese toda a manteiga na tixola e derrétese suavemente. Incorpórase entón a fariña, pouco a poco, procurando que quede ben mesturada coa manteiga (axuda un pouco se se vai botando a fariña a través dun colador ou tamizador). Cocíñase durante un ou dous minutos (o lume non pode ser forte).

  6. Neste momento debemos comezar a engadir o leite quente, pouco a pouco, removendo ben a mestura con un batedor de varillas, ata que forme unha pasta homoxénea, sen grumos.Engadimos un pouco mais de leite e removemos outra vez, con enerxía, ata que se forma outra vez unha masa homoxénea. O proceso se repite ata que todo o leite queda incorporado e a bechamel queda ligada. Consellos (1) Para que o leite se mesture ben ten que estar moi quente. (2) É moito mais fácil usando o batedor (3) Non podemos botar demasiada cantidade de leite de cada vez, pois será difícil desfacer os grumos que sempre se forman.

    [caption id="attachment_923" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa bechamel"]Salsa bechamel[/caption]

  7. Engádese á bechamel a nata líquida, o viño, o azafrán, a cayena, e sal e pementa ao gosto. Se cociña un par de minutos e se retira do lume.

  8. Prepárase a lasaña nunha fonte de forno: bótase un terzo da salsa no fondo. Sobre ela se coloca a metade do queixo gouda, ben repartido. Por encima botamos un terzo do queixo parmesano, logo a metade do marisco e por último cubrimos con unha capa de follas de lasaña.

    [caption id="attachment_928" align="aligncenter" width="500" caption="Montaxe da lasaña"]Montaxe da lasaña[/caption]

    Se repiten unha segunda vez as mesmas capas: 1/3 da salsa, a outra metade do queixo gouda, 1/3 do queixo parmesano, o resto do marisco e a segunda capa de follas de lasaña. Sobre estas se bota o resto da salsa, e por último se reparte o que queda de queixo parmesano.

  9. Métese a lasaña no forno e cociñase aproximadamente durante 30 minutos. Deixase repousar 5 ou 10 minutos antes de servila.

8 de fevereiro de 2011

Salsa vinagreta

Así é como a fai a miña nai, para acompañar o peixe cocido ou unha ensaladilla.

[caption id="attachment_879" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa vinagreta"]Salsa vinagreta[/caption]

Das cantidades que empreguemos dependerá a cantidade de salsa que saia. Podémola facer máis ou menos líquida (eu fíxena bastante basta).



Ingredientes (para 2 persoas):

[caption id="attachment_880" align="aligncenter" width="150" caption="Ingredientes necesarios"]Ingredientes necesarios[/caption]

  • Un anaco de cebola

  • Un anaco de pemento vermello

  • 2 ovos cocidos

  • Pirixel

  • 75 ml. de aceite

  • 25 ml. de vinagre

  • Sal



Elaboración:

1.- Picamos todas as hortalizas moi, moi miudiñas, e ímolas botando nunha salseira.

[caption id="attachment_881" align="aligncenter" width="500" caption="Picamos todo moito"]Picamos todo moito[/caption]

Tamén picamos o ovo cocido.

2.- Engadimos sal, aceite e vinagre. Para as proporcións destes, por cada tres partes de aceite botamos unha de vinagre.

[caption id="attachment_882" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos o sal, o aceite e o vinagre"]Engadimos o sal, o aceite e o vinagre[/caption]

3.- Engadimos o ovo picado, mesturamos ben, e listo!

7 de fevereiro de 2011

Peitugas con xamón e queixo

Esta receita dérama xa hai uns anos unha amiga, Patricia, pois era algo relativamente fácil e cómodo para unha comida de moita xente.




[caption id="attachment_856" align="aligncenter" width="500" caption="Peitugas recheas de xamón e queixo"] Peitugas recheas de xamón e queixo[/caption]

Teño que preguntarlle de onde sacara ela a receita, pois buscando na rede non atopei ningunha semellante (a maioría rebozan as peitugas e frítenas).


Ingredientes (para 4 persoas)

  • 4 peitugas de polo abertas

  • 4 lonchas de queixo de barra

  • 4 lonchas de xamón serrano

  • 200 gr. de cebola

  • 250 gr. de champiñóns

  • 2 dentes de allo

  • 150 ml. de viño branco

  • 200 ml. de nata líquida

  • Pementa negra

  • Sal e aceite de oliva




Elaboración

1.- Pedimos que nos abran as peitugas coma un libro;

[caption id="attachment_857" align="aligncenter" width="150" caption="Peitugas abertas"]Peitugas abertas[/caption]

salpimentamos a parte interior, onde logo lle metemos unha loncha de xamón e outra de queixo a cada unha (eu metinlle tamén un pouco de queixo de Arzúa)

[caption id="attachment_858" align="alignleft" width="150" caption="Salpimentamos, xamón..."]Salpimentamos, xamón...[/caption]

[caption id="attachment_859" align="alignright" width="150" caption="... e queixo"]... e queixo[/caption]


pechámolas con axuda dun ou dous palillos.

[caption id="attachment_860" align="aligncenter" width="500" caption="Pechámolas cuns palillos"]Pechámolas cuns palillos[/caption]

2.- Nunha pota grande, botamos un chisco de aceite e sofritimos a cebola e mailo allo cortados en xuliana.

[caption id="attachment_863" align="aligncenter" width="150" caption="Pasamos cebola e allo"]Pasamos cebola e allo[/caption]

3.- Cando estea dourado, poñemos as peitugas e engadimos os champiñóns fileteados (desta volta boteille unha variedade chamada Portobello -Agaricus brunnescens-).

[caption id="attachment_864" align="alignleft" width="150" caption="Champiñóns Portobello (Agaricus brunnescens) "]Champiñóns Portobello (Agaricus brunnescens) [/caption]

[caption id="attachment_865" align="alignright" width="150" caption="Engádense os champiñóns"]Engádense os champiñóns[/caption]


Dámoslle unhas voltas e botamos o viño.

[caption id="attachment_866" align="aligncenter" width="500" caption="Que ferva un chisco"]Que ferva un chisco[/caption]

4.- Logo de que ferva o viño uns minutos, engadimos a nata e deixamos cocer unha media hora.

[caption id="attachment_867" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos coa nata"]Fervemos coa nata[/caption]

5.- A media cocción, botámoslle pementa negra e sal.

[caption id="attachment_870" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

[caption id="attachment_871" align="aligncenter" width="500" caption="Listo para comer!"]Listo para comer![/caption]

2 de fevereiro de 2011

Peixe ao forno

Outra receita máis do repertorio materno, que acostuma facer con xurelo grande, coruxo ou rodaballo, pero que hoxe tocou de sargo, que estaban moi fresquiños e a bo prezo.



[caption id="attachment_800" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe ao forno"] Peixe ao forno[/caption]

As patacas, así feitas, son unha esquisitez!


Ingredientes (para 4 persoas)

  • 3 peixes azuis enteiros grandes (xurelo, xarda, sargo, ollomol...)

  • 1 pemento vermello

  • 2 ou 3 tomates maduros (ou tomate triturado)

  • 1 sobre de colorante

  • Patacas

  • Viño branco

  • Limón

  • Sal e aceite de oliva




Elaboración

1.- Antes de nada, lavamos o peixe, escorrémolo e salgámolo.

[caption id="attachment_801" align="aligncenter" width="500" caption="Sargos"]Sargos[/caption]

2.- Preparamos unha tixola con abundante aceite. Parte das patacas cortámolas en rodaxas gordas, botámoslle un pouco de sal e ímolas fritindo e dispoñendo de base nunha fonte para o forno.

[caption id="attachment_802" align="alignleft" width="150" caption="Patacas para a base"]Patacas para a base[/caption]

[caption id="attachment_804" align="alignright" width="150" caption="Fritimos as patacas"]Fritimos as patacas[/caption]

[caption id="attachment_803" align="aligncenter" width="150" caption="Dispoñemos as patacas fritidas na fonte"]Dispoñemos as patacas fritidas na fonte[/caption]


Sobre elas colocamos o sargo, ao que lle introducimos unha roda de limón na "barriga" (debemos evitar facerlle cortes ao peixe para introducir o limón no lombo, pois así resecaríase).

[caption id="attachment_809" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos o sargo sobre as patacas"]Poñemos o sargo sobre as patacas[/caption]

3.- O resto das patacas cortámolas coma para fritir, pero ben gordas. Engadímoslles tiras anchas de pemento e un pouco de sal e tamén as pasamos pola tixola, e as imos colocando ao redor do peixe.

[caption id="attachment_812" align="alignleft" width="150" caption="Patacas e pemento"]Patacas e pemento[/caption]

[caption id="attachment_814" align="alignright" width="500" caption="... e botámolos ao redor do peixe"]... e botámolas ao redor do peixe[/caption]

[caption id="attachment_813" align="aligncenter" width="150" caption="Fritímolos..."]Fritímolos...[/caption]

4.- Prequentamos o forno a 175º. Nun cazo botamos o tomate picadiño (mellor sen a tona), o colorante, un chorro de aceite de oliva, sal e cubrimos ben co viño branco.

[caption id="attachment_817" align="alignleft" width="150" caption="Facemos a mestura..."]Facemos a mestura...[/caption]

[caption id="attachment_825" align="alignright" width="150" caption="... e poñémola a quentar"]... e poñémola a quentar[/caption]

Dámoslle un fervor para adiantar o proceso, e rociamos con esta mestura todo o da fonte.

[caption id="attachment_818" align="aligncenter" width="500" caption="Rociamos coa mestura"]Rociamos coa mestura[/caption]

5.- Facémolo no forno aproximadamente uns 45 minutos.

[caption id="attachment_819" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]