[caption id="attachment_570" align="aligncenter" width="300" caption="Cocido"]
[/caption]Non pretendo colgar esta receita como "estrela", nin moito menos. De feito, Pataca Brava non era partidaria de que a puxera "porque é algo que sabe facer todo o mundo". Pero eu como tampouco sabía facela e tiven que aprendela, vouna poñer por se hai algún novato/a que queira iniciarse nela. Ao xeito da miña nai, como non.
Ingredientes (os que máis nos gosten):
[caption id="attachment_571" align="aligncenter" width="300" caption="Ingredientes"]
[/caption]- Polo/galiña
- Carne de porco: costela desalgada, lacón, paleta, xamón, orella,...
- Carne de tenreira: costela, falda, xarrete, peito, paleta con óso,...
- Ósos de asuán e de caña, xeonllo...
- Fabas (se son frescas, non deixar en remollo)
- Garavanzos (deixar en remollo ata inchar)
- Patacas (unha por persoa)
- Chourizos
- Verdura (nós usamos a da horta, pero pode ser repolo, nabiza...)
- Sal
- Un anaco de unto (o tamaño dunha cullerada)
[caption id="attachment_572" align="aligncenter" width="300" caption="Unto: segredo dun bo cocido"]
[/caption]Elaboración:
1.- Nunha pota, bótanse en abundante auga co unto as carnes. Deixamos cocer unha hora e media, sacando aquelas cousas que se vaian facendo antes (coma o polo e a costela desalgada).
[caption id="attachment_573" align="aligncenter" width="300" caption="Cocemos as carnes"]
[/caption]2.- As fabas e garavanzos podemos facelos á parte con caldo das carnes (se queremos, metémolos nunha bolsa de tea para poder separalos ben despois). A min as fabas se me desfixeron... (unha hora sóbralle). Aos garavanzos boteille 5' un chourizo, pinchándoo para que soltara graxa, e logo retireino.
[caption id="attachment_574" align="aligncenter" width="300" caption="Garavanzos"]
[/caption]3.- Sácanse as carnes para outra pota.
[caption id="attachment_575" align="aligncenter" width="300" caption="Retiramos as carnes"]
[/caption]Na mesma auga (probamos o sal), botamos dúas patacas grandes cortadas en anacos e os chourizos. Que fervan 5’.
4.- Sacamos os chourizos. Quitamos algo de líquido para a pota das carnes (para quentalas ao remate) e se queremos máis para facer sopa.
5.- Lavamos e cortamos a verdura, quetándolle o cañoto gordo.
[caption id="attachment_576" align="aligncenter" width="300" caption="Lavamos e cortamos a verdura"]
[/caption]Na auga que quede, facemos a verdura, e dúas ou tres patacas enteiras, 30’.
[caption id="attachment_577" align="alignleft" width="300" caption="Por último, cocemos a verdura coas patacas"]
[/caption][caption id="attachment_578" align="alignright" width="300" caption="Resultado final"]
[/caption]








































