12 de outubro de 2010

Albóndigas de carne

Así as fai a miña nai, e así son como me gustan (non soporto as prefabricadas!). Levan relativamente pouco tempo (como moito unha hora), e se sobran poden conxelarse racións para días posteriores nos que se come só/a.

 

[caption id="attachment_485" align="aligncenter" width="300" caption="Albóndigas de carne"] Albóndigas de carne[/caption]

A carne picada debe ser de tenreira, ou en todo caso dun tipo só. Eu antes mesturaba tenreira e porco a partes iguais, ata que un carniceiro da praza de abastos de Pontevedra me deu unha clase moi ben dada sobre por que non se debía facer iso. Antes facíase, sobre todo, para aforrar en tenreira, que era moi cara. Basicamente, argumenta este amable profesional que as carnes teñen momentos de putrefacción diferentes, e que unha (o porco) deteriora a outra (a tenreira), sobre todo no desconxelado. Ademais, quedan máis ricas. Por suposto, agora fágolle caso. Grazas!

Ingredientes (para 3 persoas):

  • ½ kg. de carne picada (de tenreira)

  • 1 cebola grande

  • 2 ou 3 dentes de allo

  • 1 ovo batido

  • Miolo de pan reseso ou pan relado

  • Pirixel

  • Pementa branca

  • Fariña

  • Aceite de oliva

  • Sal

  • 1 vaso de viño branco


Elaboración

1.- Nun bol, mesturamos a carne co ovo batido, un pouco de miolo de pan reseso, allo picadiño, pirixel, pementa branca moída e sal.

[caption id="attachment_493" align="aligncenter" width="300" caption="Preparamos a carne"]Preparamos a carne[/caption]

Formamos con esa mestura bolas, e ímolas enfariñando.

[caption id="attachment_494" align="alignleft" width="300" caption="Formamos as bólas..."]Formamos as bólas...[/caption]

[caption id="attachment_495" align="alignright" width="300" caption="... e imos enfariñándoas"]... e imos enfariñándoas[/caption]

2.- Quentamos abundante aceite nunha tixola e imos fritindo as albóndigas, un pouco por cada lado.

[caption id="attachment_499" align="alignleft" width="300" caption="Fritimos as albóndigas..."]Fritimos as albóndigas...[/caption]

[caption id="attachment_500" align="alignright" width="300" caption="... un pouco por cada lado"]... un pouco por cada lado[/caption]

3.- Picamos a cebola, e nunha pota na que collan as albóndigas, botamos catro culleradas de aceite e fritimos a cebola ata dourar.

[caption id="attachment_502" align="aligncenter" width="300" caption="Pasamos a cebola"]Pasamos a cebola[/caption]

4.- Cando as albóndigas estean, ímolas botando na pota.

[caption id="attachment_504" align="aligncenter" width="300" caption="Botamos as albóndigas na pota"]Botamos as albóndigas na pota[/caption]

Engadimos o viño, auga que lle chegue cando menos á metade e un pouco do aceite de fritilas (eu tamén lle boto os restos sólidos que quedan ao coalo).

[caption id="attachment_503" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos viño e auga"]Engadimos viño e auga[/caption]

Deixamos que ferva unha ½ hora a lume lento, remexendo de cando en vez para que non se peguen.

[caption id="attachment_488" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

5.- Este prato pódese acompañar de arroz en branco, cuscús (ver receita do "Choco na súa tinta") ou patacas fritidas, cortadas en cadradiños. Ás veces fágoas con ondulacións (sobre todo cando comen nenos/as, que lles gustan moito), e como sempre hai alguén que me pregunta como se fan, aí volo mostro. Hai que ter un utensilio que as corta coa forma:

[caption id="attachment_489" align="alignleft" width="300" caption="Co cortador..."]Co cortador...[/caption]



[caption id="attachment_490" align="alignright" width="300" caption=".. imos dándolle a forma desexada"]... imos dándolle a forma desexada[/caption]


6.- Botámoslle sal e fritímolas en abundante aceite ben quente.

[caption id="attachment_505" align="alignleft" width="300" caption="Botámoslle sal..."]Botámoslle sal...[/caption]

[caption id="attachment_506" align="alignright" width="300" caption="... e fritímolas"]... e fritímolas[/caption]

3 comentários:

  1. Hoxe fixen a túa receita de albóndigas e están boísimas,para o meu gusto mellor que con tomate xa que non me gusta moito,tamén quedan ricas con unha salsa española.

    ResponderExcluir
  2. Alégrome, Montse!!! Que aproveite!

    ResponderExcluir
  3. Pois eu acabo de enterarme aquí do asunto de non mesturar as carnes de porco e tenreira, que é o que sempre facía ata agora. Mira tí, o que se aprende neste blogue!!

    ResponderExcluir