[caption id="attachment_1208" align="aligncenter" width="500" caption="Filetes de pescada ao forno"]
[/caption](Aínda que non o parece, hai un filete de pescada debaixo, jeje...).
A pescada, evidentemente, mercámola fresca, do "pincho", e pedimos á pescadeira que lle quitara a espiña. Pódese conxelar, pero se a facedes no momento, estará máis suave e saborosa.
Ingredientes (para 5 persoas):
- 1 pescada fresca
- 2 cebolas grandes
- 3 cenorias grandes
- Sal
- Aceite de oliva
Elaboración:
1.- Limpamos ben os lomos de pescada de espiñas e peles negras. Cortamos en filetes individuais, botámoslle sal e reservamos.
[caption id="attachment_538" align="alignleft" width="300" caption="Limpamos os lomos de pescada..."]
[/caption][caption id="attachment_539" align="alignright" width="300" caption="... e dividímola en filetes"]
[/caption]2.- Picamos as cebolas en xuliana, finiña, e a cenoria (lavada e sen tona) raiámola tamén moi fina. Que haxa máis ou menos a mesma cantidade de cada unha.
[caption id="attachment_540" align="alignleft" width="300" caption="Cortamos a cebola..."]
[/caption][caption id="attachment_541" align="alignright" width="300" caption="... e raiamos a cenoria"]
[/caption]3.- Prendemos o forno a uns 180º. Nunha tixola, botamos un pouco de aceite e refogamos xuntas a cebola e a cenoria, ata que collan cor (uns vinte minutos), a lume non moi forte.
[caption id="attachment_542" align="aligncenter" width="300" caption="Refogamos a cebola coa cenoria"]
[/caption]Cando estea, botámoslle sal.
(Este paso podémolo ter feito con antelación, e así só nos quedaría o seguinte, polo que en media hora teriamos o xantar).
4.- Nunha fonte para o forno, pincelamos o fondo con aceite e dispoñemos sobre el os filetes de pescada coa pel cara abaixo.
[caption id="attachment_544" align="aligncenter" width="300" caption="Dispoñemos os filetes na fonte"]
[/caption]5.- Cubríndoos ben, botámoslle a mestura de cebola e cenoria.
[caption id="attachment_545" align="aligncenter" width="300" caption="Listo para ir ao forno"]
[/caption]6.- Metemos no forno de 20 a 25 minutos.
[caption id="attachment_546" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]
[/caption][caption id="attachment_536" align="aligncenter" width="150" caption="Filetes de pescada ao forno"]
[/caption]








































