7 de fevereiro de 2011

Peitugas con xamón e queixo

Esta receita dérama xa hai uns anos unha amiga, Patricia, pois era algo relativamente fácil e cómodo para unha comida de moita xente.




[caption id="attachment_856" align="aligncenter" width="500" caption="Peitugas recheas de xamón e queixo"] Peitugas recheas de xamón e queixo[/caption]

Teño que preguntarlle de onde sacara ela a receita, pois buscando na rede non atopei ningunha semellante (a maioría rebozan as peitugas e frítenas).


Ingredientes (para 4 persoas)

  • 4 peitugas de polo abertas

  • 4 lonchas de queixo de barra

  • 4 lonchas de xamón serrano

  • 200 gr. de cebola

  • 250 gr. de champiñóns

  • 2 dentes de allo

  • 150 ml. de viño branco

  • 200 ml. de nata líquida

  • Pementa negra

  • Sal e aceite de oliva




Elaboración

1.- Pedimos que nos abran as peitugas coma un libro;

[caption id="attachment_857" align="aligncenter" width="150" caption="Peitugas abertas"]Peitugas abertas[/caption]

salpimentamos a parte interior, onde logo lle metemos unha loncha de xamón e outra de queixo a cada unha (eu metinlle tamén un pouco de queixo de Arzúa)

[caption id="attachment_858" align="alignleft" width="150" caption="Salpimentamos, xamón..."]Salpimentamos, xamón...[/caption]

[caption id="attachment_859" align="alignright" width="150" caption="... e queixo"]... e queixo[/caption]


pechámolas con axuda dun ou dous palillos.

[caption id="attachment_860" align="aligncenter" width="500" caption="Pechámolas cuns palillos"]Pechámolas cuns palillos[/caption]

2.- Nunha pota grande, botamos un chisco de aceite e sofritimos a cebola e mailo allo cortados en xuliana.

[caption id="attachment_863" align="aligncenter" width="150" caption="Pasamos cebola e allo"]Pasamos cebola e allo[/caption]

3.- Cando estea dourado, poñemos as peitugas e engadimos os champiñóns fileteados (desta volta boteille unha variedade chamada Portobello -Agaricus brunnescens-).

[caption id="attachment_864" align="alignleft" width="150" caption="Champiñóns Portobello (Agaricus brunnescens) "]Champiñóns Portobello (Agaricus brunnescens) [/caption]

[caption id="attachment_865" align="alignright" width="150" caption="Engádense os champiñóns"]Engádense os champiñóns[/caption]


Dámoslle unhas voltas e botamos o viño.

[caption id="attachment_866" align="aligncenter" width="500" caption="Que ferva un chisco"]Que ferva un chisco[/caption]

4.- Logo de que ferva o viño uns minutos, engadimos a nata e deixamos cocer unha media hora.

[caption id="attachment_867" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos coa nata"]Fervemos coa nata[/caption]

5.- A media cocción, botámoslle pementa negra e sal.

[caption id="attachment_870" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

[caption id="attachment_871" align="aligncenter" width="500" caption="Listo para comer!"]Listo para comer![/caption]

2 de fevereiro de 2011

Peixe ao forno

Outra receita máis do repertorio materno, que acostuma facer con xurelo grande, coruxo ou rodaballo, pero que hoxe tocou de sargo, que estaban moi fresquiños e a bo prezo.



[caption id="attachment_800" align="aligncenter" width="500" caption="Peixe ao forno"] Peixe ao forno[/caption]

As patacas, así feitas, son unha esquisitez!


Ingredientes (para 4 persoas)

  • 3 peixes azuis enteiros grandes (xurelo, xarda, sargo, ollomol...)

  • 1 pemento vermello

  • 2 ou 3 tomates maduros (ou tomate triturado)

  • 1 sobre de colorante

  • Patacas

  • Viño branco

  • Limón

  • Sal e aceite de oliva




Elaboración

1.- Antes de nada, lavamos o peixe, escorrémolo e salgámolo.

[caption id="attachment_801" align="aligncenter" width="500" caption="Sargos"]Sargos[/caption]

2.- Preparamos unha tixola con abundante aceite. Parte das patacas cortámolas en rodaxas gordas, botámoslle un pouco de sal e ímolas fritindo e dispoñendo de base nunha fonte para o forno.

[caption id="attachment_802" align="alignleft" width="150" caption="Patacas para a base"]Patacas para a base[/caption]

[caption id="attachment_804" align="alignright" width="150" caption="Fritimos as patacas"]Fritimos as patacas[/caption]

[caption id="attachment_803" align="aligncenter" width="150" caption="Dispoñemos as patacas fritidas na fonte"]Dispoñemos as patacas fritidas na fonte[/caption]


Sobre elas colocamos o sargo, ao que lle introducimos unha roda de limón na "barriga" (debemos evitar facerlle cortes ao peixe para introducir o limón no lombo, pois así resecaríase).

[caption id="attachment_809" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos o sargo sobre as patacas"]Poñemos o sargo sobre as patacas[/caption]

3.- O resto das patacas cortámolas coma para fritir, pero ben gordas. Engadímoslles tiras anchas de pemento e un pouco de sal e tamén as pasamos pola tixola, e as imos colocando ao redor do peixe.

[caption id="attachment_812" align="alignleft" width="150" caption="Patacas e pemento"]Patacas e pemento[/caption]

[caption id="attachment_814" align="alignright" width="500" caption="... e botámolos ao redor do peixe"]... e botámolas ao redor do peixe[/caption]

[caption id="attachment_813" align="aligncenter" width="150" caption="Fritímolos..."]Fritímolos...[/caption]

4.- Prequentamos o forno a 175º. Nun cazo botamos o tomate picadiño (mellor sen a tona), o colorante, un chorro de aceite de oliva, sal e cubrimos ben co viño branco.

[caption id="attachment_817" align="alignleft" width="150" caption="Facemos a mestura..."]Facemos a mestura...[/caption]

[caption id="attachment_825" align="alignright" width="150" caption="... e poñémola a quentar"]... e poñémola a quentar[/caption]

Dámoslle un fervor para adiantar o proceso, e rociamos con esta mestura todo o da fonte.

[caption id="attachment_818" align="aligncenter" width="500" caption="Rociamos coa mestura"]Rociamos coa mestura[/caption]

5.- Facémolo no forno aproximadamente uns 45 minutos.

[caption id="attachment_819" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

28 de janeiro de 2011

Bacalhau à Gomes de Sá

Esta receita foi sacada hai tempo dunha páxina web portuguesa (http://www.gastronomias.com/receitas/rec0091.htm), e xa a fixen en máis dunha ocasión.



[caption id="attachment_777" align="aligncenter" width="500" caption="Bacalhau à Gomes de Sá "] Bacalhau à Gomes de Sá [/caption]

Gústame moito o bacallau, sobre todo comelo de diferentes formas en Portugal, grandes expertos/as na súa elaboración. Alí imos mercalo de cando en vez, desalgámolo e conxelámolo en racións para ir utilizando.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 500 gr. de bacallau

  • 500 gr. de patacas

  • 1 cazo de leite

  • 2 cebolas

  • 1 dente de allo

  • Unhas follas de loureiro

  • 2 ovos

  • 1,5 dl. de aceite de oliva

  • Olivas negras

  • Sal, pirixel e pementa


Elaboración

1.- Unha vez desalgado o bacallau (45 h. cambiando a auga a mediodía e á noite), escáldase nunha pota con auga fervendo.

[caption id="attachment_778" align="aligncenter" width="500" caption="Bacallau desalgado"]Bacallau desalgado[/caption]

Tápase o recipiente e déixase así durante 20 minutos.

[caption id="attachment_779" align="aligncenter" width="500" caption="Escaldámolo e reservamos"]Escaldámolo e reservamos[/caption]

2.- Escórrese o bacallau, retíranselle as peles e as espiñas e desfaise en lascas.

[caption id="attachment_780" align="aligncenter" width="500" caption="Desfacemos en lascas..."]Desfacemos en lascas...[/caption]

Póñense nun recipiente fondo, cúbrense con leite ben quente e déixanse ficar entre 1½ e 3 horas.

[caption id="attachment_781" align="aligncenter" width="500" caption="... e engadímoslle o leite"]... e engadímoslle o leite[/caption]

3.- Cócense os ovos e as patacas (coa pel) co loureiro, e despois pélanse e córtanse en rodas.

[caption id="attachment_782" align="aligncenter" width="500" caption="Cocemos patacas e ovos"]Cocemos patacas e ovos[/caption]

4.- Entretanto, córtanse as cebolas e o allo en xuliana e sofrítense lixeiramente cun pouco de aceite. Préndese o forno a 200º.

[caption id="attachment_783" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola e o allo"]Pasamos a cebola e o allo[/caption]

5.- Sen apagar o lume, xúntanselle as patacas e o bacallau escorrido. Mestúrase todo un pouco, e bótaselle sal e pementa.

[caption id="attachment_784" align="aligncenter" width="500" caption="Engadimos a pataca e o bacallau"]Engadimos a pataca e o bacallau[/caption]

6. Ponse inmediatamente nunha cazola de barro e métese no forno durante 10 minutos.

7.- Sírvese con pirixel picado, o ovo cocido e olivas.

[caption id="attachment_785" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

26 de janeiro de 2011

Calabacín recheo de verduras

Non sei de onde sacara esta receita, a verdade.



[caption id="attachment_750" align="aligncenter" width="500" caption="Calabacín recheo de verduras"] Calabacín recheo de verduras[/caption]

Acostumo facela cando me sobra un pouco de arroz con carne doutra comida, e sei que busquei por libros de receitas e na internet, e supoño que fixen unha mestura adaptada ao meu gusto. A ver se vos agrada!


Ingredientes     (para 2 persoas)

  • 2 calabacíns

  • 1 cebola

  • 3 tomates maduros

  • 1 cunquiña de arroz

  • 1 dente de allo

  • 100 gr. de carne picada

  • Verduras ao gusto: cogumelos, pencas de acelgas, pemento, espinacas, berenxena,...


[caption id="attachment_751" align="aligncenter" width="150" caption="Verduras ao gusto"]Verduras ao gusto[/caption]

  • Queixo para gratinar ou de barra

  • Sal e aceite de oliva


Elaboración

1.- Metemos (para abrandar) o calabacín enteiro ao forno co lume alto (200º) nun recipiente con auga pola metade, unha media hora, dándolle a volta unha vez; ou ben, cocémolo 15 minutos (a pota debe ser grande para que o cubra ben a auga).

[caption id="attachment_743" align="aligncenter" width="500" caption="Abrandamos os calabacíns"]Abrandamos os calabacíns[/caption]

2.- Cando estean algo fríos, abrímolos á metade ao longo;

[caption id="attachment_745" align="aligncenter" width="500" caption="Partimos á metade os calabacíns"]Partimos á metade os calabacíns[/caption]

tirámoslle a semente e cunha culler retirámoslle a carne, que reservamos picada.

[caption id="attachment_744" align="aligncenter" width="500" caption="Baleirámolos"]Baleirámolos[/caption]

3.- Se temos restos de arroz (paella, con carne,...) mellor; senón, cocémolo agora.

[caption id="attachment_746" align="aligncenter" width="500" caption="Sobras de arroz"]Sobras de arroz[/caption]

Logo, se hai cogumelos, facémolo á parte cun chisco de cebola e allo.

[caption id="attachment_747" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos un pouco os cogumelos"]Facemos un pouco os cogumelos[/caption]

A ese refrito funlle aumentando as outras verduras que decidín engadir (berenxena, pemento,...).

[caption id="attachment_764" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos as verduras"]Pasamos as verduras[/caption]

4.- Sofritimos a cebola, e cando estea botamos dous dos tomates, picados e sen sementes nin tona (eu xa tiña salsa de tomate embotada).

[caption id="attachment_752" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa de tomate"]Salsa de tomate[/caption]

Cocémolo moito, unha media hora, e logo co calabacín picado outra. Salgámolo.

5.- Noutro chisco de aceite, pasamos un pouco a carne picada con allo e sal. Como o arroz que empreguei era de sobras e xa tiña carne, o único que fixen foi separala e picala máis, e engadirlle un pouco de xamón da casa (que sofretín coas verduras).

[caption id="attachment_753" align="aligncenter" width="500" caption="Engadinlle un pouco de xamón caseiro"]Engadinlle un pouco de xamón caseiro[/caption]

6.- Prequentamos o forno a 200º. Mesturámolo todo.

[caption id="attachment_756" align="aligncenter" width="500" caption="Recheo finalizado"]Recheo finalizado[/caption]

Metemos a mestura en cada metade do calabacín. Ímolos colocando nunha fonte para o forno untada de aceite.

[caption id="attachment_757" align="aligncenter" width="500" caption="Imos enchendo os calabacíns"]Imos enchendo os calabacíns[/caption]

Tapámolos co queixo e logo co tomate que faltaba cortado en rodas.

[caption id="attachment_758" align="aligncenter" width="500" caption="Rematamos co tomate"]Rematamos co tomate[/caption]

Espolvoreámoslle sal e metemos no forno uns 20 minutos.

[caption id="attachment_759" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

23 de janeiro de 2011

"La biblia de la pasta", de Jeny Wright

[caption id="attachment_725" align="aligncenter" width="360" caption="La Biblia de la pasta, de Jeny Wright"]La Biblia de la pasta, de Jeny Wright[/caption]

Xa me gustaba moito cociñar pasta italiana cando me regalaron este libro, "La biblia de la pasta", de Jeny Wright, fai xa uns anos. Recordo que no comezo non lle fixen moito caso, e só cando realmente me interesei en facer novas receitas, comecei a usalo. O contido do libro abarca moitos aspectos da cociña con pasta,  polo que investigar as súas técnicas e receitas debe plantexarse como unha actividade a moi longo prazo, quizais para boa parte da vida. Pero o certo é que algunhas das receitas que aprendín a facer son moi ricas e teñen moito éxito entre a xente que convido a comer. E vouno estudando aos poucos, porque os pratos son tan ricos que podes cociñalos unha e outra vez, e pasa moito tempo ata que nos aburrimos de comer sempre o mesmo e xurde a necesidade de probar algo novo.

Na primeira parte do libro se describen con detalle moitas técnicas básicas, ingredentes de todo tipo, especias, materiais e ferramentas, etc. e na segunda parte hai 150 receitas de pasta moi variadas: sopas, carnes, peixes, lasañas, ensaladas ... As fotografías son excelentes e moi suxerentes, e os textos son claros e descriptivos. Algúns ingredentes tradicionais da cociña italiana son difíciles de atopar, pero se poden atopar substitutos para que non se note moito a diferencia.

Así que, se che gusta cociñar comida italiana, recoméndoche que merques un exemplar e o consultes de cando en vez. Podedes obter mais información sobre este título na Libreria Cervantes ou en Casa del Libro.

Receitas deste libro que versioneamos neste blogue:

20 de janeiro de 2011

Pescada á cazola

Esta receita foi o xantar da Primeira Comunión de "Pataca Brava". Fora, daquela, unha señora a cociñarlles na casa, servindo as racións individuais en cazolas pequenas.



[caption id="attachment_704" align="aligncenter" width="500" caption="Pescada á cazola"] Pescada á cazola[/caption]

Se temos unha salsa de tomate caseira feita previamente, esta receita pode considerarse case "comida rápida". A pescada fresca queda así estupenda, moi saborosa, e é moi sinxela de facer.

Ingredientes (para 4 persoas)

  • 8 toros de pescada fresca do pincho

  • 800 gr. de salsa de tomate caseiro

  • 2 latiñas de chícharos

  • 1 lata de espárragos

  • Aceite de oliva

  • Fariña

  • Sal


Elaboración

1.- Lavada e partida a pescada en toros xeitosos, botámoslle sal e reservamos.

[caption id="attachment_705" align="aligncenter" width="500" caption="Botámoslle sal aos toros de pescada"]Botámoslle sal aos toros de pescada[/caption]

2.- Pasamos os toros por fariña.

[caption id="attachment_708" align="aligncenter" width="500" caption="Pasámola por fariña"]Pasámola por fariña[/caption]

Fritímolos un chisco polos dous lados en abundante aceite.

[caption id="attachment_709" align="aligncenter" width="500" caption="Fritimos a pescada"]Fritimos a pescada[/caption]

3.- Imos quentando a salsa de tomate caseiro (eu xa a tiña feita), engadíndolle os chícharos.

[caption id="attachment_710" align="aligncenter" width="500" caption="Quentamos a salsa cos chícharos"]Quentamos a salsa cos chícharos[/caption]

4.- Prequentamos o forno a 200º. Collemos unha fonte para o forno e imos poñendo os toros fritidos. Se queremos, fritimos unhas patacas cortadas en cadrados e engadímosllas tamén.

[caption id="attachment_711" align="aligncenter" width="300" caption="Imos poñendo o peixe na fonte"]Imos poñendo o peixe na fonte[/caption]

5.- Botámoslle ao peixe por enriba a salsa, dámoslle uns meneos para que se mesture e adornamos cuns espárragos.

[caption id="attachment_714" align="aligncenter" width="500" caption="Listo para ir ao forno"]Listo para ir ao forno[/caption]

6.- Metemos no forno unha media hora.

[caption id="attachment_715" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]