3 de outubro de 2010

Paspallás en escabeche

Outra versión para os paspallás, máis arriscada, pois os/as comensais acostuman sorprenderse co sabor. Tamén é unha receita que fai a miña nai en días de festa, sacada dun libro de cociña clásico, El mundo de la cocina, pero coas súas propias achegas, claro (ademais de que no libro preparan perdices).



[caption id="attachment_422" align="aligncenter" width="300" caption="Paspallás en escabeche"]
Paspallás en escabeche[/caption]



Pódense tomar quentes ou en frío, e comezaremos a preparala como a outra receita de paspallás deste blogue.

Ingredientes (para 6 persoas):

  • 12 paspallás

  • 10 dentes de allo

  • 1 cebola

  • 1 vaso de auga

  • Viño branco

  • 1 vaso de vinagre

  • 3 cenorias

  • 3 cravos

  • Loureiro, pirixel

  • 10 grans de pementa negra

  • Aceite de oliva

  • Sal



Elaboración:

1.- Poñemos os paspallás en adobo o día anterior. Para iso, limpámolos ben de plumas e lavámolos. Nunha pota, botámolos xunto co allo picado (4 ou 5 dentes), pirixel, loureiro e abundante viño branco. Como este non mollará todo o contido, procuraremos remexelos de cando en vez.


[caption id="attachment_164" align="aligncenter" width="300" caption="Paspallás en adobo"]Paspallás en adobo[/caption]


2.- Nunha tixola con abundante aceite, douramos os paspallás polos dous lados e reservamos.

[caption id="attachment_165" align="aligncenter" width="300" caption="Dourámolos en abundante aceite"]Dourámolos en abundante aceite[/caption]

3.- Nunha pota grande, imos pochando con aceite de dourar as aves a cebola non moi pequena, os allos enteiros (uns 5) e a cenoria en rodaxas. Botamos un vaso de viño branco e outro de auga, os paspallás e os demais ingredientes. Facemos todo moi ben, remexendo para que non se pegue, ata que as aves estean tenras. Engadimos o sal.

[caption id="attachment_421" align="aligncenter" width="300" caption="Fervemos todos os ingredientes"]Fervemos todos os ingredientes[/caption]

Nota: Podémolo facer dun día para outro, servíndoos fríos, ou conservalos máis tempo nun recipente no que o líquido cubra ben os paspallás e botándolle aceite sobre a superficie.

[caption id="attachment_424" align="aligncenter" width="300" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Nenhum comentário:

Postar um comentário